Galicia e os galegos na poesía castelá. LXII. Un fabulista: Samaniego

jardinRomán Arén. Poucos serán os que non oíron falar das Fábulas en verso castellano (1781 e 1784) de Félix María Samaniego Zabala (1745-1801), en realidade adaptacións libres de Fedro e Esopo. É, co de iriarte, un dos poucos libros populares do Neoclasicismo español, e a fonte do auxe da fábula na poesía castelá do século XIX, na que destacaron Campoamor, Cristóbal Beña, Hartzenbusch, Felipe Jacinto Sala, Campos Carreras e algúns galegos como o Barón de Andilla e Concepción Arenal. Na literatura galega tivemos un fabulista notable, Amador Montenegro, e o xénero está presente entre nós dende 1864.

Samaniego, que tamén asinou “Cosme Damián” foi tamén famoso como poeta erótico polo “Jardín de Venus”, que polo seu contido non se editou ata 1899. Tratou unha vez da gaita galega en resposta a Iriarte, nas “Coplas para tocarse al violín a guisa de tonadilla”:

Cantar la Música Iriarte/se propuso en un poema;/y en lugar de sinfonía,/tocó la gaita gallega;/<Las maravillas de aquél canto…>/¡Dios guarde, oh muiñeira, tu/gracia, tu encanto!

O poema de Iriarte aludido é La Música (1779), que conta cunha reedición recente. Non está ausente de todo da nosa lingua Samaniego, pois Francisco Uñás, versionou unha das súas fábulas no Compendio da gramática gallego-castellana, publicado en Santiago no abrente do Rexurdimento, en 1864.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *