Francisco Ant. Vidal Blanco. Contra-riamente ó que nos contan, os romanos aceptaban moi facilmente a importación de deuses foráneos, o que non admitían era a imposición. Tiveron problemas para aceptar nun primeiro momento a introdución da Isis exipcia que acabou sendo unha das maiores deidades do imperio, e declaráronlle a guerra á rama cristiá dos xudeus porque entraban como energúmenos nos templos rachando coas imaxes dos ídolos de toda a vida. E a cousa iría de mal en peor se homes como Martín de Tours non recomendasen a cristianización dos ritos e lugares de culto máis antigos con métodos de concordia, así temos agora capelas e santuarios ó carón de mámoas e castros, lavámonos coas herbas solsticiais das que xa falaba Plinio e onde antes se admitía un só e único Deus agora hai miles de santos que interveñen nas cousas da vida como interviñan Ceres, Ares ou Venus, porque ningunha relixión é eterna e todas evolucionan e se adaptan ás necesidades de cada lugar.
Rituais
Só é cuestión de ver a eficacia das novas divindades, tantas veces amparadas por lendas mellor elaboradas, como ocorreu durante a peste do século XIV, cando san Sebastián, o avogoso de toda a vida, foi relegado en favor de san Roque, un santo máis moderno e supostamente máis eficaz contra aquel andazo que acabou con un terzo da poboación europea. Coma sempre, cando se descoñece a cura apélase ó milagre, pero este non só se busca dentro da relixiosidade oficial, senón tamén en fórmulas para as que o doente, necesitado ou penitente non vai mirar os sinais de identidade nin a credibilidade empírica. Ante a necesidade só se busca que, sexa por Deus ou polo demo, o seu mal teña cura.
Agora veño de saber que nesta era da tecnoloxía, cando a análise dos feitos debería poñerlle freo á superstición e limitar o timo ós incautos, cada pouco aparecen os restos de rituais foráneos que seguramente acabarán sumando adeptos, crentes e clientes, só é necesario que a casualidade asociada amose un suposto logro. Aí andan, segundo lemos na prensa, galiñas evisceradas, cigarros a medio fumar e botellas de licor repartidas con certo xeito para atraer o favor dalgunha deidade que aínda non ten santuario na nosa terra, á espera de que se publicite algún portento para que empecen a converterse en lugar de culto as pedras do monte, e onde antes se gastaba cera e se consagraba o viño agora descabecen galiñas e se fumen puros. Rituais nos que se mestura a fe coa necesidade de ter algo a que agarrarse cando a desventura nos oprime.
Hai uns días aparecían os restos dun deses rituais de importación no cume da Curota, do que se dixo que fora feito para recuperar o corpo dunha rapaza desaparecida, pero o máis curioso é que uns restos semellantes apareceron en Lugo e alí aseguran que eran para atraer o amor dun home rico. Á fin, se non na forma si na intención, nada diferente deses nosos tradicionais bautizos prenatais para que se logre o neno e naza con ben, de mexar nunha carrasca para curar a ictericia ou de liberar a endemoñados facéndolle vomitar pelos fronte á imaxe de santa Eufemia ou san Campio; remedios que cando non dan o resultado esperado é porque o penitente non cumpriu debidamente co ritual, nunca por culpa do santo.
Hola, querido vecino Francisco:
Por la mañana al levantarme, lo primero que hago es encender el ordenador, y en mis momentitos de asueto os leo a todos en general, porque de vosotros aprendo muchas cosas. Pongo por ejemplo,lo que cuentas referente sobre los romanos y la rama cristiana de los judíos y la recomendación de Martín de Tours. Interesante.
Referente a que ninguna religión es eterna, de momento la mía, ya alcanzó el siglo XXI. Otras torres más altas e imperios han caído.
Ya que nombras a san Roque, este santo antes de ser canonizado ya lo había hecho santo el pueblo, y en sus gentes hay mucha sabiduría para reconocer a un santo varón.
Las supersticiones… Eso ya es harina de otro costal. A veces ( la mayoría ) se cometen por ignorancia, otras, ( como tú bien dices ) por la necesidad imperiosa de agarrarse a un clavo ardiente. La de las gallinas no me gusta nada, a los animales hay que dejarlos en paz. La mayoría de nuestras tradiciones entran también en la superchería y también nos aferramos a ellas.
En fin, querido Francisco, que el de Asís, el de Sales, Francisco Javier, inclusive el papa tan majo que tenemos que también lleva tu apelativo, nos bendigan, a ti, para que sigas escribiendo así de bien, y a mi, para poder seguir leyéndote.
Un biquiño desde a nosa terra.