Os mapas perdidos da Arieira

rianxo1Oliveira Casal. Pertence á estirpe de Juan Benet, de Salvador Pániker, de Musil: a dos enxeñeiros metidos a demiurgos literarios. Empezo dándolle a importancia que el se resta a gadoupadas de ironía marxista (a dos irmáns). O único que me pediu cando lle dixen que ía escribir sobre a súa novelística foi «inclemencia». Así que, recomezo: se nun descoido abandonase por un intre o descremento máis virulento e inmisericorde, gustaría Enrique Villanueva López de pasar o tedioso periodo vacacional da eternidade no mesmo paraíso no que habitase o talento prematuramente infartado de Boris Vian. Ambos comparten o punto de fuga que sostén unha mesma perspectiva do mundo e da creación.

Enrique veu vivir a Rianxo hai oito anos, pouco despois de trocar a tecnoloxía empresarial pola docencia. Desde a mesa na que escribe nun piso de Rinlo con vistas á ría, participa das postas de sol trala serra do Barbanza que describía Don Rafael en Historias e invenciones de Félix Muriel. Non é a única feliz coincidencia. Nada é azaroso, o asentamento espacial dun escritor incontrovertible non o é en absoluto. Escolleu Rianxo entre todos os lugares posibles, e aquí redactou dúas das súas tres primeiras novelas: Ao outro lado do horizonteOs mapas perdidos de Arieira e Mentira prima. Á volta do outono conta «ter definitivamente inacabada» a cuarta.

Un comentario en “Os mapas perdidos da Arieira

  1. A pesar de que no te guste que la filosofía esté tirada por los mercadillos te diré que a mí me encanta ir a ellos con la intención de comprar libros. De otra manera no podría acceder a ellos.
    Me ha encantado eso de “o tedioso periodo vacacional da eternidade”.
    Saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *