Do alborexar atemporal

pico1Xosé Manuel Lobato. 6 horas 22 minutos 37 segundos… Superado o solsticio de verán e a acostumada preguiza, como cada amencer do 24 de xuño, seguindo a tradición dos meus antepasados procuro ansioso o cumio do Pico Sacro. Máxima excitación agardando ese intre, breve máis intenso, único sen par, só para soñar e gozar do solnolento bailar.

Acadado o cumio non deixo de ollar o nacente, ar xélido no asubiar, océano de néboas tentando abesullar a contorna, desesperación no meu inquedo e desacougado ser, pois con este mar de brétemas o relucente bailar posiblemente teña que imaxinalo mergullado.

Illamento temporal, máis nun intre efémero o encantamento máxico do Pico foi quen de lograr visualizar o vaivén solar unha vez máis.

Bailar dunha danza inmemorial, inmorredoira, de deuses e raíñas, semideuses e soñadores que no aclarear do día máis grande acoden extasiados para contemplar o bailar solar neste paradoxal cumial.

20 horas 12 minutos 42 segundos… 7 días despois e 2.017 estrelas contempladas, regreso novamente ao cumio encantado, avanzo entre cadros do pretérito, son as cores sobre óleo de Gregorio Ferro.

Tamén a descrición minuciosa de Antonio López Ferreiro ou a bucólica sonoridade de Marcial Valladares.

Acadamos axiña a rúa da inmortal raíña Lupa, portelo que fere e fende este Pico dende o nacente a poñente. Ferida suturada polas voces de Xabier Ron e Irene Tomé.

            … Sacrilexio no altar

                        Os corpos son só o recordo

                                   Amado pola area do tempo

 

A chuva agita o monte com tal ardor

Que a seca língua de terra é já um río caudal

arrastra dores e longe no pouso esvaece o mal

no anhelo de ser túa e saciar a sabor…

 

pico2Son os anteriores, versos do poema, As fendas do Pico Sacro, declamado polos seus autores na rúa da raíña Lupa o pasado primeiro de xullo, data na que foi presentada a obra, Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda,  no mesmo cumio do mítico monte.

Aquel foi un atardecer dourado, os presentes neste fusco lusco acadaron un estadio de  abdución dende o grande setestrelo, ollaron dende este místico cumio o brillante reverberar do océano Atlántico e o avermellar da Moa no Pindo.

Saúdos ilicinios a todos aqueles que recoñecen soños e saben que sen eles non existe realidade nin ficción… 22 horas 02 minutos 59 segundos.

2 comentarios en “Do alborexar atemporal

  1. Buenos días, José Manuel:
    No podía ser de otra manera. Cum laude. Y ahora incluso puedo ponerle voz a la narración. Una agradable y bonita voz.
    Cuando leo algo interesante sobre algún lugar, si puedo, voy a visitarlo. Al Pico Sacro, iré tan pronto como me sea posible.
    Recojo los saludos que mandas a todos los hijos de Evaki ( la reina de los sueños ) sin ellos, la realidad sería muy monótona y aburrida.
    Son las 10 horas, 07 minutos, 17 segundos.
    Biquiños palmeiráns.

Deixa una resposta a x ricardo losada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *