O sentido da vida

sentido vidaX. Ricardo Losada. Leo un artigo de Steven Rose, catedrático de Bioloxía, no que intenta responder a pregunta Cal é o sentido da vida? Comeza repasando as respostas máis importantes que se deron ao longo da historia. Ao principio, relixiosas (prepararse para o outro mundo), despois filosóficas (realizar a especificidade humana) e, a partir do século XIX, científicas: é unha pregunta absurda. Máis que polo sentido da vida os científicos prefiren preguntar por unha cuestión máis sinxela, pero de gran dificultade conceptual: que é a vida. Steven Rose, porén, atrévese a dar unha resposta, aínda que unha resposta que desborda os límites da ciencia. O sentido da vida humana é construír o seu propio futuro en circunstancias que non escollemos.

Como me sucede sempre que leo este tipo de artigos, acabo coa marabillosa sensación de que me aclararon algunhas cousas, pero non me resolveron nada. Terei que resolvelo eu. E, ao mesmo tempo, coa non menos marabillosa convicción de que a esencia do que di este físico do século XX xa o dixera antes un filósofo grego. Distintos colares, os mesmos cans. Pero que importantes son os colares! Hai un momento, por exemplo, no que Steven Rose di algo fascinante: “O sentido da vida radica tanto no ser como no devir; vivimos nun estado de transformación constante. Un acabado de nacer mama, pero en cuestión de meses saíronlle os dentes e mastiga. Mastigar non é simplemente o que segue a mamar. Utiliza outros músculos e outros procesos neuronais. Así que o bebé é a un tempo un mamador competente e devén un mastigador competente”. Calquera alumno de bacharelato sabe que iso mesmo xa o dixo Heráclito no s. V a.C.: Non hai nada permanente agás o cambio.

sentido vida2Despois de experiencias como esas o sentimento de culpa que teño desde hai moitos anos por ser profesor de filosofía desaparece. Moitas mañás, ao dirixirme ao instituto da vila na que nacín, síntome mal por vivir desa marabilla que é ensinar a Platón ou a Nietzsche. Cómo me poden pagar por ensinarlles aos alumnos o irresoluble problema do sentido da vida, penso, como se necesitase xustificarme ante a presión social (en aumento) pola suposta inutilidade do que ensino. Cando tal penso, non me dá chegado a hora de comezar a dar clase pois necesito facerlles imperiosamente unha pregunta aos alumnos. Que prefeririades, un mundo con móbiles e internet, pero sen igualdade de xénero, ou un mundo sen móbiles nin internet pero con igualdade de xénero? Todos optan pola segunda opción. E, de seguido, sóltolles, como se o vomitase, o que estaba desexando dicir: Pois… As mulleres que loitaron por conseguir a igualdade de xénero máis que preguntarse que é a vida, preguntáronse polo sentido desa vida. 

14 comentarios en “O sentido da vida

  1. Se as moas non permanecen, como é que estás a falar delas?
    Apertas

    P.D. Ao final vai ter razón Magdalena e non podo evitar ser profesor.

  2. Non me líes (¿ou dise “lis”?) con tanto cambio filosófico: as moas non permanecen.
    E máis vale que se esfumara a primeira mensaxe, pois esa si que era para esmendrellarse de risa e non tiña nada de filosófica: só trataba de relatar o resultado dos procesos operatorios.
    O meu galego non da máis de si.
    Boas noites e bo verán.

  3. É moi interesante que no contexto deste diálogo sobre o permanente e o cambiante, se esfumase o escrito sobre esas operacións. Se todo cambia permanecendo e todo permanece cambiando, nalgún sitio terá que estar, cando menos en esencia. Desexo de todo corazón que non sexa na dor e incomodidade do recordo desas operacións, e que poidas pasar un verán feliz.
    Aproveito para felicitar a toda a familia Barbantia o día de Galicia.

  4. Ya lo dijo Confucio: “Quien quiera ser constante en la felicidad debe cambiar con frecuencia”.
    Eso del nihilismo de Nietzsche lo escribí hace más de veinte años. Mi percepción de la vida ha cambiado con el tiempo. Es posible que hasta haya tenido algo que ver el propio Nietzsche en el cambio operado.
    Los maseteros… ¡Qué me vas a contar…! si acabo de llegar de retirar parte de los puntos de la cuarta operación –sufrida en menos de cuatro meses- a causa de la extracción de una muela. (Hace un rato narraba parte del proceso pero, mientras he ido a la cocina a echarle un ojo a la comida, se ha esfumado lo escrito. Eso me ocurre por escribir en el recuadro para acabar antes).
    Ahora el completo: había creído darle al mínimo y le di al máximo de calor. Si supiese incluir fotos añadiría el resultado gráfico. Tampoco puedo enviar el olor a quemado.
    En fin. Un abrazo.

  5. 1- Escribo este libro para saber se son o protagonista da miña vida. Dickens comeza así un dos seus libros. Todo aquel que impide que os demais sexan protagonistas da súa vida (xa sexa pai, profesor ou político, de dereitas ou de esquerdas) ten mentalidade totalitaria. Nada máis triste que un profesor necesitado de que os alumnos pensen coma el (máis aínda se é un profesor de filosofía), ou dun pai obsesionado con que o fillo teña as súas ideas.
    2- Nietzsche. É un dos filósofos dos que máis aprendín sobre o ser humano, a pesar de que coincido moi pouco coas súas propostas. Nihilista? Pode. Pero a min alégrame a vida, dáme ánimos. Notáselle que goza destruíndo, pero non polo pracer de destruír senón porque mentres derruba o edificio vello xa está vivindo no novo edificio que vai construír sobre esas ruínas.
    3- Xa que falamos de totalitarismos. Que frase tan terrible esa de “Eu sempre pensei o mesmo”. Non me estraña que quen a di sempre o diga petando na mesa. Nin el a cre.
    4- Alguén dixo que cando tes 50 anos as mulleres mírante pero non te ven. Os profesores, téñamos a idade que teñamos, debemos intentar que os alumnos nos miren e nos vexan. Oxalá teñades razón, e sexa o meu caso.
    5- Los músculos maseteros glotonean. Non se pode resumir mellor.
    Agradecido eu.

  6. Querida Mari Carmen: GRACIAS.
    Pido permiso al articulista para poner en su espacio, esta pequeña respuesta para mi querida prima. Tú, siempre tan amable en tus comentarios hacia mi persona. Ya me gustaría a mí, saber lo que a ti te sobra de sapiencia. Tuve que informarme por otras fuentes para conocer el significado de ” nihilista “… Con eso ya te lo digo todo, yo te cambio todos esos adjetivos tan satisfactorios que me adjudicas a cambio de tu erudición.
    Un besazo, guapa.
    P.D.
    Espero que los responsables de Barbantia no se incomoden por la usurpación del medio. Somos dos primas que aman este espacio y ya nos consideramos con derecho a arrogarnos un trocito de esta vía de comunicación.

  7. ¡No hay manera!: se me ocurre mirar si había salido mi comentario -en la creencia de que era el primero- y veo que se me ha adelantado Magdalena. ¡Esta mujer es única! Lo admirable del cuento radica en que no por ello deja de lado sus múltiples obligaciones: puede con todo. Y, para colmo, es perfeccionista.

  8. Me parece acertadísima la definición que hace Steven Rose del sentido de la vida. Y no digamos tus aportaciones: claro que, por mucho que te cuenten sobre la vida, te toca a ti solito lidiar con la tuya.

    El símil del recién nacido lo encuentro perfecto y bello: acabo de ser bisabuela de un precioso niño y sigo paso a paso su evolución. Es una delicia…Y ya que citas a Platón y a Nietzsche, te diré que estoy empezando a releer “Así habló Zaratustra”. Es un libro que tengo muy subrayado y con anotaciones de mi puño y letra y, a pesar de ello, sólo guardo una visión general: “Yo amo a aquel cuya alma se da por entero y no pretende que se lo agradezcan ni que le devuelvan nada” (Nietzsche). “¡Cuántas verdades escribe y sin embargo es una lástima que su doctrina sea tan nihilista!” (anotación mía).

    Lo único que siento es no haber dado antes con este blog: además de familiarizarme cada vez más con el Gallego actual, aprendo, recuerdo y medito cuestiones que tenía olvidadas. Y ya me gustaría a mí haber tenido un profesor como tú.

    Te deseo un magnífico verano.

  9. Querido profesor, buenos días.
    1º – Decía el científico, ” … vivimos en un estado de transformación constante ” No cabe duda de que así es; un ejemplo: la forma de apreciar las cosas. Hace años, una de mis películas favoritas fue Duelo al sol. Hace relativamente poco, volví a verla impaciente por revivirla nuevamente y… ¡ Que decepción ! ¿ Por qué, no me gustó absolutamente nada ? ¡ La película era la misma! . Steven Rose, tenía razón, la vida nos exige una transformación evolutiva. Cuando vi la película por primera vez, la mamé, no tenía dientes. Ahora, con incisivos, molares, premolares , caninos y también los cordales, ( puedo presumir que los conservo todos ) pude masticarla y el sabor fue acre. ” No hay nada permanente excepto el cambio” .

    2º-Cuando un profesor o un artesano, trabaja con placer, éstos deberían ser recompensados con un plus, porque con toda seguridad, su pedagogía es más fructífera.

    3º- Me voy pitando para la cocina, voy a adobar un poco la carne para que así, dándole un poco de cariño tenga luego la consideración de los comensales, y cuando éstos utilicen los músculos maseteros recuerden que ” el sentido de la vida ” incluye también el placer del glotoneo.
    4º- Aunque Heráclito nos dijo que no hay nada permanente y es la pura verdad, te deseo una permanencia muy dilatada para que continúes regalándonos artículos tan pedagógicos y diversos.
    Besiños palmeiráns.

    1. Querida Magdalena. Es verdad que todo cambia y nada permanece? Recuerdo un clásico que decía algo parecido a esto: es necesario que todo cambie para que todo sigua igual, que no es exactamente que lo mismo. Eres muy generosa con nosotros. Pero, creéme, necesitamos (al menos eu) saborear alguna dosis de cáscara amarga, sin ella no podemos crecer. Pero un millón de besos por tu dulzura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *