Carta a unha estrela

estrelaXosé Manuel Lobato. Nese Alén hai pentagramas que foxen das sombras? Como é que inspiran as estrelas? Permaneces tan afastada e inalcanzable que contemplarte semella unha ilusión que fere e agrada sen outra opción. Formas parte desa elegante e supoño sofisticada inmensidade astronó-mica, nese universo incontable, escasamente coñecido, mais sei que ti formas parte desa extensa nómina de lucerna anónima, permaneces afastada definitivamente, mais amas con paixón o latexo terreal. Quero dicirche que, coa caída do solpor, eu son o teu grande admirador. Mirarte dende calquera lugar é un ritual no que encetar o soñar do alborexar que me afasta da túa lene luminosidade.

Na inmensidade recibirás esta carta, unha misiva perdida na marusía das ondas de cores absorbentes na confusión e caos; azul, verde, azul-turquesa ou verde escuro… O caprichoso destino atraera luz a estas liñas dende o teu brillo de estrela fuxidía.

Como anónima estrela terreal, amas esta terra, tamén as súas mensaxes dende o terruño, ese silencio significativo de saudade que nos fusiona nun estadio de evocación na profundidade do sixilo e meditación.

A túa luz, especial para algúns, aínda que descoñecida para a maioría, está nas plantas florecidas que necesitan dos teus coidados agarimosos.

Por suposto, tamén nas árbores que na estrelecida noitebra de orballo son quen de amparar efémeras esmeraldas que se esvaecen no calor e cor das espreguizadas mañanciñas de verán.

estrela2Permaneces coa túa luz nos alados voadores, os seus rechouchíos escriben o pentagrama da vida buliciosa de extenuante esplendor. Mais son os voadores nocturnos, ao desquite das sombras, os que reflicten na súa profunda ollada os teus desvelos, aínda que unha estrela debe estar vacinada de calquera penuria.

Estou certo que con tanta inmensidade acadas e podes chegar a calquera lugar, mais nesta nosa contorna segues a brillar con doída intensidade. Coñezo esa ausencia de fronteiras para calquera estrela, os límites son cousas para os de poucas luces, por iso, aquí neste Refuxio entre o Tambre e Ulla, segues sendo a preferida. Admirada. Amada.

Só desexo que o día non te desvele e as sombras nocturnas non sexan quen de afastarnos da túa luz de anónima estrela fuxidía.

Aquí remato a miña carta, agardo que o ar lle sexa favorable. Doulle vía libre co desexo de que non sexa a derradeira, mais a miña estrela queda en min con ese espírito de feliz sorriso que permanece nas persoas que che coñecen e admiran.

Abur, a miña estrela segue aí coma sempre, e para sempre a túa luz de envolvente feitizo.

5 comentarios en “Carta a unha estrela

  1. Un pracer día a día saborear este Café virtual. Cada sorbiño trae consigo unha múltiple variedade de sensacións; arrecendo do argazo despois dun temporal, zoar do ar na centenaria carballeira, reverberar da fonteliña que emerxe espontánea,…
    Sen dúbida, un Café completo e dobre, de aroma imprescindibles neses comentarios argumentados, respectuosos, agarimosos, intelixentes,… Magdalena (habitual) Carmen, José Ricardo, Trasbach, Manuel…
    Grazas e agradecido pola parte que me corresponde, non desfalecer neste Café que consegue o “milagre” de certificar que aínda o ser humano é lector.
    Parabéns e apertas ilicinias

  2. Como en este momento no dispongo de diccionario he tenido que intuir parte de tu poética carta-homenaje a una estrella.
    Mucho se ha tenido que amar para poder escribir algo tan bello. Cada vez que mire a ese cielo negro azulado de las claras noches gallegas, trataré de encontrar esa estrella que nunca se desvanecerá porque su recuerdo permanece.
    Un cariñoso saludo.

  3. Otro abrazo para los dos. Condolencias a todos por el atentado de Barcelona.
    “El odio no se quita con el tormento, ni se expía por el martirio, ni se borra con sangre derramada”( San Isidoro)

  4. “Aluméame, aluméame, / estreliña da fortúa, / aluméame, aluméame, / mentras que
    non saia a lúa”, canta Amancio Prada e canto eu desde que lin “Carta a unha estrela”. Grazas porque había tempo que non a cantaba.
    Por certo, o comentario de Magdalena, unha marabillosa demostración de que a distinción entre Ciencias e Letras é absurda.
    Apertas para os dous

  5. Apreciado José Manuel: Yo sé muy poco de estrellas pero, estoy segura de que a la que tú diriges esa misiva, se sentirá como una Nova presentando ese brillo superior al ordinario después de leer tu carta. Y viendo, como se lo haces saber, que entre el Tambre y el Ulla sigues mirándola como tu preferida, ella, desde esa Galaxia como es la Vía Lactea, no se ocultará nunca bajo el horizonte, será para ti, una Circumpolar, aunque para otros sea apenas visible a la vista.
    Alguien, clasificó a las estrellas visibles en seis clases de luminosidad a las que llamó Magnitudes, estoy segura que esa estrella que tanto admiras y amas, debe poseer el brillo de la magnitud más elevada. Nunca será gas, ni polvo, ni siquiera hidrógeno ni helio que pueda convertirse en un agujero negro. Siempre seguirá alumbrándote como una binaria, a ti, y a los que el porvenir ponga a tu lado. Resplandecerá para todos los tuyos, con el mismo fulgor. No lo olvides.
    Un abrazo desde la tierra palmeirana.

Deixa una resposta a Carmen Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *