Enmeigada hora de medianoite

índiceGonzalo Trasbach. Enmeigada hora de medianoite. Fóra: luces, voces, berros, sonoras gargalladas. Dentro: sombras, silencio, o compasado alentar do corpo do teu amor. Po. Po namorado como cantaba o clásico. Voas alto e raso. Cruzas o ceo e o océano. Había un diminuto colibrí naquela estancia de Bos Aires. Fermoso paxaro. Nunca antes o viras en estado de liberdade. Marcelo franqueou as grandes ventás. Saíu. Perdeuse na azulada tarde bonaerense. Riquísimas fauna e flora naquel country onde fixemos noite, agora atravesando e desfilando polo teu lixeiro adormecemento.

Asomado á ampla fiestra aberta á profunda noite do verán. Apoiado no peitoril da antiga casa familiar: a túa nai descansaba, respiraba lentamente. Choraches: dúas bágoas abondaron para humedecerlle as mans resecas. Nai! Fóra: fluía clamorosa a corrente escura da noite. Alta parra e alto muro de pedra. Detrás: alto millo verde escuro alzando as súas flores cara ás estrelas, afastadas, indiferentes. Ao fondo: rumor de follas murmurando historias de amor. Aínda máis lonxe: o mar lambendo tenramente as  feridas da area da praia, á que chega arrastrándose a melodía dun regato. Amence: cabalga o soño acompañado da música do frautista nas portas da alba. Lémbraste de Syd Barret: fillo da luz e das sombras. Coma ti, que acariñas as engurras do rostro materno antes de durmires. Sususssfffigths, ssusussssu, ssffuss…

5 comentarios en “Enmeigada hora de medianoite

  1. Buenos días querido Gonzalo.
    He leído muy lentamente cada frase de tu hermoso artículo. Lo he leído, releído y rumiado para degustarlo como esos pequeños manjares que te sirven en los restaurantes con estrella Michelín, porque es un artículo de creatividad y esmero, con el punto de “cocción” justo.
    Ojalá que con esta pequeña respuesta, tan pequeña como el colibrí, sea capaz de lograr transmitirte mis felicitaciones por lo bien que escribes.
    Un beso desde Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *