Galicia e os galegos na poesía castelá LXVIII. Un parnasiano: Núñez de Arce

220px-Núñez_de_ArceRomán Arén.  Se houbo unha figura respectada na poesía española do século XIX, foi Gaspar Núñez de Arce (1834-1903), un formalista rigoroso, considerado hoxe un poeta en exceso retórico, sobre o que é escasa a bibliografía dende 1954, agás o importante artigo de Urrutia “El camino cerrado de Gaspar Núñez de Arce” (1983). Sexa como for, non se pode facer a historia da poesía castelá do século XIX sen o seu libro Gritos de combate (1875). Foi un poeta escéptico, realista e reformista, que non evita os problemas políticos e sociais e que poucas veces é lírico. Pertence, formalmente, a unha liña poética que vai de García Tassara ao Duque de Amalfi, que non rematou de adaptarse ao mundo novo, que randea entre a narración didáctica e o amor pola natureza, un híbrido de romanticismo e realismo para os seus detractores. Foi tamén dramaturgo de certo éxito, cunhas doce pezas entre as que destaca El haz de leña, autor da novela Sancho Gil (1901), político (Ministro de Ultramar en 1883) seguidor de Sagasta e membro da RAE en 1876. Ten tamén interese o seu libro Recuerdos de la guerra de África (1860), pero foron moi populares os seus poemas narrativos La visión de Fray Martín (1880), La pesca (1884), La selva oscura (1879) e La última lamentación de Lord Byron (1878), que eu lin nunha edición de 1912. Amigo da Pardo Bazán, que o definía como “melancólico” e “bilioso”, adoitaba tomar as augas en Mondariz. Filgueira Valverde estudou a súa estadía en Pontevedra. A prensa galega reproduciu varias veces o seu “Canto a Galicia”, poema optimista e lírico. Eu tómoo de <Aires d’a Miña Terra> de Bos Aires (1908):

Anchos valles de Galicia/donde el alma se dilata,/ríos de líquida plata/agitados por el mar…/¡Dejadme sentir!/¡Dejadme soñar!//Verdes cumbres por do ruedan/mil arroyos cristalinos,/coronados de altos pinos/que hasta Dios quieren llegar./¡Dejadme sentir!/Dejadme soñar!//En tus bosques, ¡oh Galicia!/renacer mi vida siento,/y no embarga el pensamiento/la implacable realidad./La ilusión sus leves alas/por la azul esfera extiende,/como el pájaro que hiende/sin temor la inmensidad./¡Bello es sentir!/¡Bello es soñar!//Los encantos de tus noches/de reposo y calma llenas,/mis recuerdos y mis penas/sin sentir borrando van…/Y despiertan en mi mente/los ensueños de otros días,/con sus santas alegrías/que ya nunca volverán./¡Bello es sentir!/ ¡Bello es soñar!//Cuando ausente de tu suelo/mire nuevos horizontes,/y otros valles y otros montes,/y otro suelo y otro mar…/Pintará mi fantasía/tus campiñas a lo lejos,/a los pálidos reflejos/de la luz crepuscular…/¡Bello es sentir!/¡Bello es soñar!

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá LXVIII. Un parnasiano: Núñez de Arce

  1. Preciosísimo poema. Y viniendo de alguien que no es gallego y siente y ve así a nuestra tierra, a uno también se le dilata el alma como en la copla.
    Un placer, Román, por encontrarse una por la mañana, con ese suculento café cargado de buena letra.
    Cariñosos saludos y… rebobino, para saborear nuevamente este café al cual nos has invitado y que nos ha dejado como obsequio Núñez de Arce.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *