Francisco Ant. Vidal Blanco. Á santidade pódese chegar por dous camiños: o da gratificación por facer algo rendible para a Igrexa (santa Ilduara construíu conventos e pariu a san Rosendo) ou por devoción popular (Xoana de Arco incluso foi queimada polos inquisidores antes de ser recoñecida santa). Hoxe traemos o exemplo de santo Ernesto (o Che), santo en Bolivia, liberador en Cuba e guerrilleiro para o mundo, a quen no lugar en que foi asasinado hai corenta anos se lle erguen altares e ata se fixo unha rota de peregrinación a onde morreu, onde os paisanos o converteron nunha «forza que protexe e prevé», a quen lle rezan cristiamente pedindo a súa intervención. E aseguran que intervén.
Cheos de fe e convencidos de que foi un mártir, e que como todos os mártires ten o beneficio da santidade, narran como a alma do Che, transformada en can, protexeu a unha veciña certa noite de medos e insomnios. Unha historia tan fantástica como a de calquera outro milagre que nos conten, por iso, anque a Igrexa non o ten no santoral, está nos altares populares. E en Bolivia esténdese a devoción e o gusto de «andar cos dous», con Xesús e co Che, entre os devotos, tanto nos camiños da fe, como no que vai de Vallegrande, onde foi exposto e soterrado o seu corpo, ata ó pobo-santuario de La Higuera, hoxe La Higuera del Che onde o mataron, seguindo unha rota marcada con estrelas vermellas; un pobo, este, de cen habitantes onde as casas se adornan con altares en que se recoñece o rostro do guerrilleiro, como se fosen os nosos petos de ánimas, con inscricións que só a fe popular pode inspirar, «a túa loita é o camiño», «ti vives por sempre», sen faltar quen asegura que rezándolle ó Che cúmprese o que se lle pide; por iso, nunha gruta presidida por unha cruz, unha imaxe do Che comparte altar coa Virxe María e unha inscrición que reza «O teu exemplo alumea un novo amencer».
Querido Francisco; como veo que el alma del Che hace portentos y libera a la gente de pesadillas, me encantaría recomendar a los vecinos de Vallegrande y otros lugares un pequeño libro que escribió la hija de Mari Carmen. Esta es la sinopsis del cuento: Tití, es un niño muy alegre que tiene muchos amigos pero a la hora de dormir se aflige porque en sus sueños siempre se le aparece un monstruo con una boca enorme “Bocón” y otro de piernas muy largas “Piernas locas”. Tití es incapaz de dormir con estos monstruos que todas las noches lo visitan y va para el colegio sin haber pegado ojo por su culpa. Los padres del niño, al conocer el motivo del insomnio de su hijo le atan un lacito rojo en la muñeca a Tití y le cuentan que con aquel lacito el niño puede convertir a los monstruos en lo que él quiera. Y así cada noche Tití a Bocón le pone una boca chiquitita y besucona y a Piernas locas lo convierte en paticorto. Y así, de esa manera el niño disfruta de sus sueños.
A la imaginación querido vecino, a veces hay que ponerle un lacito rojo, y no me cabe la menor duda de que esa “alma canina” llevaba en lugar del lazo una estrella roja en la boina.
Besiños desde nuestra tierra, querido Francisco.