Apocalipse xovialmente integrada (III)

padres-hijos-movil1Ignacio Castro Rey. Como, cando esper-tarán? Ao prezo de que traumas, cando ata fracasar está prohibido na nosa cultura do aprazamento continuo? Durante moitos días, mentres a aburrida autoridade do adul-to fala e fala, non fan ningunha pregunta. Deixan falar, pondo a súa favorita cara abstracta, punteada aquí e alá con bocexos, bromas polo baixo e olladas clandestinas ao móbil. Os nomes e teorías que escoitan esváranlles, coma un tedio alleo aos seus rápidos intereses. Despois, na véspera do exame ou da cita amorosa, estresados de pronto tras días e días de divertida comunidade dixital, fanse demasiadas preguntas, ás veces moi secundarias, mesturando o importante con o que non o é. Agás excepcións, como non levaron as ideas á experiencia, que teñen tapada por esa divertida variación que os satura, as ideas quedan á espera de ser memorizadas nunha véspera que comeza dúas horas antes da proba.

Curiosamente –bendita democracia- as mulleres, que sempre teñen sido “superiores” en certa intuición terreal, non caen menos na trampa desta escuma flotante que nos encarcera. O cal indica que a paridade, polo menos nesta anulación estética do individuo, estase cumprindo. Triunfa masivamente unha estratexia masculina –elevarse, ser unha estrela, divertirse sen parar, non tocar terra-, pero adornada con modais emocionais femininos. Toda a sociedade adora a mocidade para vampirizala, porque representa a solturaenlaignorancia que nos permite correr, sen ningún complexo de culpa?

22918914 - modern technology in home, indoorPara lograr que a vida non pese, nin estar a soas con nada, vivimos sedados por unha fervenza de novidades virais. Que indican as pantallas móbiles pegadas continuamente ás caras na rúa, na clase ou no transporte público? Polo de pronto, un secuestro xeneralizado da atención. A humanidade elixida, vocacionalmente xuvenil aínda que teña sesenta anos, non quere estar a soas con nada, con nada difícil que free a ansiada fluidez da nosa velocidade de escape. De aí esta entrega masiva a unha tecnodependencia compartida. O mozo interactivo –ás veces con corenta anos- maltratará todo o que non sexa líquido ou lixeiro, da ensinanza pública aos pais, das películas difíciles aos profesores universitarios. Todo o que sexa sólido e opaco, lento e complicado; todo o que podería facernos durar fóra da obsolescencia programada, que nos condenará mañá a ser chatarra sideral, será abandonado cun xesto de suficiencia e fastío.

Que despois ese mozo ou moza ultra –conectado á hexemonía da pantalla total sexa o máis feminista do mundo, o máis ecoloxista, só é a coartada ideolóxica para que a violencia que exerce sexa indetectable, pois coincide coa moda que se vende a eito. É posible que moitas alarmas exteriores –do terrorismo ao cambio climático, da inmigración á violencia machista- as usemos coma unha cortina de fume para agochar a catástrofe que está ocorrendo ennosotros, disfrazada nesta interactividade obrigada . É sabido que a xuventude “sempre foi así”, e que ten que ser así, pero agora preséntase aliada con senís poderes mundiais. Talvez por iso se ten convertido en modelo e pódese prolongar impunemente, moito máis aló dos 30 anos.

 

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Ignacio Castro Rey. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Apocalipse xovialmente integrada (III)

  1. Querida Magdalena, disculpa el retraso en responder. Entre que no me da más de sí la vida, y que en lo tecnológico soy muy intermitente, pues eso, que soy un “malqueda”. Moi agradecido, de veras. É un gusto que os meus escritos sirva de algo. Apertas e disculpas de novo

  2. Magdalena di:

    Acabo de leer la tercera parte de tu magnífico artículo. Muy duro, pero cierto y concreto. ¿ Quién puede decir lo contrario a alguien que lo está viviendo como el mismo educador que yo entiendo que eres ?
    Es una pena. En mi caso puedo aplicar aquél refrán que dice: “Dalle Dios pan a quen non ten dentes”. Hago uso de este dicho porque, solo he podido gozar de personas como tú desde los cinco años a los once.
    Emocionada me despido con un abrazo.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>