Actividades legais

BS23C8F2_202944Francisco Ant. Vidal Blanco. Moitos xa saben que o amigo Xulio está preparando a súa xubilación e o que máis lle doe é que tras ese día que eufemisticamente se chama pasar a mellor vida, seguramente non poida seguir coas súas colaboracións periodísticas de un folio de extensión, polo que era gratificado con menos de dez euros unha vez descontado o correspondente IRPF, un «sobre soldo» que empregaba en mercar libros de segunda man, ir ó cine-club do barrio ou asistir a un concerto de música alternativa nalgún pub da cidade vella. A partir do seu 65 aniversario daralle as costas ás aulas do instituto e deixará de contar as súas experiencias sociais e políticas na prensa local por medo a perder a pensión.

Témeo porque houbo casos recentes que asaltaron por sorpresa a varios periodistas e escritores retirados (Peridis, Caballero Bonald, Javier Reverte, Gamoneda ou Eduardo Mendoza, entre outros) a quen lle negaron o subsidio por cobrar os dereitos de autor. E aí andan agora os de Cedro e as asociacións de escritores tratando de amañar o asunto, porque iso tamén veñen sendo os rendementos dunha vida laboral, e se un potentado xubilado pode recibir os beneficios das súas inversións na bolsa (contadas en millóns de euros) sen perder a paga pola que cotizou, ¿por que non ha de poder recibilas un cabeza pensante por manifestar as súas opinións, consellos ou simple espallamento público de datos culturetas (un par de centos de euros ó ano e con sorte), se tamén cotizou pola súa pensión de xubilación durante todos os anos que a lei esixe ou aínda algún máis?

Agora, de cara a tanto tempo libre que vai ter, o home argallou que tras colgar o barrete e a pluma por imposición legal, e non por gusto como os boxeadores as luvas, dedicarase a esa leira herdada de catro cuncas, e venderá as patacas que colleite na porta da casa, a un euro o quilo, por ser patacas do país, que aquí a xente éche moi nacionalista na cuestión dos produtos propios, e basta que se lle poña o epíteto de «país» ás patacas, ás sardiñas ou ás ameixas para que se vendan nun santiamén. poeta pobreCincuenta quilos a un euro o quilo son cincuenta euros, polos que nin o ministro de facenda se vai molestar aínda que sexa diñeiro negro, e se cadra ata el pasará a mercalas, porque os produtos do país «made in Galiza» teñen moi boa prensa en Madrid. O único que molesta na capital do reino e na sede do arcebispado é que se cobre, aínda que sexa unha insignificancia, por opinar e sinalar as vergoñas de quen goberna. Xa se sabe que contra a liberdade de expresión está a lei da represión mellor ou peor camuflada.

9 comentarios en “Actividades legais

  1. Querido Francisco; esos “lazos de aprecio superiores á simple veciñanza” sabes que son recíprocos. Nuestros ancestros siempre estuvieron unidos como si de la misma familia se tratase, y sé que seguirá siendo así.
    Te aseguro que yo escribo por placer, la tele no me dice nada, me aportan más otras cosas como por ejemplo la que ahora estoy practicando y te prometo que no espero contestación. Si la hay, como antes dije “miel sobre hojuelas” repito la frase para corregir la “H” que me he comido en hojuelas, estaban tan ricas…
    Besiños desde nuestra querida Palmeira.

    1. Boas noites. Miña querida Magdalena. Como envexo a túa determinación. Eu que ando case sempre apuntalando o meu quebradizo ánimo, se decubro que cometo unha equivocación me torturo e retorzo, e ti saes con esa elegancia optimista dunha pequena errata. Formidable. Apertas.

  2. Avísame o amigo Antón de que se están facendo comentarios sobre un artigo meu que non contesto, demostrando desta maneira o maleducado que son. Síntoo moito por aqueles que se poidan sentir ofendidos, non está no meu ánimo facer tal e Magdalena, con quen teño lazos de aprecio superiores á simple veciñanza estou seguro de que o sabe. A verdade é que non acostumo a entrar neste foro coa frecuencia que debería. Pero tamén é verdade que non lle teño nada que opor ós comentarios feitos. O artigo publicado foi escrito simplemente para chamar a atención sobre un problema que poden sufrir moitos creadores en idade de xubilación ou que polas razóns que sexa están cobrando un subsidio de desemprego, e unha vez publicado deixo que outros (xa non eu) sigan opinando, debatendo e ata maldicindo. Podía falarvos do último paso polo xulgado para defender que os dereitos de autor non son un luxo nin para un parado nin para un pensionista nin para un prexubilado, pero apartando a causa persoal creo que xa está contado no artigo aquilo que me moveu, pretendendo tan só chamar a atención sobre ese ataque desapiadado contra os creadores, dos que poño uns exemplos que todos coñecemos. Do resto non teño máis que dicir.

  3. Y yo te agradezco de corazón que seas de los que contestan. De veras te lo digo, querido Gonzalo, pero te aseguro que a los que no lo hacen, no se lo tengo en cuenta para nada. Solo faltaría, qué encima de que soportáis mis innumerables comentarios, tuvierais que responderme a ellos. Repito: me encanta leer vuestras respuestas porque me dan pie a volver a escribiros, pero cada cual reparte su tiempo como puede. Yo, dispongo de más horas que los que están en activo, y como me encanta escribir, os doy la tabarra casi cada día, pero no debo esperar respuesta, si la tengo, me siento afortunada porque sé que estáis regalándome parte de vuestro preciado ocio.
    Gracias por ser tan amable conmigo siempre, Gonzalo. Un besazo.

  4. Querido Gonzalo; ayer te escribí unas líneas dándote las gracias por tus amables palabras de apoyo y para que se las transmitieras también a tu amigo. Como veo que no han entrado pues no las veo tampoco pendientes de moderación, pienso que seguramente no le habré dado a enviar. Como no me considero desagradecida, mi deber es reiterarte mi reconocimiento y deciros también que no me las merezco. Barbantia no lo es, ni nunca será aburrida. Es muy placentero leer a gente tan magnificamente preparada. Muchas veces me avergüenzo de lo que escribo y como escribo, pero sé que vuestra tolerancia es notable. Gracias a todos.
    Besiños palmeiráns, querido amigo.

    1. Boas tardes. Non te me despistes. Hai unha parte favorable e favorecedora para ti nese comentario. Pero tamén hai unha corrente subterránea dirixida cara outro lado: a pouca participación da xente. Pois agás ti e Carme, case ninguén comenta nada. Hainos mesmo que nin responden. Nesto no me sinto incluido. Bicos.

  5. Graciñas, Gonzalo , para mi es un honor leer las palabras que me dedicas siempre con tanto cariño. Dale de mi parte las gracias a tu amigo por esa consideración, aunque la verdad es que este Café, goza de una calidad inmejorable respecto a lo ameno y también por su diversidad en los temas . Barbantia ha estado mucho tiempo sin mí, por tanto con una ortografía perfecta, a la cual mi participación ha venido a deteriorarla por lo que pido disculpas. A todos aquellos que lean mis comentarios les ruego que pongan los puntos, comas y malos usos de la gramática en su lugar, pero deseo continuar disfrutando de todos vosotros, y si aporto un pellizquito de distracción pues, miel sobre ojuelas.
    Besiños, querido amigo.

  6. Querido Francisco; voy a darte otro dato vergonzoso: a mi hija ya la han llamado los de SGAE, para decirle que tiene que pagar un impuesto, por poner música en la tienda en la cual está vendiendo discos de los que se beneficia la misma Sociedad General de Autores. Encima de que les hace propaganda difundiendo su cultura, tiene que tener el local en silencio porque de lo contrario la pieza musical que se escuche en el pequeño local para armonizar el ambiente, puede salirle “desafinada”.
    En lo que dices sobre los productos del país… Depende, Francisco, depende. Recuerdo escucharle una vez a Perich que decía: “Una prueba indiscutible del pesimismo del pueblo español la constituye el jamón de menor calidad: le llamamos “del país”
    Saludos palmeiráns.

    1. Del pesimismo y también de la debilidad o fragilidad que nos caracteriza, como se ve en los convulsos días que hemos y aún vivimos. En fin, se entro neste comentario é para decirche querida Magdalena que onte (tarde noite do martes) unha persoa, ou mellor dito, un amigo díxome no CGAC que se non fose por ti este café morrería de aburrimento. Como afectado, non fun capaz de decir o contrario. No camiño de volta, pensei que talvez sexa certo. Sobre todo se temos en conta as poucas persoas que fan (facemos) comentarios. Con todo, ti segue adiante e sen preocuparte. Ánimo e apertas.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *