Cuestión de fe

vellosDomingo Regueira. -Ai meu home! Así ímosche moi mal!… Se perdes a fe en todo, non sei que vai ser de ti! Non hai quen te salve! Non fas caso do médico…, non tomas as menciñas… E andas encima da perna. Xa me dirás! Pensas que che vai pasar coa augardente? Moi ben! Pois alá ti coa túa paranoia. Non hai peor cousa que perder a confianza nos que saben. Pareces un retrasado!

-Tamén ti tiñas fe no «barbas» e, de que che valeu? Sempre falabas ben deles para que os votasen e agora, cando saes, tes que andar mirando polas esquinas.

-Non me cambies de conversación!

-O voto é secreto. E eu botei por quen me deu a gana! E ti, como non botaches, non tes dereito a falar.

-No coñecía a lei que lles prohiba falar aos que non votan. Era o que faltaba! Pero, agora que o dis, non estaría mal que aprobasen esa lei, onde computasen os votos en branco, os nulos e mais as abstencións; e cando estes superasen o 50 % dos válidos houbese que ir a unha asemblea constituínte porque, se cadra, este é o desexo dos estafados.

-Ba… bababá! Que entendes ti diso! Vas darlles clases aos profesionais…, aos que levan toda a vida na política. Eles son estudados e saben ben o que fan.

-Si…si! Xa se está vendo. Din que están creando empregos, e a caixa de pensións vai a menos. Ti segue coa túa fe, a ver a onde te leva.

-Pois ti coa túa coxeira non vas a ir moi lonxe.

-Mira! Zenón de Elea dicía que nunha carreira dando a volta á Terra, entre un coxo e Filípides, a partir da metade do camiño o coxo sempre iría diante do atleta.

-Si. Moita papilla! Xa sei por onde me vas saír coa túa retórica. «…y los españoles son mucho españoles». É o único que sabes dicir!

-Só che falta perder a fe en Deus. Ti, para que pensas que estudaron os facultativos? Para matar a xente ou qué?

-Non…, non a matan, porque se quedarían sen traballo. Igual ca os medicamentos das farmacéuticas, que non curan. Cronifican! Porque se sandasen, perderían clientes.

-De que me falas, oh…? Ti non ves que agora a xente dura máis? Cando viches ti un senador traballando ata os cen anos? De aí que aumenten a idade laboral…

-Coido que agora a xente ten o cerebro coma o disco duro de Bárcenas, e ti es unha delas. Sodes máis radicais vós cós xihadistas do ISIS.

-Ai…, iso si que non cho consinto! Xihadista seralo ti e mais o da “coleta”!

-Pois entre ti, Inda, Marhuenda e Losantos, podiades crear a confraría de don Paco, e saír con el na Semana Santa. Non quero pensar no éxito que iades ter!

Esta entrada foi publicada en Domingo Regueira, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

11 respostas a Cuestión de fe

  1. Magdalena di:

    Es mucho más difícil conseguir que un rico vaya al cielo que un pobre. Será por ello que a menudo la Iglesia ha elegido el camino más difícil.
    Un bico.

    • Mingucho di:

      Si. iso dicíao un crego dende o púlpito:

      É mais fácil que unha agulla pase polo cú dun camello, que un dos de Panamá alcance o reino do ceo.

      O revés, o revés!!!… —bramaban os fieis.

      O revés?… Bueno, pois… É mais fácil que unha agulla pase polo cu dun dos de Panamá, que un camello entre no reino dos ceos.

      Son lapsus de cregos vellos. Unha aperta Magda.

    • Mira que me estou rindo co lapsus do crego…!

  2. Magdalena querida: Acabo de leer de nuevo el cuento y a fe que es bueno. ¡Vaya inteligencia la del tal Pucheiro…! Mientras lo leía me acordaba de una amiga pudiente que decidió dejar su patrimonio a una emisora de radio, porque le prometía emplearlo en misas por su alma.
    Vistas las cosas desde esa perspectiva, me pregunto qué ocurrirá con el pobre infeliz que no tiene quien se acuerde de él…
    Y no me extiendo más, puesto que el protagonismo es de Mingucho.
    Unha aperta a todos.

  3. Al colgar mi minúsculo comentario, veo que se me han adelantado Magdalena y Gonzalo. El de Magdalena, por su extensión, más parece un artículo. Y, además, en gallego… En cuanto cene vengo a leerlos.

  4. Me encanta tu relato, Mingucho. Es un diálogo fresco, ágil y con un humor irónico que hace reflexionar. Lo bueno de la charla entre los dos amigos es que, como quién no quiera la cosa, con sus ocurrencias le van dando caña a todo el mundo. Lo de los medicamentos que “cronifican” es para “escangallarse”. Has dado en la diana

    No me queda muy clara esa ley que propones a la hora del recuento de votos. Entiendo
    el proceso, pero no a quién beneficiaría.

    Lo de Zenón de Elea tenía entendido que se trataba de una tortuga… Claro que la paradoja también es aplicable al cojo y el atleta.

    Continúa deleitándonos con tus aportaciones literarias.

    Un abrazo.

    • Mingucho di:

      Apreciada Carme:
      Como ben di Magda, sonche contos. É o único que nos permiten á soberanía nacional.
      Grazas polas teus agradables eloxios.
      Ós que non votamos, votamos en branco ou garabateamos a papeleta, é a única maneira que temos de protestar. Quer dicir que non estamos de acordo co SISTEMA onde mandan máis os CHINOS, os BANCOS a CIA, a CETA, e os MASÓNS, que a soberanía popular.
      Incluso aos NENOS, lles deron máis autoridade cos mestres e pais.
      Unha aperta fermosa veciña.

  5. gonzalo trasbach paz di:

    Buenas tardes. Non entendo moito de que carallo vai isto. Eu pensei que os nacionalistas independentistas desta bendita esquina eran marxistas leninistas e onanistas ou narcisistas (coma case todos), pero non burgueses ou pequeno burgueses (?). Coa perspectiva do anos, un recorda os numerosos cabalos nos que cabalgaban os esquerdistas desta terra, todos eran máis radicais cos os do maldito epitote “comunista”, estos eran revisionitas. Así son os nacionalistas ben asentados. Quen carallo fai agora a revolución? Os obreiros? Guerra de elites. Todos son uns chourizos. Que queren? Unha amnistia mediante unha república? Que ben lles veu aos seus opostos a cuestión, ninguén fala dos xuízos das súas fechorías. En fin, neste territorio aínda existe unha maioría de “equidistantes”, os máis despreciables para un sistema sostido na loita dos estremos. Saúde.

    • Tu visión del problema catalán (que lo es de toda España) es clara y rotunda. Te entiendo perfectamente, pero no quisiera meterme en el tema porque la política, hoy por hoy, es algo que se sale de mis alcances.
      Me agrada tu manera de coger al toro por los cuernos.
      Pido perdón a Mingucho por utilizar su espacio para responderte.
      Un abrazo.

  6. Magdalena di:

    Bien se ve que la lluvia es buena para todo; incluso para que brote nuevamente la presencia de mi querido Mingucho. Me ha gustado tu cuento, siempre me han fascinado los cuentos, y si están bien contados, mejor, aunque discrepe de su contenido el caso es que estén bien contados. Le has puesto por título,” Cuestión de fe” y como sé que tú también te recreas con ellos, te paso uno que aprendí de memoria cuando tenía 11 años y que le va muy bien a esa designación. Es así:
    - Preto da branca vila de Sada, vivía un velliño que andaba a pedir polas portas do mundo. Nomeábase o Cazolo, e tiña un fillo cativo e listo coma unha donosiña a quen lle puxeran ó alcume de Pucheiro – que ven sendo un cazolo pequeno-. O vello do noso conto caeu enfermo, e despois de recibir os Santos Sacramentos – era moi temeroso de Deus- rompeuse o fio da sua vida librándose deste xeito de pasar angurias nos bretemosos días da cruda invernía cando pelegrinaba polas portas dos caritativos corazós. O Cazolo deixara en boas moedas de prata, máis de doce mil reás, cantidade que foi medrando coma o leite no lume.
    Pasaron moitos días e o Pucheiro non se dispoñía a facer cirimonia algunha polo descanso do seu pai, e o señor cura coidando do bon réxime das almas mandou chamar ó desleigado fillo: – ” Pucheiro, chegou a meu conocemento que teu pai deixou unha boa morea de cartos. Si has de cumprir coa tua obriga de bon cristiano e bon fillo, tes que facere algo polo descanso da sua alma”.
    -Pensarei neso, señor, pensarei neso.
    - Non, Pucheiro, esas sagradas obrigaciós, non se pensan, cúmprense.
    Señor cura, como eu son home equitativo, teño que medir os pros e os contras.
    - ¡ Home equitativo! Algún boletín abafado revolveuche o miolo. Tí, a que partido pertences?
    - Eu, a Betanzos.
    -Non, quero dicir, qué política tes?
    -Política? Ningunha, eu teño dabondo con ser home equitativo.
    - Pois non se che conoce.
    - Aténdame e verá. Supoñamos que meu pai polos seus pecados está ardendo nos infernos. Pode sair daquel lugar?
    -Non Pucueiro, Deus é xusto e se ó Cazolo estivera naquel lugar de castigo, xa non tería remedio.
    -¡Moi ben! Agora supoñamos questá na gloria. Melloraría de condición porque lle fagamos honras?
    -Tampouco. Pero xa me estás amolando cas tuas preguntas dignas de mal fillo e de pior cristiano. E si teu pai está no purgatorio, que e o mais seguro?
    -Daquela, señor cura, que sáia polo seu turno, que a min non me gusta facer mala partida a ninguén, pois xa lle dixen que eu son home equitativo.
    -Serás, home. serás.
    Deseo que te guste y disculpa todos mis errores ortográficos .
    Un besiño y seamos siempre equitativos, Mingucho.

    • Mingucho di:

      Querida veciña-amiga:
      Nótase que o “Pucheiro” era un rapaz asisado, ecuánime e ceibe de vulgaridade. Razoa moi ben as súas obrigas: Mellor ca o crego.
      O Vaticano mandou construír o “cronovisor”, que viña a ser un aparello moito máis moderno que internet, co fin de rastrear no espazo a película da paixón de Xesús, pero cando foron a visionar a película, o Papa mandou arrinconar ó aparello e máis ós inventores, por que o que tal alí viron; ou non viron, non lle conviña espallalo.
      Inspirado nas subxerencia do “equitativo”, penso que a estas alturas coa ciencia, tecnoloxía e cartos que esa xente dispón, ben podía poñer unha liña de comunicación co Purgatorio, Ceo é Inferno, e así darlle ós fieis un servizo personalizado, en vez de enviarlles responsos en latín, dos cales eu dubido que cheguen aló. Por que podía pasar coma cando mandas por un banco un donativo para Haití.
      Este sería un locutorio de pago; pero eu sospeito que nono fan —a pesar do lucrativo que sería—, porque se cadra aló non hai nada, e seguro que isto, é o que o “equitativo” Pucheiro pensaba, o moi diplomático el.
      P.D.:
      O do galego, non fagas caso. Ti e Carme, tirade pa diante. Facede coma eu. O idioma, a música e a danza galega, conservouse grazas ós da aldea, ós que agora non sabemos falalo, lelo nin escribilo. E cando lle mandes algún escrito para que cho publiquen en Barbantia, non teñas pena, por que hai uns correctores e censores que disfrutan esnaquizándocho. Lávano tanto que lles quitan color e sabor. Agora si: ortograficamente, sae inmaculado grazas ao mestre EME…, que creo xa coñeces.
      Un bico, Magda.

Deixa una resposta a Mingucho Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>