Jerjes Jajá

jerjesX. Ricardo Losada. Puxen o título deste texto sen saber de que falar, así que pido desculpas se me sae unha parvada. Vendo no canal de Historia un documental, mencionaron o rei persa Jerjes e, de súpeto, pensei Jerjes Jajá. Son ese tipo de cousas ás que os psicólogos lles sacan moito partido descubrindo asociacións inconscientes, pero a min non me van ese tipo de solucións. Menos aínda nese caso pois era moi evidente que asociara Jerjes con jajá porque en vez de Jerjes o meu inconsciente (xa vedes, non hai forma de escapar dos psicólogos) debeu oír Jeje. O resto é obvio. Un tipo coma min non podía deixar escapar a oportunidade de escribir un texto con ese marabilloso e risoño título. Jerjes Jajá.

E con ese título parecía claro que tería que contar algunha historia simpática sobre Jerjes. Claro, pero tamén preocupante. A imaxe creada polos profesores e o cine sobre os reis da Antigüidade fannos pensar máis en traxedias que en comedias. Pero o temor disipouse axiña. Hai unha anécdota moi simpática sobre Jerjes que, por inesquecible, non tardei en recordar. Durante a campaña na Hélade, ordenou construír unha ponte no estreito do Helesponto, ponte que destruíu en pouco tempo un mar embravecido. Jerjes encolerizouse e ordenou decapitar os enxeñeiros, pero tamén azoutar o mar e facelo prisioneiro eternamente lanzando cadeas á auga.

Hai nesa historia algo que me chama poderosamente a atención. Entendo que Jerjes castigara os enxeñeiros por construíren unha ponte pouco resistente a unhas condicións do mar previsibles. Haendel Jerjes4O que non entendo é que castigara o mar. Se a ponte era mala, o mar cumpriu co seu deber e non merecía un castigo senón un premio por advertilo da incompetencia dos seus enxeñeiros. E, se a ponte era boa, é evidente que o mar ben merecía o castigo, pero non os enxeñeiros, pois cumpriron co seu deber. En fin. Non sei moi ben que pensar sobre a categoría moral de Jerjes. O que si sei é que para que algún día eu puidese escribir un texto co título deste, Jerjes tiña que azoutar e encadear o mar. Como vedes, Jerjes Jajá non é ningunha parvada. Así que… Je je Ja ja.

5 comentarios en “Jerjes Jajá

  1. Teño que berrarlle a Antón Riveiro. Cometeu un erro ou, mellor dito, unha neglixencia. NUnca se debe pór unha imaxe que ensombreza o texto, e esa imaxe de Jerjes, como se pode ver nos vosos comentarios, atrae todo o protagonismo. Non teño ningunha dúbida de que o rei persa non combatía así. Con esa pinta, nun mundo como o grego, non necesitaría exército para gañar todas as batallas.
    Eu leo e paseo todos os días por un espazo gañado ao mar. Menos mal que os enxeñeiros actuais dominan máis as matemáticas que os da época de Jerjes. Aínda que a veces si penso que era o que merecíamos. Que os cálculos fallasen e os paseos caesen como a ponte do Helesponte. O único malo é que entón tamén caerían os ja, ja, je,je, ji,ji, jo,jo e ju, ju, e acabaríamos cheos desa patética solemnidade que tanto abondo estes días (dá pánico pensalo: por favor, moitos ji,ji e ja,ja)
    Apertas agradecidas por ese grato comentario

  2. Hacía mucho que no me asomaba por Café Barbantia y lo cierto es que me he llevado una agradable sorpresa al leer esta simpática entrada, no por ello menos didáctica. Las charlas entre Magdalena y el articulista tampoco tienen desperdicio: francamente deliciosas.

    Me pregunto si Jerjes de verdad asistiría de esa guisa al campo de batalla… ¡Menudo espectáculo! Ahora comprendo que Haendel eligiese a un castrati para interpretar al personaje de su ópera.

    Si debía castigar a los ingenieros o al mar, no lo tengo nada claro. Esperemos que el mar no nos “asolague” a todos reclamando el espacio que le estamos robando. Jojo.
    Un abrazo.

  3. Querido profesor; es de agradecer que ese “segmento de ocio” ( me encanta esa frase) se lo hayas dedicado a mi persona, un placer.
    Pienso que el vicio de tomarse el café mañanero en este foro es muy saludable y cuánto más cargado de cafeína, mejor sabe. El arábico es muy bueno, los italianos, son fantásticos, la variedad de los moka con ese sabor intenso y fuerte en acidez, espléndidos, los iberoamericanos con ese sabor achocolatado, riquísimos para las golosas como yo, en fin, pero… esa cafeína que contiene el barbantiano te engancha de una manera que ni el mejor Nespreso puede hacerle sombra. Me da energía física y mental. Como bien dices, los vicios, ( los buenos) son mejores que los hábitos ídem.
    La referencia a Antón ha sido por la ilustración del soberano Jerjes. Ju, ju, estarás pensando tú.
    Me ha encantado la historia de Jerjes tal como la cuentas.
    Un besazo, profesor.

  4. Eu tamén estou nun receso, neste caso o recreo ou, como lle oín dicir a un pedagago hai moitos anos, no segmento de ocio (sic). Tamén teño o vicio de entrar en Café Barbantia todos os días. E digo vicio conscientemente, pois normalmente os vicios son máis divertidos que os bos hábitos. Ji, ji, como dirías ti (vaia ripio!!!!)
    Bicos rianxeiros
    P.D. A referencia a Antón, é polo último libro que escribiu? Se é así, non digo nada. Aínda non o lin.

  5. Querido profesor:
    Haciendo un pequeño receso en mis cotidianas faenas, he venido al “vicio”como dice mi mi marido, del Café mañanero barbantiano, y me he topado contigo acompañado del monarca ja já, ( que por cierto, si la foto que acompaña al texto es real, la que dice ji jí, soy yo) y compruebo que como siempre, eres capaz de sacar textos de debajo del mar ( o de un puente) y para no saber de que ibas a hablar, te ha salido inmejorable.
    Hay un principio de un filósofo ( no sé cual, o quien ) que dice, “Todo rey sumergido en un conflicto colectivo, experimenta un empuje hacia arriba igual al número de ingenieros que desaloja”. Ji, ji.
    Y ahora voy a continuar con la fregona que me queda mucho que hacer. Si el trabajo de ama de casa llegara a considerarse como una profesión, sería la única en la cual el despido estaría prohibido por la Iglesia.
    Un besiño profesor y otro para Antón por regalarnos esos entremeses tan sugestivos.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *