O enigma da Esfinxe

edipo y la esfingeFidel Vidal. A Esfinxe, metade humana e metade fera, é un enigma en si mesma: a parte superior corresponde a unha muller con peitos prominentes, e a inferior a un león con ameazantes garras. “É un símbolo ao mesmo tempo da boa nai nutricia e da mala nai destrutiva. Simboliza o medo do neno a que, posto que el desexa devorar a súa nai para que sexa toda súa e nunca poida abandonalo (unha idea coas orixes no feito de que o neno come a nai cando esta o aleita), ela á súa vez desquítase devorándoo a el” (B. Betthelheim).

A Esfinxe instalouse nun dos montes da cidade de Tebas. Desde alí dedicouse a asolar a campiña destruíndo sementeiras e matando a todos cantos non resolveran os seus enigmas. Mataba estrangulando: algunhas opinións refiren que de aí vén o seu nome, xa que ‘cerraba’ o paso do aire (esfinxe, tomado do grego esphingo, ‘cerrar’, ‘eu aperto, cerro estreitamente’, `lazo´) aos desafortunados que caían nas súas garras.

Ante tan angustiosa situación, o rei fixo unha proclama a toda Grecia prometendo que daría o reino e a Iocasta en matrimonio, a quen resolvera o enigma da Esfinxe. Viñeron uns e outros e fallaron en dar a solución, pero Edipo interpretouno correctamente. Era un enigma especialmente pensado para el: “pola mañá vai a catro patas, a mediodía a dúas e pola tarde a tres”. A resposta correcta era “o home”. O home Edipo. A infancia, a catro patas, cos pés cravados e inchados, “a mediodía”, na flor da vida anda sobre os dous pés, e ao “anoitecer”, na vellez, necesita do bastón como terceiro pé. Foi Thomas de Quincey quen sinalou que a resposta non se refire ao home en xeral, senón a Edipo en particular: non hai ser tan débil coma o neno abandonado dos seus pais, e cos pés unidos por un cravo, e ninguén como Edipo necesitou máis axuda na ancianidade marcada pola cegueira.

Edipo y la Esfinge. François-Xavier Fabre (1766-1837)Na interpretación psicanalítica do mito de Edipo, o episodio da Esfinxe, que para os gregos tiña unha importancia esencial, para nós queda obstinadamente na sombra (Giorgio Agamben, Estancias). Non se trataba de ningunha diversión. A experiencia significaba exporse a un risco mortal. A incapacidade para resolver o enigma traía consigo a “morte por desesperación”.

A Esfinxe aparece como un signo duplo e fragmentado. Mais en canto que esta dualidade se manifesta nun único signo, este é, pola contra, en palabras de Agamben, unha cousa conxunta e unida. O simbólico, o acto de recoñecemento que reúne o que está dividido, é tamén o diabólico que continuamente infrinxe e denuncia a certeza dese coñecemento. Se isto é verdade, a culpa de Edipo non será a do incesto. Edipo aparece na nosa cultura como o “heroe civilizador” que, coa súa resposta, proporciona o modelo duradeiro da interpretación do simbólico.

Parafraseando a Iván Karamázov, o atormentado personaxe de Dostoievsky que sostén a tese de que “se Deus non existe, todo está permitido”, afirma que, á frase “Deus morreu”, corresponderíalle un “xa nada está permitido” como continuación. O mito de Edipo amosa xustamente, segundo Lacan (O reverso da psicanálise), a imposibilidade de acceder ao gozo da nai negando a Lei. Se Edipo logra acceder ao gozo da súa nai non é por asasinar ao seu pai senón por se enfrontar e resolver con éxito o enigma da Esfinxe e superar así a proba da verdade. Se o gozo da nai está prohibido, iso significa que é alcanzable e, polo tanto, debe ser sancionado. Sáldase coa castración (a cegueira). Peor aínda, Edipo non só se descubre como castrado senón que se converte na castración mesma, en “resto desbotable” (Lacan).

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Fidel Vidal. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a O enigma da Esfinxe

  1. Magdalena di:

    Querido Fidel; hasta ahí llego, porque lo he leído, yo me refería a las frases de Iván Karamázov. Preguntaba si mi discernimiento era el correcto o si había mezclado churras con merinas, pero bueno, como decía un personaje en “Divinas palabras” cuando quería cambiar de tema “cambia la tocata”. Por tanto cambio la tocata para decirte, que me hizo gracia eso de que “si Deus existe, o problema é del”; pues, para ser recíproca contigo y sacarte en este caso yo, una sonrisa a ti, te mando una muy buena de Manuel Alcántara:
    “Si otros no buscan a Dios, yo no tengo más remedio; me debe una explicación”.

    Como despedida me remites salud y una buena empanada de berberechos. Te diré que hoy al bolo alimenticio le está costando dar vueltas, parece el bombo de una lavadora sobrecargado. Me he comido un buen trozo de ella, con la variante de que no era de cárdidos, era de atún. Pero te aseguro que estaba deliciosa.
    El día que te apetezca probarla avísame la víspera. Un biquiño.

  2. Magdalena di:

    Buenos días, Fidel; cuánto se aprende leyendo a gente tan interesante como tú. Hace muchos años que conozco la “adivinanza” del que por la mañana anda a cuatro patas, al medio día a dos, y por la noche a tres, pero desconocía que pertenecía a la mitología, concretamente a Edipo. La mitología es muy sugestiva y entretenida hay que volver a echar mano de ella.
    Muy atractiva también la frase de Iván Karamázov “si Deus non existe, todo está permitido” para afirmar que la siguiente “Deus morreu” le correspondería un “xa nada está permitido”. Yo asimilo la primera como qué, si Dios no existe, nada debe importarnos, no tiene por qué haber ni contrición ni atrición, pero la siguiente “Dios ha muerto” es muy diferente. Ha muerto pero ha existido. Ya no puede imperar el caos.
    Es posible que mi raciocinio confunda habas con castañas pero, estoy segura de que tú, aclararás todas mis dudas.
    Besiños palmeiráns, Fidel.

    • Fidel Vidal di:

      Miña atenta Magdalena: Non estou ben seguro de ser capaz de aclarar dúbidas a ninguén cando eu mesmo navego nelas. O Edipo do que falo é o personaxe de Sófocles que Freud escolle para elaborar o famoso “complexo” que nestas achegas intento explicar (explicarmo a min mesmo). O tema de Deus (“se Deus existe, o problema é del”) supérame. No entanto sempre concibín a “morte de Deus” non como un pasamento senón como unha maior presenza, unha maior responsabilidade do home sobre os seus propios actos, sen estar en constante alerta co obxecto de recibir “un sinal” divino, ou mesmo un mandado. Pensar nun Deus tan sádico como aquel que mandou a Abraham matar o seu fillo Isaac (velaí a similitude con Edipo), disque para “probalo”, e despois de tanto desacougo dicir non, xa vale (vaites sufrimento para un pai co coitelo na man!), e vaites macabrada de proba! No que penso é no home como un ser dono se si mesmo e dos propios actos, na súa liberdade, e non tanto no “destino”, ou no “estaba escrito”. A veces pode ser bo mesturar fabas con patacas. Un flash con demasiada luz pode cegarnos.
      Saudiña e unha boa empanada de berberechos, de millo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>