As chaves da cultura

Matalobos

Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Atenea foi quen lle ensinou ós gregos a facer o aceite e o viño, e ás gregas a tecer e a facer as cazolas de barro, por iso lle estaban tan agradecidos e lle fixeron un templo no lugar máis alto e despexado da capital grega, cóntannos os guías que nos levan pola Acrópole. Todas as culturas teñen os seus mitos para xustificar o coñecemento, como se este non formase parte da evolución, desde aquel primeiro ser que soubo sacarlle punta a unha pedra ata o que aprendeu a usar esa pedra afiada para cortar carne ou para abrir o suco onde sementar. A verdade é que queda moito mellor que alguén baixase do Olimpo e lles ensinase a facer as cousas ca iso que publicou a revista Science hai un par de anos, que a evolución da agricultura viaxou de oriente a occidente a unha velocidade media de dous quilómetros por ano.

É curioso que no mito, podendo escoller a un varón escollesen a unha muller como transmisora do coñecemento, algo que vai máis aló do feito real de que as mulleres eran (e son) as primeiras mestras de calquera cativo. E ó parecer hai moita verdade en todo isto, segundo vimos de saber por un traballo do instituto Max Planch para a ciencia e historia da humanidade, segundo o cal as mulleres de hai máis de catro mil anos xa eran as transmisoras da cultura; conclusión á que chegaron despois de estudiar a enorme diversidade xenética feminina tras o estudio do ADN en enterramentos prehistóricos do sur de Alemaña, un claro indicativo da dispar procedencia das mulleres que en xeral eran orixinarias dunha rexión distinta a aquela en que foron enterradas.

francisco2Claro que entrando no miolo do estudio, tamén podemos dicir que non a transmitían por cousa boa, senón porque era o sexo máis débil e desprotexido incluso na Idade de Pedra, cando -segundo as conclusións da investigación- era común que os homes permanecesen no lugar de orixe durante toda a súa vida, mentres que as mulleres se desprazaban para casar e xerar fillos alí onde eran mercadas, queridas ou desexadas, e este costume estendeuse entre finais do Neolítico e principios da Idade de Bronce, de tal maneira que, ó lugar onde formaban unha nova familia, levaban os coñecementos aprendidos na casa materna, mellorando os que houbese no novo fogar, mentres que os homes eran, niso dos avances da ciencia e da cultura, moito máis conservadores. E xa me estou imaxinando a unha daquelas esposas dicíndolle ó marido como mellorar as frechas se quería traer carne fresca á casa, ou cal era a forma máis idónea dunha pedra para ter un muíño último modelo na cociña.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Francisco Ant. Vidal Blanco, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a As chaves da cultura

  1. Magdalena di:

    Buenos días, querido Francisco: No sabes cuánto me alegro de que Atenea fuese reconocida con ese premio por parte de los griegos a pesar de ser fémina. En una ocasión ya te dije que, cuando Dios creó al hombre fue como boceto, para luego perfeccionar su Obra: la mujer. A pesar de que hay diferencias, como por ejemplo, nuestra estatura media, que es menor que la del hombre, presentamos otros atributos; somos fuertes, resueltas y osadas, ( a pesar de que nos digan, el sexo débil) ejecutamos los quehaceres domésticos, ( además de los exteriores) con disposición y diligencia. Y como sé que estarás diciendo: “Bueno, bueno, bueno, menos lobos”, y como no quiero seguir enumerando valores merecidos de la mujer, solamente decirle a mi querida Mari Carmen ( con tu permiso) que a ver cuando me presenta a esa persona tan meritoria para que me dé unas clases de todo lo que expone.
    Besiños palmeiráns, querido veciño.

  2. Querido Francisco:
    Pues menos mal que en la época antigua nos tenían en cuenta…Como mujer te doy las gracias por este interesantísimo artículo.
    ¡Ah!, si las piedras prehistóricas hablasen… ¡Cuántos genios habrán quedado en el anonimato y cuántos inventos sin patentar…!
    Por lo que nos cuentas sobre la diosa Atenea: conozco a una persona que debió de surgir de su estirpe: lo mismo que da rienda suelta al intelecto logrando los más bellos y atinados comentarios a los trabajos de otros, escribe unos preciosos cuentos, prepara las más exquisitas mermeladas y tartas que hayas probado… Y no sigo, porque me estoy saliendo del guión.
    Pues menos mal que fueron mujeres las que emigraron y favorecieron el desarrollo de la cultura. No quiero pensar lo que sucedería si ocurriese a la inversa: los hombres bastante tenían con enfrentarse y desollar las grandes piezas cazadas y pelear con otras hordas o grupos. En cambio las mujeres supongo que dispondrías de más tiempo y condiciones para desarrollar el intelecto.
    Y si no ha habido cocineros varones reconocidos hasta épocas recientes, la razón es evidente: el hombre al que se le ocurriese meterse a “cazoleiro”, quedaba marcado de por vida. Sólo se les permitía ejercer como tales a los cocineros de los buques.
    De nuevo mil gracias por este bonito y estupendo artículo.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>