O pai verdadeiro

sfocles-edipo-rey-69-638Fidel Vidal. O pai biolóxico non existe. O argumento do sangue (especialmente socorrido en termos xudiciais) non é válido porque non é un argumento: é lei. Se algo abonda no ámbito biolóxico son o denominados proxenitores. A relación sexual xenital debería establecer unha conexión co gozo e non coa procreación. A certeza da relación entre coito e embarazo foi tardío na historia do home. Sucede o mesmo coa “ilusión” do contacto entre un espermatozoide -a mentira do vencedor, do número un, que xamais o sería sen a participación dos acompañantes na odisea- e un óvulo. Ou coa identificación do parentesco a través do ADN. Pertencen ao imaxinario científico. “Que cousa distingue un rei doutro home?: o cerimonial”, afirma o Enrique V de Shakespeare.

Da obra de Sófocles, Freud só retén dous elementos: primeiro, o destino inexorable que leva a Edipo a cometer, ignorante, os dous crimes maiores da humanidade: o asasinato do pai (Laio, pai biolóxico) e o incesto coa nai (Iocasta, nai biolóxica) que xera fillos malditos; e segundo, o desexo de coñecer a verdade (que o muda en “investigador-investigado” (Starobinski). Dese xeito pasa do non saber, da ignorancia, á clarividencia a un prezo esaxerado: o de arrancarse os ollos como castigo polos seus crimes. O esencial é converter a figura de Edipo nun paradigma simbólico que garante a universalidade do seu descubrimento.

Moito antes de que Freud se fixara nel, o descubrimento está vivo na expresión e experiencia de Iocasta, cando procura tranquilizar a Edipo (nese intre para Edipo os pais son os adoptivos, Mérope e Pólibo) que teme cumprirse a voz do oráculo no anuncio de dar morte ao seu pai e deitarse coa nai. Algo imposible por estar cabo dela, lonxe de Corinto.

IOCASTA.- (a Edipo) [O Mensaxeiro] vén de Corinto para che anunciar que o teu pai Pólibo xa non existe, pois morreu.

Edipo y AntigonaQuen tamén morreu foi Laio, un vello matón a mans de Edipo, mais en defensa propia. No lance da morte do proxenitor, no intre da encrucillada, descoñecendo quen é, intenta matar a Edipo por segunda vez. Se na primeira, cando bebé, con toda intención e conciencia, procurouno a través dun sicario, desta volta o intento é a traizón. De saber que era o seu fillo, estou seguro que nesta ocasión Laio argallaría unha mellor e máis eficaz estratexia para non fallar. O delito (en grao de intento) de dar morte ao fillo recae no pai (en dupla dose), e se este morre a mans do fillo é precisamente por culpa do propio pai (ración tripla). É dicir, o pai ten a culpa.

EDIPO.-(…) viñan ao meu encontro; o guía e o ancián mesmo [Laio] quixeron apartarme do camiño pola forza. E eu golpeeino con rabia ao que me chimpaba fóra, ao condutor; pero cando o viu o vello, este agardou a que pasara eu a carón do carro para me cravar na metade da cabeza a súa aguillada de dúas puntas (…) despois mateinos a todos. (Sófocles, Edipo, Rei)

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Fidel Vidal. Garda a ligazón permanente.

4 respostas a O pai verdadeiro

  1. Magdalena di:

    Me ha encantado ese palíndromo, gracias. Viene cargado de arte abstracto. ARTE= TRAE.
    Besos anagramistas y palindrómicos.

  2. Sin meterme en discernimientos psicológicos o biológicos de los que no lograría salir airosa, después de leer tu magnífico artículo sólo se me ocurre una cosa: con tanto adelanto científico sin control, ¡cuántos Edipos estarán circulando por el mundo que, sin saberlo, se unieron, tuvieron o tienen relaciones sexuales con algún familiar directo! Si antes podían ocurrir estas cosas (lo expresó muy bien Francisco Villaespesa refiriéndose a las niñas del hospicio: “Quién sabe si son nuestras hijas o nuestras hermanas”), mejor no pensar en lo que hoy puede estar ocurriendo.
    Lo dicho: más vale vivir en la ignorancia.
    Boas noites.

  3. Magdalena di:

    Lo que afirmaba Enrique V en la obra de Shakespeare, era muy razonable, porque la nobleza de un hombre no procede de su cuna o de su prosapia, la honestidad o la virtud del ser humano es la que lo iguala a otro por mucha corona o cetro de que disponga.
    Y como no alcanzo a poder contestarte a nada más de tu perfecto artículo, voy a regalarte un anagrama ( sé que te gustan tanto como a mí) para rellenar un poquito el comentario. Es de otra que mató a su madre. Eurípides también era muy bueno, puede comparársele con Sófocles. Es así: – “La muerte de su padre le dejó el CALETRE hecho un lío y se vengó matando a su madre.”
    Respuesta: – CALETRE = ELECTRA.
    Besiños palmeiráns, Fidel.

    • Fidel Vidal di:

      Moitas grazas, miña atenta Magdalena, tanto polo anagrama como pola sempre animosa participación neste noso Café.
      Como sei da túa afección aos palíndromos, supoño coñeces os tan variados que aporta Gonzalo Navaza no seu libro “A TORRE DA DERROTA”.
      Saudiña e bo proveito.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>