O alarido dun neno

nena-lloraX. Ricardo Losada. Encántanme os nenos, pero non teño, nin moito menos, unha visión idílica. Disfruto xogando e paseando con eles, pero ás veces danme ganas de… De feito, dúas das escenas máis sinistras que teño vivido proceden do mundo da infancia. A primeira, un neno que berrega polo biberón. Como dixo alguén, dá a impresión de que por conseguilo sería quen de destruír o universo enteiro. A segunda, un neno que chora desesperadamente, mesmo dando a impresión de que lle vai dar un ataque ao corazón, porque os pais non lle cumpren un capricho e, en canto llo cumpren, en milésimas de segundo, pasa ao estado emocional antagónico, o da plena felicidade, cun sorriso que para si quixera un psicópata e asasino en serie.

Podedes deducir, xa que logo, que non me gustan as actitudes paternalistas cos nenos (Aí tes o chupetiño, bonitiño, pero non chores, co feitiño que es, meu filliño) nin as idealizacións gratuítas. Pero tampouco me gustan eses profesores que se dedican a recompilar respostas absurdas ou erróneas para demostrar a ignorancia dos seus alumnos. Entre outras cousas, porque nunca sabes se eses nenos son uns ignorantes ou uns vacilóns. Pasa sobre todo nas avaliacións iniciais, que só pretenden detectar o nivel dos alumnos e que non teñen repercusións académicas. Algunhas respostas son tan xeniais que non parecen froito do descoñecemento. Simón Bolivar morreu en _______________, e enriba da liña a alumna pon fermo. En que batalla morreu Napoleón?, e o alumno contesta Na derradeira. Ou aquel exercicio cun triángulo rectángulo no que aparecían 3 e 4 centímetros como medida dos catetos e un x sobre a hipotenusa.larger A pregunta era Hallar la x. O alumno escribiu debaixo do triángulo Aquí está, e sinalou cunha frecha o x, que rodeou cun círculo. Recórdovos que hallar significa “atopar unha cousa ou unha persoa, xa sexa casualmente ou buscándoa”.

O outro día pasoume un caso moi curioso cun amigo profesor que lle fixo a avaliación inicial de Xeografía e Historia a un grupo de 1º da ESO. Preguntoulles que era unha ría, e un dos alumnos respondeu: “É a auga que fai un percorrido ata que remata, e descansa tranquila”. O meu amigo non entendía de onde puidera sacar tal cousa. Pero eu si, pois sabía que aquel alumno vive en Isorna, xusto na desembocadura do río Ulla na ría de Arousa, é dicir, onde unha corrente de auga remata o seu percorrido para descansar tranquila. Como o profesor en cuestión, valora o pensamento diverxente e a capacidade de adaptar os contidos teóricos á realidade propia, aínda que o alumno non lle dera a definición do libro, modificou a corrección da pregunta e puxo ben onde antes puxera mal. Hai nenos que, coas súas respostas, parecen ser quen de destruír todo o sistema educativo. E hai profesores, que coa súas rectificacións, parecen ser quen de construír un novo.

5 comentarios en “O alarido dun neno

  1. Eso dice mucho de ti, querido profesor, y me imagino que los alumnos sabrán apreciarlo. Debemos reírnos siempre con la gente, pero nunca de la gente.
    Reitero nuevamente el placer de leer tus artículos, por la variedad, la alegría y grata lectura. Continúa en esa línea.
    Un beso, José Ricardo.

  2. Estou de acordo contigo, a min tamén me gustan esas anécdotas, pero como anécdotas. Non me gusta que se utilicen, como pasa moitas veces, para demostrar a ignorancia dos alumnos ou que calquera tempo (educativo) pasado foi mellor.
    E o mesmo cos nenos. Canto teño disfrutado con eles! Incluso cando queren cambiar as regras do xogo (ou de xogo) porque van perdendo!
    Apertas rianxeiras

  3. Querido profesor; qué difícil me lo pones. En la última entrada lo tuve fácil porque Antón me ayudó con la ilustración. No te sacó mérito al texto pero, fue una ayudita que me facilitó el comentario. Y ahora… ¿que puedo anotar yo de ese par de bocas abiertas? bueno, trataré de hacer un pequeño juicio para decirte que a mí, me encantan los niños, ( seguramente al ser hija única, sentí siempre la necesidad de otro pequeño a mi lado) pero… tampoco soporto las mimarrachadas, los caprichos no van conmigo, en ese aspecto el abuelo y antes padre, era y es, el permisivo; yo soy más recta. La hija de una vecina nuestra cuando quería una cosa y ella no la alcanzaba, la señalaba con el dedo y hasta que se la dieran no paraba de llorar, yo, me marchaba de allí porque eso no lo soportaba. Por tanto, completamente de acuerdo con tu criterio.
    Que los profesores recopilen respuestas absurdas de sus alumnos en eso ya no coincido contigo; será por que me encanta anotar todo lo que me parece divertido. Si yo leo lo de Simón Bolivar que murió “enfermo” o lo de Napoleón, que murió en la “última” batalla, ya me desternillo de risa, y reírse es muy saludable. Me he reído al leerlo y eso que estoy con la cara quemada. Ya ves, tu artículo me ha servido de terapia. Me ha gustado lo de tu amigo el profesor que admite la discrepancia. Así debe ser, pues ese alumno, efectivamente tuvo la capacidad de plasmar como respuesta,lo que él consideraba que era una ría, porque su propio entorno se lo había enseñado.
    Felicidades, para el alumno, para el profesor y para ti.
    Besiños palmeirans.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *