A fin dos sermóns

cremaX. Ricardo Losada. Pasei moitos anos negándome a botar protección solar, a pesar de que as persoas que me rodeaban reco-mendábanmo con teimosía. Xa sabedes os argumentos. Cancro de pel, e esas cousas. Eu sempre lles dicía o mesmo. Tomar o sol protexido con cremas é como facer o amor con preservativo, unha traizón á sagrada Natureza. Hoxe protéxome, e recoméndolle a todo o mundo que o faga. Porque a verdade, a única verdade, de que non quixese botar protección é que me daba pereza, e doíame recoñecer que son un vago para esas cousas. Pero non pensedes que esta confesión é para falar de saúde física. Máis ben quero falar de saúde mental, pois é moi significativa para entender un dos problemas intelectuais máis graves do noso tempo, e de todos os tempos. O autoengano, ese hábito tan humano de inventar teorías falsas para xustificar os nosos actos.

    Tan humano, que mesmo o empregamos no acto máis necesario para a supervivencia da especie. Calquera que estivese algunha vez namorado sabe que o autoengano é a estratexia máis acaída. O outro día, na presentación da miña novela, unha lectora preguntoume se consideraba que o amor era agón, loita, como dicían os gregos, pois os amantes do libro manteñen unha loita psicolóxica permanente. Díxenlle que si, e exemplifiqueino comentándolle que a persoa da que nos namoramos, máis que unha media laranxa, é un espremedor. Man Being Pulled in Different DirectionsPor que a vemos como unha media laranxa? Autoengano, non teñades ningunha dúbida. E a proba máis evidente é que do amor ao odio só hai un paso. Se o amor non fose autoengano, a ruptura das parellas sería máis civilizada.

      Recoméndovos que lle dediquedes uns días a pensar cales das vosas teorías persoais sobre a familia, a hixiene, o ocio, a política, os amigos, ou de calquera outro tipo, son froito do autoengano. Se o facedes con honradez, e sen medo a descubrir os aspectos máis impresentables da vosa personalidade, quedaredes marabillados. Por que algunhas persoas que levan unha vida pecadenta se consideran cristiáns? Autoengano. Por que algunhas persoas cuxo obxectivo vital é claramente burgués (bo coche, boa casa, bos restaurantes, boas viaxes) se declaran anticapitalistas? Autoengano. Non vou entrar agora nas razóns pois creo que, para ser efectivo, este exercicio confesional debe ser persoal e intransferible, tal e como fixo o gran aventureiro Hemingway ao dicir: “Cando soño co máis alá, co paraíso, a escena desenvólvese no Ritz de París”. Imaxinade por un momento que os Papas e os Revolucionarios de salón recoñecesen o mesmo. Non sei se o mundo sería máis xusto, pero, de seguro, sería máis divertido, con moitos menos sermóns.

6 comentarios en “A fin dos sermóns

  1. Muchísimas gracias, Ricardo, por tu amable respuesta a mi comentario. No me la esperaba. Ha sido Magdalena la que me ha puesto al tanto antes de irme a la cama y he vuelto a encender el ordenador para leerla.
    “Malpocado”, que diría mi abuela , refiriéndose al piropo piadoso que me dedicas. Pero con diez nietos y dos biznietos (mi más preciado tesoro), no puedo pedir más peras al olmo… Para mi desdicha, el día que fui a Rianxo, Magdalena me avisó con los minutos contados y ni tiempo tuve de teñirme el pelo. “Haxa saúde que iso é o que importa”.
    Intenté responderte en gallego, pero me encasquillé a la primera de cambio.
    Unha forte perta.

  2. Por alusiones, querido profesor: es verdad que no quise comentar nada referente a que no en todas las parejas existe el autoengaño. Al contrario, metí unas pinceladas de pan con cebolla aderezada con alianzas perdidas. Pero por lo que veo, me conoces un poco. El día 28 de diciembre – Santos Inocentes – es nuestro aniversario de boda. José Manuel me dice que no estamos casados, que aquello fue una inocentada. Y es posible que sea ese el motivo por el que funciona bien ; somos amantes, no matrimonio.
    Bueno, aparte de la guasa, tengo que decir que cada uno de nosotros está formado por un equilibrio finísimo de todas las cosas, buenas y malas; y de ahí, hay que aprender a mantener esa estabilidad día a día. Las cosas que nos parecen insignificantes como por ejemplo cuando te abren – o le abres – el agua de la ducha y mueves el regulador unos milímetros a la derecha o a la izquierda para que el agua salga a la temperatura adecuada y que tu pareja disfrute esos cinco minutitos más del reposo mañanero y luego se encuentre con el agua tal como la esperaba. Y al salir de la ducha disfrutar de un apetitoso desayuno… eso prepara el día para la positividad.
    Una sugerencia, profe, esos cuadernos de citas, por orden alfabético, así no se pierde tanto tiempo en buscar las cosas.
    De Cataluña no hablemos, si us plau. Mejor finalicemos con José Luís Coll: “Lo que sí es cierto es que la felicidad no da el dinero”.
    Cariñosos besiños palmeiráns.

  3. Prezada Carmen:
    “Parecedes ferruxiños”. Recordoume a miña avoa. Encantábame como dicía expresións como esa. Polo que eu comprobei o día que te coñecín en Rianxo esa sorprendente combinación de vinagre e aceite fixo un labor excelente.
    Non sei se as persoas ás que te refires son enganadas ou necesitan ser enganadas.
    Hai moitos anos pensaba coma ti, agora creo máis factible a segunda opción. Aínda que é máis perigosa.
    Coincido contigo en que o autoengano non ocorre en todas as parellas e, a verdade,
    sorprendeume que Magdalena non o comentase.
    Non sei cal é o contexto da frase de Hemingway e seguro que se pode interpretar de varias formas. Pero si parece referirse non só ao autoengano, senón a ese carácter neurótico que, en maior ou menor medida, temos todos. Ou quizás se refira a esa frase que eu tanto cito: “A vida é iso que pasa mentres facemos outras cousas”.
    Vivan os galimatías!!!!!
    Apertas rianxeiras

  4. Esa distinción entre media laranxa e espremedor non é miña. Oína ou lina en algún
    sitio, pero non recordo a quen. Seguro que o teño nalgún dos meus cadernos de
    citas.
    Gústame máis ese consello de Coll que aquel tan cínico de “O diñeiro non dá a felicidade, cómpraa”. Tampouco recordo agora quen o dixo, e tampouco me apetece
    buscar no caos dos meus cadernos.
    Creo que co tema de Cataluña se volve a demostrar que a política partidista máis que unha cuestión política é unha cuestión psiquiátrica. Se só fose o autoengano…
    Apertas rianxeiras

  5. En mis tiempos lo de menos era protegerte del sol, lo importante consistía en que el sol te cogiese a conciencia para lograr el bronceado que tan poco gustaba a nuestras abuelas -“parecedes ferruxiños”, decía la mía-. Para lograr el ansiado color dorado nos embadurnábamos con una mezcla de nivea con mercromina o con tintura de yodo. Antes, cuando más niñas, lo hacíamos con aceite de oliva y vinagre. (Lo del vinagre nunca lo entendí). Últimamente procuro untarme con una buena crema protectora. Pero… a buenas horas.
    Me has convencido con tu disertación sobre el autoengaño: todos nos autoengañamos un poco –el autoengaño no es más que un truco para no ver la realidad- pero los hay que llevan el autoengaño a límites insospechados creyéndose sus propias mentiras y arrastrando a otros a su falso terreno.
    No estoy de acuerdo en lo que dices de las personas “pecadentas” (me gusta la expresión porque me trae recuerdos de mi niñez) que se consideran cristianas o las que viven a lo grande y pretenden pasar por proletarias. Para mí esas personas no se autoengañan sino que tratan de engañar a los demás. Puede que tengas razón en lo del autoengaño entre parejas, pero no creo que ocurra en todas. Al menos en el sentido que le das (o creo que le das). Se impone leer tu libro para salir de dudas.
    A mí me parecer, si nos autoengañamos demasiado, podemos crear tal confusión en nosotros que llegará un momento en el que ya ni sabremos quiénes somos ni lo qué queremos. Llegaremos a perder nuestro propio criterio. Y si esto lo trasladamos a la mente de personas que rigen los destinos de otros…, a la vista está.
    Mencionas a Hemingway… “Cuando empiezas a vivir fuera de ti mismo, todo es peligroso”. ¿Se refiere al autoengaño?
    ¡Menudo galimatías he organizado con este tema. Espero que algo se entienda.
    ¡Qué formidable pareja la de Tip y Coll, Magdalena!
    Desexo que durmades ben.

  6. Buenas tardes querido profesor; pues antes de pasar a la salud mental, parémonos un momentito con la salud física: Me alegra saber, que ahora sí, te proteges de los rayos UV. Es imprescindible. Yo tuve un melanoma en una pierna a consecuencia del sol y pasé dos veces por quirófano para poder deshacerme de ese lunar tan indeseable. Es preferible dedicar esos minutos para protegernos, que luego estar durante mucho tiempo en consultas preventivas oncológicas. Protección, siempre protección.
    Me ha parecido muy ocurrente tu respuesta a esa lectora; me refiero a “máis que media laranxa é un espremedor” y me acordé de aquella frase “Contigo pan y cebolla” ¿ Te imaginas cuánto tiempo resistiría un buen matrimonio a pan y cebolla ? ¿ Has observado que de esos dos anillos que se ponen el mismo día, uno se pierde enseguida? Cuando le preguntaban a José Luís Coll dónde se podía encontrar la felicidad, él, siempre respondía: Pues mire: ” siga usted todo recto, recto,recto. Y al final.
    ¿ El eutoengaño ? sí, es verdad todo lo que dices, beatas, burgueses, y librepensadores. Pero bueno, todo el mundo puede equivocarse más de una vez, menos los buscadores de setas.
    Besiños palmeiráns, profe.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *