Saint Louis

2Xerardo AgraFoxo. Saín da casa e diri-xinme ao barrio mariñeiro de Guet N´Dar, onde, no reducido espazo de 0,3 quilómetros cadrados, vivían máis de 40.000 habitantes, unha das maiores concentracións humanas que existían en Senegal. Aínda que no mer-cado, arrombado entre os dous arrabaldes, as mulleres non me acolleron con bo agrado, camiñar entre aquela aglomeración humana constituíu unha experiencia única. As tendas do carreiro central apenas tiñan un metro cadrado de superficie. As rúas, estreitas e lóbregas, estaban ateigadas de area e refugallos. Unha egua tiraba dunha carreta cumprida de mercadorías. As vivendas eran minúsculas, cos raparigos buligando polos patios cumpridos de trandeiras e cacharros de folla de lata.

As mulleres, baixo as sombras que gorecían as beirarrúas, arranxaban o xantar nunhas perolas xigantes. Nalgunhas esquinas, outras ofrecían froitas maduras e cafés con sabores fortes. Nas marxes do río Senegal albiscábanse os secadoiros de peixe, as casetas de madeira para despezalos e unss pelicanos peteirando esfameados entre as magallas. Os carpinteiros reparaban nos estaleiros as almadías, alicerzadas con madeira de ceiba e adobiadas cunhas bandeiras empolicadas na popa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *