Gambia

6Xerardo AgraFoxo. Despois dun breve percorrido, o noso automóbil detívose bruscamente entre as aldeas de Jenoi e Yelitenda, nunha chaira de arrozais. Conver-témonos nas últimas pezas dunha caravana quilométrica. Todos baixaron apresurados. Eu permanecín extasiado ante o panorama albiscado. No meu reloxo sinalaban as 10 da mañá e a temperatura era morna, mesmo sopraban uns refachos suaves. Na marxe dereita da estrada, amoreábanse multitude de camións. Na esquerda, estabamos nós e centos de coches de transporte colectivo. Despois de unha hora de espera, decateime de que ficaramos a mercé das circunstancias. Parecía que todos fuxiamos cara a ningures por culpa dunha ameaza estarrecedora. O curso do río Gambia atopábase a dous quilómetros de distancia.

Vinme na África negra, a meta máis devecida da miña viaxe. Mergullado nun mundo absorbente. Tombeime no chan, preto do automóbil. Era o único lugar na contorna onde había unha sombra e, ademais, levaba comigo o libro que apañara na pousada: Les Petits de la Guenon. Aïssatou liscou decontado, e detrás dela as demais mulleres que me acompañaban: Awa, a súa nai, Arame, e a moza coa súa cativa. Mentres a caravana medraba, unha riada de vendedores ofrecían multitude de cousas, dende lámpadas de carburo ata lentes escuras e larpeiradas cun arrecendo gambiano. Despois de tres horas, avanzamos uns trescentos metros.

2 comentarios en “Gambia

  1. Admirada Magdalena:
    Moitas grazas polas túas verbas!
    Aínda que Senegal non é un lugar “mágico”, como dixo recentemente unha tal Letizia, paga a pena visitalo polas súas xentes e as cores das súas paisaxes. E tamén polos desastres que está a ocasionar nas súas costas o cambio climático.
    X.

  2. Bos días, Xerardo. ¡ Vaya viaje más emocionante ! Te he seguido durante todo el recorrido y te he envidiado, a veces con un poquito de temor pero siempre con una enorme curiosidad y deseos de estar en esos lugares tan impresionantes. Seguro que lo tendrás presente toda la vida. Felicidades.
    Saludos palmeiráns.

Deixa una resposta a Xerardo AgraFoxo Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>