Xerardo AgraFoxo. Antes de baixar á praia sentei con dúas mulleres nun banco de cemento. Eran dúas persoas cunha ollada sinxela e humilde, nada receosas. Malia as súas idades, Nyoba tiña trinta e tres anos, e Yajuba vinte e nove, semellaban vencidas por unha vida que non lles sorría. Estaban varadas na praza, agardando por un autobús. Entre as dúas gañaban ao redor de catro euros. E explicáronme que tarefas debían realizar nos seus hortos familiares para sobrevivir con dignidade. Unha decencia visible nas súas olladas quedas e respectuosas.
-E os vosos homes, que fan?
–As dúas estamos divorciadas –espetoume Yajuba.
Nyoba tiña unha pequena cicatriz enriba dun pómulo. Pregunteille por ela e respondeume cun silencio compasivo. Cando lles chegou o autobús, déronme os seus teléfonos. E sentín que me daban o seu enderezo por se un día quería rescatalas da vida miserable que as acosaba nunha aldea perdida de Senegal.
Baixei á praia e collín o primeiro bote que, por 500 CFA, menos de 1 euro, me deixou na illa de Ngor, onde se celebraba cada primavera unha homenaxe a Bob Marley.
Moitas Grazas, Admirada e Culta Magdalena!
X.
Querido AgraFoxo:
Cada vez que leo estos textos, y veo los lugares que has recorrido y tratado con gente seguramente necesitada de cariño prestándose a fotografiarse en reciprocidad del mismo recibido, me viene a la memoria una frase de (Fernán Caballero) “Sé justo antes de ser generoso; sé humano antes de ser justo”. No te conozco, y suelo juzgar a la gente por lo que escribe y a veces me equivoco, pero creo que la máxima de Cecilia Bohl de Faber, la practicas con la justicia, o por lo menos, con la humanidad con que ella lo pide.
Esperando el nuevo texto, besiños palmeiráns.