Natureza e cultura

naturaleza_y_cultura11Fidel Vidal. A natureza non sabe de prohibicións inscritas nunha lei. Os cans, malia a insistencia dos criadores en lles organizar unha xenealoxía, non obedecen, agás pola forza ou adestramento, as prohibi-cións propostas polos amos. Quen manda é o instinto. A lei da prohibición do incesto é un invento puramente humano que vai pór unha barra, unha barreira, entre cultura e natureza. Saber quen é a miña nai ou a miña irmá supón, unicamente e antes de nada, un saber, un ser consciente da posición no organigrama indicador non só da procedencia senón tamén, e sobre todo, dos meus límites de relación dentro do grupo. Lembremos ao respecto a parella de namorados, casados e felices, con fillos, que se coñeceran no estranxeiro, e á que se lles amargou a existencia unha vez regresaron á súa vila de orixe, preto da Coruña, cando souberon que eran irmáns.

Esta lei primordial, ao regular a alianza, superpón o reino da cultura ao reino da natureza. A tal alianza é “idéntica a un ordenamento da linguaxe”, unha posibilidade de intercambio. E a prohibición do incesto “non é máis que o seu pivote subxectivo”: a preeminencia da “orde simbólica”, segundo a ensinanza de Lacan na obra Función e campo da palabra e a linguaxe en psicanálise, que recolle de Lévi-Strauss. daliangelus“El soubo fundar a autonomía dunha orde significante sobre unha teoría xeneralizada do intercambio na que mulleres, bens e palabras aparecen homoxéneos”. Lacan radicaliza así o corte e a xerarquización, xa presentes en Freud, entre natureza e cultura.

Tamén interpreta a Lévi-Strauss á luz da teoría freudiana. Mentres que para Lévi-Strauss o intercambio das mulleres é un “estado de feito” e non unha “imposibilidade lóxica”, Lacan ve nesta estrutura masculina o efecto da lóxica fálica (significante) que rexe a institución do humano. Nun, as mulleres son á vez “signos” e “produtores de signos”; noutro, elas “teñen a palabra” pero non “a linguaxe” como “organización lóxica que regula na base as relacións dos individuos coa súa cultura”; e tamén as relacións coa pulsión, mediante a lei da “castración simbólica” constitutiva do inconsciente: a cultura é necesariamente “ho(m)osexual”. Pero, sobre todo, aló onde Lévi-Strauss basea o regulamento da alianza irmán/irmá, Lacan fúndaa no par fillo/nai: a cultura ten esencia “paternalista”, xa que logo “o nome do pai” (e no nome do Pai) é “o soporte da función simbólica que, desde os cómaros dos tempos históricos, identifica a súa persoa coa figura da lei.”

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Fidel Vidal. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Natureza e cultura

  1. Magdalena di:

    Querido Fidel; gracias por hacerme reír. Me ha parecido genial el juego de palabras que has empleado para aludir a la pérdida de tan REPUTADO gallo.
    Conocía la frase del de Morón pero desconocía la leyenda. Igual le ocurrió a san Pedro que si no hubiera hecho lo que hizo,otro gallo le cantara.
    Yo también te deseo salud y gozo acompañados de un beso, porque BESAR = SABER.
    Deseo que te guste este nuevo anagrama.

  2. Magdalena di:

    Querido Fidel; ayer leí dos o tres veces tu artículo y la verdad es que mi alcance está a años luz de poder contestarte, pero, como me encanta el encabezamiento que siempre me diriges “miña atenta…” y no quiero prescindir de tal atribución, aunque sea aportando un cuento, te lo remito, sabiendo que gozaré de tal título a vuelta de correos.
    Como dices que la naturaleza desconoce las prohibiciones inscritas en la ley y hablas de los instintos de los animales irracionales y como no, racionales, te voy a hablar de un gallo con gran instinto por la supervivencia de su raza. El cuento se llama, “GALLVS AVREORVM OVORVM” y es así:
    En uno de los inmensos gallineros que rodeaban a la antigua Roma vivía una vez un Gallo al que las gallinas que lo iban conociendo se aficionaban tanto que después no hacían otra cosa que mantenerlo ocupado de día y de noche. El propio Tácito, quizá con doble intención, lo comparaba al Ave Fénix por su capacidad para reponerse, y añade que este gallo llegó a ser sumamente famoso y objeto de curiosidad entre sus conciudadanos, es decir los otros Gallos, quienes procedentes de todos los rumbos de la República acudían a verlo en acción, ya fuera por interés del espectáculo mismo como por el afán de apropiarse de algunas de sus técnicas. Pero como todo tiene un límite, se sabe que a fin de cuentas el nunca interrumpido ejercicio de su habilidad lo llevó a la tumba, cosa que le debe de haber causado no escasa amargura, pues el poeta Estacio, por su parte, refiere que poco antes de morir reunió alrededor de su lecho a no menos de dos mil Gallinas de las más exigentes, a las que dirigió sus últimas palabras, que fueron tales: “Contemplad vuestra obra. Habéis matado al Gallo de los Huevos de Oro”, dando así pie a una serie de tergiversaciones y calumnias, principalmente la que atribuye esta facultad al rey Midas, según unos, o,según otros, a una Gallina inventada más bien por la leyenda.

    Seguro que si Lacan leyese este cuento, vería reflejado en el mismo, esa estructura masculina o el efecto de la lógica fálica.
    Besiños palmeiráns, querido Fidel.

    • Fidel Vidal di:

      Miña atenta Magdalena:
      Moitísimas grazas polos teus comentarios e polo conto do galo que rematou nun extenuante, supoñemos que pracer. Morrer, en vez de a “coiteladas”, a “coitazos”. De aí que me lembre do galo de Morón que, pola contra, rematou de moi malas maneiras. Seica vén dunha lenda do século XVI, referida a un recadador de impostos (ou dun xuíz) que ía de “gallito” e abusón pola vila, e acabou, a paus, “sen prumas e cacaraxeando”. Na Alameda de Morón de la Frontera, hai levantada unha escultura dedicada ao famoso galo.
      En relación ao “falo”, segundo as teorías de Lacan, non ten nada que ver, como adoita enterderse, especificamente co pene, nin con ningunha outra estrutura masculina: tan só é un “significante”, válido para o home como para a muller, é dicir, para o ser humano.
      Saudiña e gozo en cada acto.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>