Sobre a prohibición do incesto

incesto2Fidel Vidal. Dada a súa universalidade, a lei exclusivamente humana da prohibición do incesto, ten que ver coa natureza, e de valor semellante, segundo Lévi-Strauss (Tristes trópicos), “coa bioloxía, ou coa psicoloxía, ou con ambas as dúas; pero non é menos certo que, como regra, constitúe un fenómeno social e que provén do universo das regras, é dicir, da cultura, e en consecuencia atinxe á socio-loxía, onde o obxecto é o estudo da cultura”. Mais a lei pódese infrinxir dunha forma consciente e intencionada e mesmo, inconscientemente, durante o soño ao permitir a súa realización como expresión onírica dun desexo reprimido (non debemos esquecer que os soños tampouco están libres de censura). Esta frase, elaborada con resonancias freudianas, noutrora viu a luz na voz de Iocasta.

IOCASTA.-[dirixíndose a Edipo]Ti non temas as vodas da túa nai; moitos dos mortais uníronse xa en soños a súa nai. Pero aquel para quen nada valen estas cousas, soporta máis facilmente a vida. (Sófocles, Edipo, Rei) 

A significación do Edipo non se debe reducir ao conflito edípico imaxinario, ao que Lacan chama “a fantochada da rivalidade sexual”. A pasaxe, o paso polo Edipo desemboca na posición heterosexual e na formación do superego, onde Freud atopa a fonte da moral e da relixión.

A culpabilidade de Edipo, ao saber do amor pola nai –até ese intre só era unha muller chamada Iocasta-, é vítima dun infausto destino. Castígase coa castración (simbólica), cegándose, “para ver na escuridade o que non se pode ver na luz”. Iocasta, cando toma conciencia da súa responsabilidade, tanto da vida como da morte á que condenou ao seu fillo (de neno), e da relación incestuosa co mesmo (de mozo), non soporta esa realidade e termina louca e aforcándose.

incestoO maior desexo de Edipo era buscar a imposibilidade de prexudicar a quen consideraba os seus pais. O que debe suxerirnos este termo é a ansiedade e a culpabilidade do neno polos desexos parricidas e incestuosos, así como as consecuencias de seguir con eses desexos. “A culpabilidade e o descubrimento da verdade son os motivos centrais da obra de Sófocles e se reflicten nos principais trazos do complexo de Edipo” (Bruno Bettelheim, Freud e a alma humana).

A lenda de Edipo anticipa o descubrimento psicanalítico de que os desexos e os temores do neno teñen a súa contrapartida nos sentimentos dos pais cara aos fillos. Estes sentimentos consisten na “atracción dos pais polo fillo do sexo oposto e a súa ambivalencia (e incluso resentimento) cara ao fillo do mesmo sexo, e temen que o substitúa. Se os pais se deixan dominar por estes sentimentos, entón os resultados tráxicos corresponden aos que nos contan tanto o mito como a traxedia de Sófocles”. Edipo comportouse da forma que o fixo por unha razón: porque o seu pai e a súa nai o excluíron completamente cando era neno. Segundo Bettelheim, o neno que non é rexeitado totalmente por ambos pais xamais se comportará como Edipo.

2 comentarios en “Sobre a prohibición do incesto

  1. Querido Fidel; ayer cuando leí tu artículo me propuse leer nuevamente a Edipo Rey, y así lo hice. Lo leí de un tirón porque incluyendo la introducción solo tiene 96 páginas y la verdad es muy fácil de leer, parece que ha sido escrita en nuestros días. He anotado algunas de las frases me me han parecido fantásticas. Creonte, cuñado de Edipo, dice esto: “Afirmo que é igual rexeitar a un bo amigo cá propia vida, que é o que máis se quere. Co tempo recoñecerás que isto é certo, xa que o tempo é o único que amosa o home xusto, pois o malvado pode ser coñecido nun só día”. Tampoco lo que dice “o Mensaxeiro” en la página 84 tiene desperdicio. Y así citaría muchas frases de Iocasta y del propio Edipo, fantásticas.

    Los amores locos nos hacen perder el sentido. AMORES = MAREOS.
    Un bico, Fidel.

    1. Miña atenta Magdalena.
      Non só os amores tolos senón tamén, a veces, mesmo os amores cordos fannos perder o siso.
      Está visto que, como adoitan aconsellar algúns dos nosos mestres, non é ningunha tontería o volver aos clásicos. Neles abonda a sebedoría.
      Saudiña e moito SABER: ABRES BARES.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *