Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXII. Ventura Ruiz Aguilera

venturaRomán Arén. Ventura Ruiz Aguilera (1820-1881) estivo moi relacionado con tres das grandes figuras do Rexurdimento galego: Murguía, Rosalía e Curros. Poeta importante no seu tempo, aínda hoxe presente nas antoloxías, foi famoso polos seus Ecos nacionales (1849 e 1854), por Armonías y cantares (1865), pero tamén pola sátira La Arcadia Moderna /1867) e polas Elegías (1862). Foi tamén dramaturgo (Del agua mansa nos libre Dios, 1847) e novelista: El beso de Judas (1860) e El mundo al revés (1865). Outros libros seus de poesía son Libro de las sátiras (1874 e 1884) e Poesías (1880).

Amigo de Curros Enríquez en 1875 dedicoulle o poema “Los Aires de mi Tierra” (a obra Aires da miña terra do de Celanova sae do prelo en 1880), do que ofrezo dous fragmentos:

Días de sol deliciosos/ noches de luna serenas,/ auroras del seco estío,/ tardes de la primavera,/ traed hasta mí esos aires/ que encantan con dulces quejas/ los arbolillos del soto,/ las fuentes de la ribera,/ los picos de las montañas,/ las chozas de las aldeas;/ los airecillos gallegos,/ airecillos de mi tierra.

O poema alude tamén ao drama da emigración:

Hijos de esta noble patria,/ gallegos que allá, en América,/ noche y día tristemente/ suspirando estáis por verla…

O poema xoga co recordo de “Airiños, aires” de Rosalía, e foi publicado no ourensán <El Heraldo Gallego> o un de xullo de 1875.

Pero Ruiz Aguilera está na historia da nosa mellor literatura polo poema “La gaita gallega”, que dedicou a Murguía, e que provocou a réplica en verso de Rosalía, que esta engadiu na segunda edición de Cantares gallegos (1872). Ruiz Aguilera coñecía ben o libro rosaliano xa que o recensionara positivamente en <El Museo Universal> en 1864. Ademais, Rosalía traduciu poemas de Auilera, que apareceron en Armonías y cantares, na segunda edición de 1865.

 

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Poesía, Román Arén. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>