O delito como destino

cainFidel Vidal. O primeiro asasinato da historia da humanidade foi cometido por un labrego chamado Caín, primoxénito, que mata por celos o seu irmán, o pastor Abel. O día en que ambos os dous levaron ofrendas ao Señor, este aceptou soamente as primicias do gando de Abel rexeitando os froitos de Caín. Caín montou en cólera –debido á envexa causada pola decisión do Señor- e matou a Abel. Ao pouco o Señor, como se non o soubera, pregunta cinicamente:

-Onde está o teu irmán Abel?

-Non o sei –responde Caín-. Acaso son eu o gardián do meu irmán?

E Deus, enrabechado, condenouno:

-Maldito serás da terra. Cando a labres negarache os seus froitos e andarás errante e fuxitivo.

Un deus omnisciente e xustísimo debería aforrar estas bromiñas de conciencia, acerta a dicir Peter Sloterdijk (Crítica da razón cínica). Non son os pais, Adán e Eva, quen reprenden a Caín por matar o seu irmán. Faino o avó, o Deus, que non deixa en paz a ninguén cos seus mandatos e mandamentos, cos seus caprichos de neno malcriado, coas súas arbitrariedades. O aburrido rei que se resiste a deixar a coroa, e anda a se entremeter na vida dos netos. Por que despreza os froitos de Caín? Por amolar, por meter carraxe e celos entres os dous irmáns. Está visto que Deus non é vexetariano. Gusta demasiado da carne, mesmo cando a prohibe.

edipoA nai de Edipo sabe, e consinte, a morte do seu fillo por orde do pai, o seu esposo Laio. Edipo sálvase e o destino fai que apareza un novo (e verdadeiro) pai que o cría. Tamén a nai de Hamlet sabe e consinte a morte do pai do príncipe, o seu esposo, a mans do seu cuñado, o tío Claudio, con quen casa de segundas, converténdose en padrasto de Hamlet.

SOMBRA: (…) Así foi como, estando durmido, a mans do meu irmán perdín á vez, a miña vida, a esposa e a coroa; segado en plena flor dos meus pecados, sen viático, óleos nin preparación, as miñas contas por facer e enviado a xuízo con todas as miñas imperfeccións sobra a miña cabeza.(…) Non consintas que o tálamo real de Dinamarca sexa un leito de luxuria e criminal incesto! (Shakespeare, Hamlet, Acto Primeiro, Escena V)

Velaquí a máis antiga das maldicións:

REI: (..) Oh, atroz é o meu delito! O seu corrompido fedor chega até o ceo! Sobre el pesa a máis antiga das maldicións: a do fratricidio! (Hamlet, Acto Terceiro, Escena III)

3 comentarios en “O delito como destino

  1. Gracias a ti Fidel, por tus comentarios. Y mira, voy a darte la razón : a veces perdemos la chaveta buscando confusamente a Dios. ” DIOS – IDOS.
    Besiños.

  2. Querido Fidel; nunca me he reído de las cosas sagradas pero esta mañana al leer tu artículo tuve que reírme. ¡ Ay, Jesús, que cosas dices ! ¿ No crees que “el abuelo” preguntó al fratricida por su hermano, solamente para ponerle en un aprieto ? yo creo que lo que más le molestó ( además de ofrecerle lo peor de sus cosechas ) fue que sacrificase a un pobre burro para matar con la quijada del jumento, al que le brindaba lo mejor que le daba la tierra.
    Ese Dios que dices que no nos deja en paz con sus mandatos y mandamientos. ¿ No te has parado a pensar que Él, fue el que nos regaló los diez primeros números? luego… el resto ya los hemos puesto nosotros. Y ¿ que con esos caprichos de neno malcriado nos regaló la Ley ? Y la Ley es buena, lo malo es la jurisprudencia que es la que hemos inventado también nosotros. ¡ Ay, Jesús !
    Y referente a la madre de Edipo, que se hacía llamar, YOCASTA. Eso no hay quien se lo crea.
    Biquiños, Fidel.
    ¡Jesús! ¡ Achís !

    1. Jesús!, miña atenta Magdalena:
      De non haber lei non habería pecado, sentenciou o converse Paulo. Mais sempre se trata de leis propostas desde o poder. A pouco que nos fixemos, o que en realidade nos están a pedir é que os respectemos e queiramos (como se fose doado amar por decreto), que non desexemos nin os seus bens de riqueza nin as súas parellas, que non nos riamos deles, etc. Estamos moi necesitados de sentido do humor, eu o primeiro. Por iso penso que é saudable tomar as cousas (non xa as dos deuses senón mesmo as dos homes) con certa tranquilidade de ánimo e neutralidade de xuízo.
      Quedo, coma sempre, agradecido polas túas acertadas e aceiradas consideracións. Unha forte aperta e Saúde! para os Achis! que veñan.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *