A sociedade do espectáculo, 50 anos despois

socieGonzalo Trasbach. Xullo de 1968. Camiño de Londres vía Calais, atraveso París desde a Gare du Sud até a Gare du Nord. No chan das rúas e das calzadas, no inmobiliario urbano e nas paredes dos edificios aínda quedan sobras e pegadas da insurrección que tivo lugar durante a primavera e conmocionou Francia e tamén o resto de Europa. Un aínda se atopaba felizmente nas nubes e non sabía de nada diso. Aquel acontecemento bautizárono coma Maio do 68 e resultou ser un feito chave nas conversas universitarias de Santiago nos anos posteriores, coido que especialmente do 70 en diante. Coa perspectiva do tempo pasado, decátome da miña prosa ou retórica etílica, pois, agás uns poucos, nada ou só uns cantos tópicos sabíamos daquel fito histórico que Deleuze si viviu e logo definiu como <a irrupción dun devir en estado puro> (Conversaciones. Pre-textos).

Xa teño comentado neste Café que, polo menos no capítulo musical, a colleita do 1967 foi unha das máis douradas daquela década. Seguramente no mesmo ano puxéronse á venda moitas obras doutros eidos artísticos dun valor incalculable. Dalgunhas soubemos moito máis tarde, porque o réxime que nos esmagaba vivía de costas ao mundo. Queremos hoxe lembrar unha xoia, tal vez sexa mellor dicir torpedo, daquel tempo.

cfe5e8459903120eb6365e3b6ddb5ebd--situationist-international-guy-debordNovembro de 1967: publícase en Francia La Sociedad del espectáculo (Pre-textos), a obra de Guy Debord da que non tiven coñecemento até finais dos anos oitenta e mediante a fotocopia dunha edición latinoamericana. Nacido o 28 de decembro de 1931, o autodidacta Debord fundou en xuño de 1957 a internacional Situacionista, agrupación que disolveu en 1972. Nós, xa universitarios, non tiñamos información ningunha sobre a edición deste volume, e moito menos sabíamos do seu potente e rompedor contido.

Maio de 1968: poucos meses despois da aparición deste documento insurreccional, estalou en París un movemento revolucionario non estritamente obreiro ou de clase, senón un movemento que hoxe en día podíamos clasificar de interclasista ou talvez de transversal: reivindicaba o dereito a controlar a propia vida e abominaba da miseria do cotián, e ademais negábase a deixarse organizar polos canles da esquerda oficial (PCF e troskistas…) e sindicatos institucionais, e finalmente non recoñecían os estados da órbita soviética.

Para Debord a teoría revolucionaria é sempre verdadeira e eternamente moza, porque o real é a revolución (1968, 1936, 1917, 1870) e o resto non é máis que ilusión e falsidade. Dende esta posición tan radical (?) o mesmo Debord, ese “espírito libre” que non sentía pudor á hora de citar a D’Ors e que traduciu ao francés as Coplas de Jorge Manrique, foise transformando nunha figura fantasmal, un espírito exiliado do Planeta Revolución (ou Planeta Historia) condenado a vagar polo deserto dunha perpetuidade ahistórica na cal a súa voz non pode máis que clamar sen eco.

descargaSegundo Giorgio Agamben, cando en novembro de 1967, Guy Debord publicou La sociedad del espectáculo, a transformación da política e da enteira vida social nunha fantasmagoría espectacular non tiña alcanzado aínda a figura extrema coa que hoxe chegou a sernos perfectamente familiar. Tanto máis notable é a implacable lucidez do seu diagnóstico. Engade o pensador italiano (Roma. 22 de abril de 1942) que o capitalismo na súa forma última -así argumentaba, radicalizando a análise marxista do carácter de fetiche da mercadoría, naqueles anos tan estupidamente desatendida- preséntase coma inmensa acumulación de espectáculos, na que todo o que era directamente vivido afastase nunha representación. O espectáculo non coincide, en cambio, simplemente coa esfera das imaxes ou con isto que hoxe chamamos “media”: é unha <relación social entre persoas mediada polas imaxes>, a expropiación e a alienación da mesma sensibilidade humana.

mayo_68Ou tamén nunha ou cunha fórmula lapidaria: <o espectáculo é o capital en tal grao de acumulación que se converte en imaxe>. En que modo hoxe en día, na época do completo triunfo do espectáculo, o pensamento pode recoller a herdanza de Debord?, pregúntase Agamben. Guy Debord, pensador estratéxico, aventureiro, escritor e cineasta, tomouse a súa propia vida en 1994, cando estaba a piques de cumprir 63 años, disparándose un tiro no corazón. Cincuenta anos despois, a súa obra resiste con frescura o paso do tempo, e en cambio a Revolución Rusa quebrou moito antes de chegar ao seu centenario.

12 comentarios en “A sociedade do espectáculo, 50 anos despois

  1. He vuelto a leer tu comentario y veo que me aclaras todavía más lo que viene perfectamente explicado en tu artículo. Lo que falla es mi falta de conocimientos filosóficos. Aun así, me encanta leer cuanto escribes porque no eres enrevesado y llegas a todos. Otro abrazo.

  2. ¡ Ay, gracias Antón ! qué subidón más grande. Lo malo es que no se me escapan, están ahí por desconocimiento.
    Un bico moi grande por seres tan bo.

  3. Seguro que estarías pensando en otra cosa para que se te colasen esos 6 errores ortográficos Gonzalo. A mí me encantaría que Antón enmendase el montón que por falta de conocimiento meto en todas mis entradas. Se me cae la baba cada vez que leo las de Mari Carmen. Eso sí que es escribir.
    Antón, ¿ puedes poner una rayita roja en dónde me faltan acentos y también dónde sobran ? así las anotaría en otra de mis libretas.
    Querido Antón, espero sepas perdonarme esta broma pero, la verdad es que sería estupendo tener un “corregidor” ( no de los de vara) como tú.
    Besiños palmeiráns para los dos y otro, para mi Mari Carmen.

    1. Querida Magdalena: xa quixeran moitxs escribir coma ti. As poucas faltas ortográficas que se che poidan escapar non lles quitan valor aos teus comentarios, que adoitan ser de altura. Bicos

  4. Querido Gonzalo:
    Yo también te eché en falta, a pesar de asomarme a vista de pájaro por Café Barbantia.
    Últimamente son muchas las “obligaciones” en las que ando metida y mi tiempo no da para más.
    En la época a la cual se refieres tu artículo, me encontraba en Madrid. Recuerdo que salía del Palacio de Telecomunicaciones (hoy Ayuntamiento) una mañana de finales de mayo del 68, y no tuve más remedio que volver a entrar o me vería metida de lleno en la algarada que se había organizado en la Plaza de Cibeles, entre viandantes y “grises”, como eco de lo que estaba ocurriendo en París, Praga y otros lugares de Europa.
    Sobre Guy Debord… te digo lo mismo que Magdalena: hasta hoy no tenía el gusto de conocerle. Y no estoy de acuerdo en que “toda revolución es siempre verdadera”. Tal vez como revulsivo para despertar conciencias adormiladas… Pero, a veces, el resultado es peor que lo anterior. Sin que esto haga referencia precisamente a la Revolución de la que trata tu artículo.
    Totalmente de acuerdo en que “hemos pasado a ser una realidad colectiva manipulable”, que “la desinformación es el mal uso de la verdad” y que “quien la difunde es culpable y quien la cree, imbécil”. Y de otras muchas cosas en las que cree este filósofo. Me pregunto qué pensaría hoy Debord si opinaba así en 1967…
    Pero algo parecido ya lo decía Feuerbach en el siglo xix. También estoy de acuerdo con él en que “Dios es una creación del hombre”. Pero esa creación humana tiene como base –pienso yo- la prueba ontológica de la existencia de Dios, para mí la más auténtica aunque sea la menos consistente para muchos. En resumidas cuentas: creo que el hombre ha modelado un dios a su imagen y semejanza, pero desde una creencia anterior de la existencia de Dios. Y también creo que hoy más que nunca el hombre tiene necesidad de dar sentido a su existencia no dejándose arrastrar por determinismos fatales y que la fe –bien entendida- lejos de apartar al hombre del hombre, lo acerca más.
    Y ahora quiero decirte que me hubiese gustado haber estudiado Filosofía para poder profundizar en el hecho religioso.
    Y aquí termino esta “disertación filosófica” deslavazada, enviándote un fuerte abrazo.

    1. Buenos días Mari Carmen. Creo que puedo estar de acuerdo con bastante de lo que dices, aunque tal vez cambiando algunos nombres. Si no creo en Dios en el sentido estricto y tradicional del término, puedo decir y lo afirmo que sí creo en algo que llamamos Sagrado. En favor de Debord he de decir que no dice que toda revolución sea verdadera, sino la teoría revolucionaria. Él ya no creía en la Revolución Rusa, que había muerto porque se había desviado, por así decir, de su componente “religioso”. Pero es que Debord, a su pesar, aún se movía en el plano de la Historia, en detrimento de lo ahistórico. En fin, un rollo, querida amiga. Gracias por tus palabras.

      1. Como ando sempre a correr esquecinme de comentarche unha cousa Mari Carmen. Iso de estudar ou non filosofía nunca pensei que tivese moita importancia (non é garantía de nada). Neste sentido cóntoche algo que me pasou fai pouco na piscina. Cando me detiven ao final na miña rúa, había unha señora que eu coñecía dende pequeno. Tampouco é máis vella ca mín. Entón ela preguntoume se era imán de José e dínxenlle que sí. Cando era moza casou e foise para Vigo na época na que eu estaba en Santiago. Esa era a razón pola que non me tiña asociado co meu irmán máis vello. Entón preguntoume que estudara e cando lle dixen Filosofía, desternillouse de risa e non o fixo con mala leche. Lembreime da anécdocta que se conta sobre Heráclito (ou Parménides, non estou seguro). Un atardecer cando regresaba para a casa, viña tan subido nas nubes da súa meditación que se meteu de cheo nunha charca. Como estaba cerca da casa, a sua criada que o estaba observando dende a fiastra, soltou unha risotada que foi o que baixou á terra. A cousa é divertida, aínda a mín falta graza para relatala. Boas noites.

  5. Muchísimas gracias Gonzalo por tus amables palabras. Ya me gustaría ser tan corajuda como tú me consideras pero, de todas maneras es un honor escucharlas de una persona como tú. Y referente a que cada vez te cuesta más escribir… eso, ni en broma. Serías muy egoísta dejando sin tu sapiencia a mucha gente.
    Besiños palmeiráns.

    1. Bos tardes Magdalena. Mira como son as cousas. Se non fose por Antón Riveiro, xa tería perdido todas as gañas. Grazas a él, non sairon no texto 6 erros ortográficos. Así que ademais de a ti polos teus ánimos, amoso o meu agradecemento a Antón. Que todo vaia ben.

  6. Boas tardes-noites querida Magdalena. Moitas gracias polos ánimos que me dás para continuar adiante coa tarefa de escribir, a cal me costa cada vez máis. En todo caso, teño que dicirche querida amiga: quen me dera ter a túa sabiduría, a túa intelixencia natural e o teu temple de ánimo, a túa coraxe. En relación con isto, escoiteille unha vez ao banqueiro Dragi que os cartos pódense perder e volver a recuperar, pero cando unha perxoa perde a coraxe, seguramente nunca a volve recuperar. Apertas boirenses. Insisto, moitas gracias polos ánimos que sinto nos teus comentarios.

  7. Querido Gonzalo: ¿ sabes qué ya te echaba de menos? ¿ dónde estará metido Trasbach? me preguntaba. Y claro, estabas preparando lo que hoy has dejado en la Cafetería Barbantiana. Y apareció “mi nudo gordiano” pero como soy muy terca, y aunque tenga que pasar las de Caín, no por eso voy a dejar de lado el placer de contestarte. Y a pesar de tener que improvisar esta entrada, aquí estoy . No para hablarte de Guy Debord porque nada sé de él, ni de su obra; pero sí decirte, que todo lo que escribes lo considero muy interesante y que leo todos tus temas (a pesar de mi desconocimiento hacia ellos) con mucho interés. Me encantaría poder aportar algo concerniente al contenido de los mismos pero, mi cultura es la de sota, caballo y rey.
    Esperando gustosamente de nuevo otro artículo, te mando como siempre besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Gonzalo Trasbach Paz Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *