Un artista da fame, de Franz Kafka

fameFidel Vidal. Ademais dos motivos relixiosos (o xaxún pola Coresma), políticos ou de protesta (folgas de fame), ou por razóns médicas (dietas especiais), houbo outras formas de pasar sen comer, coma os profesionais que xaxuaban por mor de daren espectáculo, diversión para a xente. Eran tempos de pobreza nos que estes homes gañaban o sustento de mañá pasando fame hoxe. Se noutrora -estamos a falar de finais do século XIX e principios do XX- abondaban as representacións dos “xaxuadores”, tempo despois deixaron de se exhibiren por falta de interese no público.

Eran uns profesionais que, durante a súa longa actuación encerrados nunha gaiola con palla no chan, contaban cos seus abonados, e participaban como espectadores tanto nenos como adultos, estes contemplándoos como unha escena de risa e os nenos abrindo os ollos con asombro ante a extrema delgadeza do suxeito. O límite comercial de atracción roldaba os 40 días. (“Son a persoa máis fraca que coñezo”, escribe Kafka nunha carta a Felice. “Un espectro agardando polo Xuízo Final”).

Cantar ou comer coa boca chea, ou sorber a sopa, son rexeitados como de mala educación dentro das denominadas boas maneiras na mesa. Teñen a súa orixe nunha medida hixiénica, nunha medida de prevención, xa que logo poden causar un atragoamento por aspiración, e mesmo un tráxico final por asfixia.

O artista da fame -título dun dos relatos de Kafka que el mesmo valorou, xunto con Xosefina, a cantora, ou o pobo dos ratos, digno de publicación-, no tempo do xaxún só lle permitían tomar auga. E para non faceren trampas, ademais dos asistentes, había vixilantes contratados polo público para evitalo. Os gardas nocturnos eran os máis odiados polos xaxuadores, non porque aqueles actuaran ao despiste xogando ás cartas, senón polo que significaba: a dúbida da honradez dos artistas. Ao cabo eran profesionais portadores dunha dignidade. Para garantiren a súa honra, nesas ocasións os expertos do xaxún púñanse a cantar. Porque non se pode comer mentres se canta. No entanto había algúns habilidosos que eran quen de engulir entoando unha canción.

Interior_de_la_planta_de_CangasIso lémbrame o que, de cativo, relataban as traballadoras das conserveiras (maiormente mulleres) quen, por orde do “encargado” (habitualmente un home), mentres empacaban o bonito nas latas, non podían deixar de cantar, como se formaran parte dun alegre ensaio coral. Dese xeito, se algunha caía na tentación de meter na boca un cacho de atún durante a xornada laboral, axiña era localizada. Ignoro se nas fábricas de conserva, tan abundantes daquela na nosa bisbarra, dérase o caso dalgunha artista capaz de comer mentres cantaba.

Pasados os anos o noso “xaxuador” seguía exercendo o seu oficio. Estaba obrigado a xaxuar “porque non podía facer outra cousa”. “E por que non?”, preguntaron. “Porque non fun quen de atopar unha comida que me guste”, respondeu nun débil murmurio. O personaxe do conto de Franz Kafka, un artista vocacional do xaxún, polo devir da historia e a decadencia desta arte, ao final acaba converténdose en algo residual e desbotable, no que sobra, é dicir, nun real e auténtico residuo.

 

 

5 comentarios en “Un artista da fame, de Franz Kafka

  1. Gracias, Fidel; dos más para mi colección, a pesar del pequeño fallo de la Z, lo considero precioso. Y ya que me has iluminado con la luz de un volcán y con Dante, yo voy a resarcirte con la luz de una bombilla y con con un prolífico inventor estadounidense . NOS IDEÓ EDISON.
    Espero te guste el palíndromo.
    Y ahora, este anagrama:
    No tuvieron arrestos y se quedaron en la retaguardia. ARRESTOS – TRASEROS.
    Con muchos arrestos y siempre en vanguardia, cariñiños, Fidel, para ti y todos los barbantianos.

  2. Un triste e lamentable espectáculo. A BREVE VERBA, miña atenta Magdalena.
    Vouche pasar outro, este do escritor mexicano Arreola: ETNA DA LUZ A DANTE.
    Boa saúde e apertas apetitosas.

  3. Querido Fidel; desconocía por completo esa manera de ganarse el sustento: “pasando hambre para poder comer”. Casi todos nacemos para ganarnos la vida y terminamos perdiéndola, pero estos ayunadores seguro que la perderían antes que los demás. No cabe duda que gestiones de abstinencia dentro de la jaula las hacían, porque digestiones, lo que se dice digestiones… ¡ Cuarenta días ! esos, fueron los que Jesús estuvo ayunando en el desierto. ¿ sería por emularlo ? ¿ o acaso sería por el Papamóvil ? quiero decir, por un auto de fe. Bueno, de lo que sí estoy segura es que después de salir de la jaula con lo recaudado de la gestión de frugalidad se comerían una buena ración de lacón, que en su estado de renuncia al condumio le sabría mejor que una lección de Lacan.
    Me ha encantado el artículo. ¡ Cuántas cosas se aprenden tomando un café en el sitio idóneo para tomarlo!
    Estaba terriblemente estólida pero me has hecho latir el corazón, ESTÓLIDAS – DIÁSTOLES.
    Un besazo desde el fondo del mismo.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *