Blasfemando contra Disney

fabula-rana-y-escorpionX. Ricardo Losada. CONTO. Nun río vive unha ra que axuda a outros animais a cruzalo. Un día pídello un escorpión. “De ningunha maneira”, di a ra, “seguro que me inxectas un veleno e morrerei”. “Como vou facer iso!”, retruca o escorpión, “fundiríaste no río e eu, que non sei nadar, seguiría a mesma sorte”. A ra, convencida polo razoa-mento, acepta, e cando están no medio do río, o escorpión pícaa. “Por que?”, pregúntalle a ra, mentres perde pouco a pouco as forzas. “Non puiden evitalo”, di o escorpión, “é a miña natureza”.

CHISTE. Señores do tribunal –di un avogado durante o discurso de defensa-, o meu opoñente móstrase pródigo á hora de imputar aos acusados os máis viles comportamentos. Onte acusou a un cidadán de ter a ousadía de roubar a plena luz do día. Hoxe acusa a outro de ter a maldade necesaria para roubar de noite. E eu pregunto, señores do tribunal, cando se supón que debe roubar o meu cliente?

PENSAMENTO. Wystawva Symborska di que comer plantas non é tan inofensivo como parecen pensar os vexetarianos. As plantas tamén teñen vontade de vivir. Que non sangren non quere dicir que o seu asasinato non sexa unha carnicería. Se a alguén lle parece unha conclusión desagradable, di a poeta polaca, ela comprenderao, pois calquera aproximación que fagamos á natureza conduce inexorablemente a conclusións desagradables.

COROLARIO. Sánchez Ferlosio di que Walt Disney era “un corruptor de menores nunca bastante execrado, o máis mortífero cancro cerebral do século XX”. Supoño que o diría porque enganaba os nenos edulcorando a natureza. Nas súas historias, o escorpión e a ra cruzarían o río e acabarían casando; o avogado conseguiría a absolución do ladrón e este, agradecido, rehabilitaríase, traballaría duramente e acabaría no cumio do éxito social; humanos, animais e plantas convivirían nunha selva idílica.

884Estou de acordo con Ferlosio pero, en canto o penso, deixo de estalo. Considérome un tipo agradecido e teño disfrutado moito coas películas de Disney. Entón, supoño que para evitar esa contradición, cóntome a min mesmo o seguinte conto: Ferlosio pídeme que, en vez de ver películas de Disney, cruce subido nos seus libros o mar desde a ribeira da ignorancia á ribeira da sabedoría. “De ningunha maneira”, dígolle, “prefiro ser un ignorante optimista antes que un sabio pesimista. “Non te preocupes”, teima Ferlosio, “acabo de escribir o meu libro máis optimista. É o que che recomendo”. Convencido polo prestixio do autor, acabo lendo o libro e, á metade, estou profundamente deprimido. “Por que me enganaches”, dígolle, “é un libro moi pesimista”. “Si, esa é a miña natureza”, dime, “pero non te enganei, é o meu libro máis optimista”.  

6 comentarios en “Blasfemando contra Disney

  1. Si, é paga a pena ler as entrevistas que lle fixeron. Aínda que non coincido con
    el en moitas cousas, sempre é un pracer escoitar a esas persoas que, pola idade,
    non teñen servidumes intelectuais nin políticas, e din o que realmente pensan.
    Apertas

  2. Acabo de escuchar una buena noticia: hoy ha cumplido 90 años alguien a quien yo ya había pasado a mejor vida regalándole incluso epitafio.
    Feliz cumpleaños señor Sánchez Ferlosio, deseo que cumpla muchos más.
    Amen.

  3. Pues te diré, querido profesor, que de Amancio Prada tengo un libro firmado por él, “Coplas a la muerte de su padre Jorge Manrique” (disco incluido) y me encanta. El libro está manuscrito por Pablo González y es una preciosidad.
    El gregoriano me relaja y me hace levitar como a Santa Teresa ( mentalmeeente )
    Y Mario Moreno, ¡ ay ! mi Cantinflas del alma, ¿ qué puedo decir del que tanto me ha hecho reír? ¡ Que fue un personaje grande, a pesar de su estatura !
    Y los epitafios claro que son tristes, pero algunos desafían al sentido común (que es el menos común de los sentidos) por su originalidad. Uno cortito: “Se ahorcó para levantar cabeza”
    No, no me lo pidas, que no te vendo mis libretas, lo que sí te doy es un beso.

  4. Conste que son un admirador de Sánchez Ferlosio, aínda que a veces me pareza máis brillante que intelixente, tanto no lugar desde o que aborda os problemas como no estilo literario. Respecto ao pesimismo, é curioso. O meu optimismo nace dun esceptismo profundo, de aí que os autores pesimistas, mesmo gruñóns, me gusten moito, e me animen os días do mesmo xeito que me anima o canto gregoriano ou Amancio Prada, música que á maioría das persoas lles provoca tristeza. No epitafio que ti citas “Aquí yace un muerto, y encima pesimista” todo é tan triste que fai rir. Agradézolle moito aos deuses ou ao ADN (depende de se estou máis ou menos optimista) que, cos anos, me estean fortalecendo a capacidade de rir nun mundo tan triste.
    (Teño a sensación de que escribín algo un tanto confuso, pero aí vai. Cantiflas era confuso pero tamén me facía rir moito).
    Unha aperta agradecida

  5. Buenas tardes querido profesor; has tardado en aparecer esta vez, pero ha merecido la pena aguardar. Me ha parecido un cuento muy singular. Siempre me han gustado mucho las fábulas por su carácter didáctico, son la expresión de una conducta ejemplificada a través de una breve historia, y la has mezclado con un chiste estupendo, un pensamiento a mi parecer muy razonable y un corolario en el que discrepas ( y creo que haces bien ) con Sánchez Ferlosio.
    Yo también disfruté y mucho, con Walt Disney y de toda la literatura infantil a pesar de que ahora nos parezcan macabros ciertos cuentos. Lo que ocurre es que Sánchez Ferlosio no pensó que la mayoría de las infecciones intestinales de ciertos lobos, provienen de haber comido muchas Caperucitas Verdes y de eso Disney no tenía la culpa. Menos mal que el cuento que te cuentas a ti mismo es muy positivo “es tu naturaleza.” En el epitafio de Ferlosio seguro que pone : “Aquí yace un muerto, y encima pesimista”
    Besiños palmeiráns moi positivos.

Deixa una resposta a x ricardo losada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *