Galicia e os galegos na poesía castelá LXXV. Laverde Ruiz

laverdeRomán Arén. O santanderino Gumersindo Laverde Ruiz (1840-1890) foi profesor en Galicia e no noso país editou os seus Ensayos críticos sobre filosofía, literatura e instrucción pública españoles (Lugo, 1968). Moi amigo de Menéndez Pelayo, foi coma el antikrausista, pero foi tamén poeta e en 1951 reuníronse os seus versos nunha Antología. Na súa correspondencia co polígrafo santanderino coma el, hai alusións a Rosalía: “Estoy leyendo Follas Novas de Rosalía Castro de Murguía, gran poetisa y maestra del habla gallega; pero tocada del pesimismo escéptico de Heine y Bécquer, que descorazona”. Sabemos que dedicou un poema á autora de Cantares Gallegos e mesmo que escribiu un epigrama en galego, pero non faltan as referencias a Galicia nas súas poesías:

Cuando en el seno de la noche umbrío/ vi tu patria, a lo lejos, adormida/ de neblinas undívagas ceñida,/ arrullándola el bosque y hondo río…

O poema titúlase “A Gayosina cuando entré por primera vez en Galicia”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *