Sempre en obras

o fioUxía Casal. Hai pouco recibín efusivas mostras de afecto dunha persoa, algo que non debería sorprender e, de feito, non foi sorpresa o que sentín, pero si abraio cando ollei para atrás e constatei as variadas fases que atravesou a nosa relación ao longo dos anos. Sospeito que non son a única á que lle ocorre deterse a pensar nun momento dado como vai cambiando a vida a medida que pasamos polo tempo, que por moito que coidemos rematada unha angueira, trabucámonos por completo, pois as angueiras transfórmanse, pero non rematan nunca.

Somos seres vivos, humanos que actuamos dun xeito determinado nunha etapa concreta, mais iso non implica que nos manteñamos estáticos. Nunca deixamos de construírnos, movémonos sen cesar, mudamos de ideas, de lugares, de actitudes, de amizades…; mudamos de vida case sen decatarnos, ás veces mesmo penso que mudamos de alma.

Somos coma unha casa que sempre está en obras, porque sempre hai algo que cómpre engadir ou retirar, modificacións necesarias para mantérmonos en pé e seguirmos adiante mellor equipados para encarar as novidades que se nos crucen no camiño. Supoño que niso consiste crecer, e quen se aferre ao xa vivido e se negue a avanzar pode ter a certeza de que xa está morto.

Esta entrada foi publicada en Fotografía, Narrativa, Uxía Casal. Garda a ligazón permanente.

4 respostas a Sempre en obras

  1. Magdalena di:

    Tienes razón, la que pintaba era tu madre. Pero tú pintas todo lo que escribes. Un beso, reina.

  2. Uxía Casal di:

    Grazas polo voso aprezo. Quen pintaba era miña nai, Magdalena; eu fixen uns poucos “pinitos”, pero cruzouse a literatura no camiño e iso intento: seguir o camiño o mellor que podo.
    Bicos aos dous.

  3. Magdalena di:

    Apreciada Uxía: ayer por la noche te leí, estuve para contestarte pero otras cosas se interpusieron y lo dejé para hoy. Veo que mi amigo Trasbach te ha dejado algo muy sensato y oportuno, pues todo lo que escribes,
    también lo considero bueno y con una sensibilidad extraordinaria. enhorabuena,Uxía.
    Referente a las fases de la vida, la sapientísima Diotime decía: “Por más que se diga de un individuo, desde que nace hasta que muere, que vive y que es siempre el mismo, en realidad no se encuentra nunca en el mismo estado ni en la misma envolvente, sino muere y renace sin cesar, en sus cabellos, en su carne, en sus huesos, en su sangre, en una palabra en todo su cuerpo, y no solamente en su cuerpo, sino también en su alma; sus hábitos, costumbres,opiniones, deseos, placeres, penas, temores y todas sus afecciones no permanecen nunca los mismos; nacen y mueren continuamente”.
    Esas efusivas muestras de afecto que has recibido, son de una persona que ahora se encuentra en esa otra fase de crecimiento, como nos enseña Diotime y como tú misma ejemplificas con la casa que está en obras.
    Te deseo lo mejor, Uxía, espero que sigas pintando como quiso tu progenitora y que continúes irisando con tus comentarios este Café barbantiano.
    Besiños palmeiráns.

  4. Gonzalo Trasbach Paz di:

    Boas tardes Uxía. Só che quero dicir un refrán, que creo rezaba así: O bo, se breve, dúas veces bo. Saúdos cordiais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>