Terra de Deus (God’s Own Country), de Francis Lee

1421321.jpg-c_300_300_x-f_jpg-q_x-xxyxxIgnacio Castro Rey. A película de Lee comeza cun mozo túzaro que traballa nunha granxa familiar cravada nunha paisaxe desolada do norte de Inglaterra. Roña, animais de parto, frío, vellos aldeáns, traballo sen termo. Algunhas noites, para desesperación do seu pai e a súa avoa, Johnny desafógase nunha taberna da vila máis próxima, onde bebe ata o vómito e ten sórdidos encontros homosexuais. A nación que foi tan puritana neste aspecto, segue obrigando os “sodomitas” a breves encontros clandestinos.

En favor de God’s Own Country pódese dicir, non obstante, que a homosexualidade nin quita nin pon nada esencial nesta historia. A vida de Johnny sería a mesma, ou moi parecida, con compulsivos encontros heterosexuais empuxados pola mesma soidade. O máis característico desa vida é a súa desesperanza, unha teimuda hosquedad cotiá. Non só o malhumor co que o personaxe central castiga a todo o que o rodea. Empezando polos seus parentes máis próximos e seguindo cos seus veciños e cos ocasionais amantes que atopa, e ás veces, cos animais ao seu coidado.

Hai que mencionar no “haber” desta preciosa primeira longametraxe de Lee non caer na coñecida satanización dos maiores. Nin ao aldeano case parapléxico que é o seu pai Martin nin á súa forte avoa Deidre parecen preocuparlles as prácticas sexuais do mozo da casa. O que lles angustia é o seu silencio malhumorado, as súas escapadas nocturnas, a completa infelicidade da súa reseca ao día seguinte. De feito, nalgún momento da cinta coméntase que os problemas cardiovasculares do seu pai proceden do estrés, non só do que provoca o gando aterecido que hai que atender todos os días, senón o único descendente que non regala nadiña de nada de tenrura ao seu entorno. Na balanza sentimental, é o mozo o que é implacable e son os maiores os que parecen, dentro dun hermetismo campesiño de ollos claros, un pouco máis humanos.

2As crónicas da película contan que todo cambia cando aparece en escena Gheorghe, un tranquilo inmigrante que chega á granxa familiar para traballar durante a estación de cría. É certo que o mozo rumanés é unha especie de semideus neste universo desanxelado. Pero Johnny está tan cristalizado na hostilidade que tardará moito en cambiar, bastante despois dos primeiros escarceos sexuais con Gheorghe e tamén despois de contemplar, con certo estupor, o esmero con que o traballador estranxeiro coida dos pequenos animais indefensos ou contempla arroubado unhas montañas que para o lugareño son indiferentes.

O máis emocionante de Terra de Deus é que resiste o case previsible frenesí das escenas sexuais coas que os mozos comezan a coñecerse, uns encontros ansiosos que xa temos visto miles de veces noutras ocasións. O erotismo deste traballo fílmico de Lee non está aí, senón na forte tenrura de Gheorghe, que a estende aos animais que coida; no lento asombro que se produce na alma do case desalmado Johnny; na beleza tétrica dunha paisaxe baleira; no namoramento tardío dos dous, mesmo nunha divertida escena na que suxiren que poderían vivir xuntos. Finalmente é Johnny, nun principio o máis necesitado, quen ten máis fe no futuro “matrimonial”da relación.

Tierra-de-Dios-2-e1511381353913Naturalmente, é tamén el quen está a piques de botalo todo a perder. Como non concibe que se poida vivir doutro xeito que na infelicidade en que está amurallado, unha noite ociosa na vila volve a unha sordidez que só os humanos coñecen. Tres dos momentos máis conmovedores nos que se precipita este filme, moi afastados dos convencións tradicionais e alternativas, son unha castidade fiel ao amor que non necesita recompensa nin tampouco dicir o seu nome. Apartando a avoa, nunha escena vemos a Johnny bañando con coidado o torpe corpo espido do seu pai, despois do seu segundo derrame. Escoitando unhas insólitas “grazas”, o proxenitor, apenas rozándolle a man, ao fin ve algo de humanidade nun fillo que nin emigra nin queda. A segunda escena representa a un Johnny roto pola fuxida de Gheorghe, que el mesmo provocou, intentando explicarlle ao seu pai que os ten que deixar temporalmente para tentar de traelo de volta. O estado semicatatónico de Martin esboza entón un xesto de compaixón heroica, por enriba da suposta cerrazón labrega: <¿Serás feliz entón>, pregunta o pai para poder asentir.

Sen ningún membro sexual colgante, que abundan nesta cinta, o colmo do erotismo prodúcese no reencontro entre os dous mozos. Cando Gheorghe se resiste a crer o seu amante, que tantas veces o ten traizoado, sacando unha forza inesperada da súa tristeza, Johnny dille: <Teño viaxado todo o día en autobús para virte buscar. Necesito que a miña vida non sexa un desastre>. tierradedios2E é esta enteireza viril, por fin, a que vence a seriedade de Gheorghe. Non é inimaxinable despois unha felicidade homosexual que ten que adoptar nenos para finxir normalidade, pero si a doce rutina de dous homes atormentados que teñen aprendido primeiro a estar sós, e despois a amarse, criando animais como forma de pertencer a un sitio e habitar esta áspera terra.

É inevitable que se deslicen algúns tópicos. Por exemplo, como se só houbese vida ao oeste de Yorkshire, ese intre no que Gheorghe responde que se foi de Romanía porque <é un país morto, ateigado de vellos que choran a marcha dos seus fillos>. Tamén algunhas situacións de frenesí corporal que alimentan unha imaxe un tanto manida da homosexualidade. Pero eses pequenos detalles non danan, máis ben realzan, esta fermosa elexía visual en torno á soidade do home e o misterio das paisaxes. En torno ao amor e coidado e o medo que compartimos cos animais, a fidelidade e certa coraxe fronte ao irremediable.  

3 comentarios en “Terra de Deus (God’s Own Country), de Francis Lee

  1. Querida Magdalena, áparte dos premios a cinta de Lee é inesquencible, ou case. Non o digo soamente eu, senón outras e outros de moi distintos medios… En canto ao meu libro, obrigado! Cando me achegue a Boiro a ver se nos vemos e asino ese exemplar teu. Lémbrame ao meu email que che mande una especie de “índice temático” que é una boa axuda para entrar nese labirinto de case 500 páxinas. Unha apertas e grazas de novo. Ignacio

  2. Buenos días, Ignacio; es un placer encontrarte de mañana por este café. La película que recomiendas, tal como la describes, parece muy interesante y veo que ha sido calificada de cautivadora, fascinante e imprescindible, por festivales de renombre. Habrá que ir a ver esa “cinta” como la denominaban antaño.
    Ya tengo tu libro, ÉTICA DEL DESORDEN pero nada puedo decirte de él, porque todavía no lo he leído. A ver si surge la ocasión de que un día pueda tenerlo con tu firma, será un honor.
    Felices fiestas, Ignacio. Un abrazo palmeirán.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *