Xosé Duncan, fantasía e crítica social

Negruña_Xosé_DuncanPastor Rodríguez. Nacido en Chorén, Rianxo, en 1970, Xosé Duncan é a sinatura literaria de Xosé Ramón Suárez Ordóñez. Aos catro anos vai coa familia para A Coruña, pero segue disfrutando da terra natal nos veráns. Afeccionado á banda deseñada, á poesía e á música, este informático acabará por se converter no representante da literatura fantástica galega, iso si, sen que esa fantasía ignore a crítica social porque toda escrita fala sempre do presente, aínda que o faga a nivel simbólico. De exemplo desta mestizaxe literaria pode servir a súa última novela, Negruña (2016), que ilustrou Segismundo Rey, sátira da cidade d’A Coruña, resultado no seu título de unir o nome dun alcalde do partido popular ao da cidade gobernada. Unha cidade escura, excluínte, hostil. Autor popular, coa consciencia de querer chegar ao maior número de persoas, foi cofundador da revista en liña <lermos.gal>, na procura de achegar os libros e os seus autores a todos, sen exclusividades. No ano 2014 publicou a novela curta Hostal Norte, pero quizais o máis coñecido da súa produción sexa a triloxía As crónicas de Bran (2013-2015), formada por O solpor dos deuses, A porta de Annvir e A revolta dos Mestres. Mais Duncan é tamén autor dun interesante grupo de relatos, moitos deles editados nas coleccións Contos extraños, pero tamén en volumes como Contos no nicho, Sombras no berce e Tebras na alma. En 2016 edita “A carta do lobo de fume” no colectivo Contos do sacúntos. Romasanta, o criminal. Soubo crear un mundo literario propio, nun xénero difícil, e aínda máis en lingua galega. Habelencia técnica, axilidade, identidade para crear un mundo fantástico de noso.

Esta entrada foi publicada en Narrativa, Pastor Rodríguez. Garda a ligazón permanente.

4 respostas a Xosé Duncan, fantasía e crítica social

  1. Estimado Pastor:
    Esta mañana he pasado por la librería de mi barrio a ver si tenían forma de hacerse con algún libro de Xose Duncan. A través del ordenador comprobaron que podían pedirlo a Urco Editora y -es curioso- al llegar a casa por la tarde he podido comprobar que he pedido justo el libro que me recomiendas. En unos días lo recibirán, pero no tendré tiempo de leerlo hasta terminar un trabajo -para un taller de literatura- sobre Mario Benedetti, de cuya obra me estoy empapando.
    No soy aficionada a la novela de terror, al menos al tipo de novela distópica a la que te refieres: hace algún tiempo leí “Un mundo feliz” y tenía que cerrar un ojo -como en las películas- tratando de pasar por alto algunas cosas. Pero hoy -que la realidad supera muchas veces la ficción- ya pocas cosas me asustan.
    Muchas gracias por la información y un fuerte abrazo.

  2. Xosé Duncan di:

    Moitas grazas polas túas palabras e, sobre todo, por dar visibilidade á literatura fantástica para adultos. Nun sistema literario con tantas debilidades coma o noso, é moi difícil facerse cun oco para normalizar a fantasía épica, as distopías, o terror e que estes xéneros non sexan edulcorados para colocalos nas listas de compras dos colexios. Grazas de novo e unha aperta ;-)

  3. Amigo Pastor:
    Muy interesante la reseña que haces de la obra de este escritor rianxeiro. No lo conocía. Pero ante tan buena crítica me ha entrado el gusanillo de leer algo suyo. ¿Podrías recomendarme un libro que no sea excesivamente largo? El hecho de tratarse de una obra escrita en gallego dificulta a veces –al menos a mí- su lectura teniendo que recurrir al diccionario.
    Unha forte aperta.

    • Xosé Duncan di:

      Penso que Hostal Norte pode ser unha lectura axeitada. Non chega ás 140 páxinas de extensión. Iso si, tira máis ao xénero do misterio e do terror psicolóxico que ao da distopía fantástica como é o caso de Negruña. De calquera xeito, moitas grazas polo interese.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>