Teño un tractor erudito

tractorX. Ricardo Losada. Hai unha actividade que fago como profesor que me motiva espe-cialmente. Mándolles aos alumnos preparar unha exposición oral, mínimo cinco minu-tos, sobre algo que lles guste moito: un hobby, un libro, un soño, unha viaxe, un poema, unha canción, unha amizade, un amuleto. Son, na maioría dos casos, exposi-cións moi gratas, pero tamén moi revela-doras, sobre todo as dos alumnos academi-camente malos e que non se portan ben na clase. A maioría limítase a cumprir expediente, pero aqueles que o toman en serio e aproveitan a ocasión para teren un protagonismo que nunca teñen, ou para mostraren o perfil que nunca mostran, fan unhas exposicións brillantes.

Sempre recordo a dun alumno, Edelmiro de Leiro, que tiña paixón polos tractores. Fillo de labregos, conducía un desde os dez anos. Trouxo unha foto do seu inseparable compañeiro (son palabras súas), proxectouna na clase, e cunha pequena vara que collera no monte a tal fin explicounos as características do tractor cunha paixón e unha precisión terminolóxica e conceptual aparentemente extraordinaria. Comezou así: “Hai quen di que os mellores tractores son os John Deere, de feito o tractor de dous cilindros desa marca co modelo 8020 é o que teñen máis agricultores no mundo, pero para min é moi inferior a este que estades vendo, que é o meu, un Massey Ferguson, modelo 8400…”.John-Deere-Tractor-Cotton-Pickers-Combine-Parts Estivo máis de media hora falando, e só parou cando tocou o timbre, e a petición miña. Feliciteino moi sinceramente, tanto pola paixón como polo didáctico que fora, aínda que cometera o erro, díxenlle, de utilizar demasiada terminoloxía técnica que os compañeiros non comprendían.

Ao día seguinte, cando entrei na clase, Edelmiro estaba repartindo entre os compañeiros unhas fotocopias co vocabulario esencial do mundo tractoril (é unha expresión súa), disposto a continuar a charla. Antes de facelo, deume unha daquelas fotocopias. Por unha pregunta que fixo onte, díxome, xa vin que tampouco controla moito de tractores. E non é tan difícil, engadiu, ao tempo que collía a vara. Xuro que por un momento desexei que me dese con ela. Ben que o merecía.

7 comentarios en “Teño un tractor erudito

  1. Creo que sería unha alegría para todos nós que Magdalena acabase
    colaborando en galego en Café Barbantia. Os meus ánimos máis sinceros,
    é un reto fermoso.
    Coincido coa túa apreciación sobre José Luis Sampedro.
    Desde o punto de vista humano, só podo falar ben de todos os meus alumnos.
    Oxalá eles tamén falen ben de min, pero antes que da dimensión humana, da
    dimensión profesional. Para un profesor do ensino público
    esa debera ser a súa aspiración fundamental. (Perdón se me puxen moi solemne).
    Apertas agradecidas

  2. Mi primera intención era la de felicitar al autor de tan simpático y no menos didáctico artículo. Pero, después de leer la respuesta de Magdalena, ya no sé a quién enviar mis parabienes… ¡Echaos a temblar los escritores de Barbantia!: en cuanto esta comentarista afiance su gallego, os desbanca a todos como articulista.

    Los profesores de las “materias de prestigio”, también pueden, si lo pretenden -aun en sus clases “de prestigio”- encontrar el hueco oportuno para mostrar su faceta más humana. Creo que José Luís Sanpedro, por ejemplo, era uno de esos docentes.

    A juzgar por tu artículo -y tus artículos- se nota que eres un profesor de excepción.

    Me gustaría profundizar un poco más en el tema esos alumnos trastos que muchas veces te dan sorpresas las cuales mueven a reflexión. Pero es muy tarde y mi magín no da más de sí.

    Un abrazo enorme a profesor y alumna.

  3. Eres cruel recordando mi última intervención. El premio sí que es valioso, y merecerlo… Pues también, creo que fue un premio muy merecido. Ja ja ja.
    Unha aperta.

  4. A anécdota esconde un grave problema do sistema educativo que está moi
    mal resolto: que facer cos alumnos moi desmotivados que aínda non cumpriron
    16 anos e están obrigados a ir ao instituto? Só direi aquí que a min eses alumnos téñenme dado grandes alegrías, como esas fotocopias co vocabulario esencial do mundo tractoril. Son alegrías máis humanas que académicas, é certo, pero os profesores de Ética temos a vantaxe de que aínda podemos valorar máis o humano que o académico sen que os inspectores nos abran expediente. Supoño que os profesores das materias “de prestixio” non teñen ese privilexio. Non se pode ter todo na vida.
    Encantoume iso das medidas non estandarizadas e o xastre aplicadas aos meus escritos.
    Aínda que pareza difícil de crer, eu tamén teño ese medo escénico a falar en público. Agora consigo manexalo con certa dignidade, pero durante moitos anos foi unha verdadeira tortura. De todos xeitos recórdoche que a última vez que falaches en público gañaches un valioso premio.
    Como recibir é dar, máis vocabulario afectuoso.
    Apertas

  5. Querido profesor; a estas horas ya estarás dudando de mi incondicional lealtad dada la demora en participar en la colocación de un pin en tus elaborados trajes. Antes de coger el alfiler para ello, quiero hacerte partícipe de tal retraso. El 28 de noviembre nos dejó nuestro párroco para disfrutar de mejor vida. Bien, pues desde entonces, han sido 20 los palmeiranes que le han seguido. Ayer fueron dos. El pueblo está alarmado pensando si desde esa nueva vida nuestro páter nos está llamando para que disfrutemos con él de tan insigne premio, ya que era una persona muy frugal y tal vez desee compartir esas excelencias con sus feligreses. Por eso, ayer tocó a ir a una de esas dependencias funerarias alternando las diferentes salas en las que, en cada una de ellas se hablaba de lo que estaba pasando en el pueblo en tan corto espacio de tiempo. He ahí, el motivo por el que no pude ponerte la insignia en la solapa.
    Y ahora sí, voy con las medidas no estandarizadas de las que haces uso en tus textos al igual que hacen los buenos sastres.
    Esa actividad que practicas, y que especialmente te motiva y que tan apasionadamente explicó Edelmiro, además de hacerme sonreír durante toda la lectura, era la que yo necesitaría, porque oralmente me derrumbo. Tengo un miedo escénico que no soy capaz de superar y que personas como Edelmiro son capaces incluso, de coger una vara para darle más efectismo. Tu felicitación al valiente muchacho ha sido muy justa.
    Lo del día siguiente, con las fotocopias con el vocabulario esencial del mundo tractoril, ya fue de matrícula de honor.
    Desde mi tercera juventud, fotocopias llenas de vocabulario afectuoso para todo Barbantia, y como no, para el ejecutor del texto que tan merecidamente las ha ganado.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *