Natal

natalXosé Manuel Lobato. A miña meixela esquerda contráese, reacciona con intensidade, convulsión ante o familiar, era o derradeiro. Beixo prolongado, profunda carga emotiva, a dor dun corazón desgarrado era transmitida por uns beizos temerosos, o meu corpo percibía xa relaxado, mais por un intre reacciona. Semellaba o derradeiro adeus antes de penetrar na metamorfose do xélido escurecemento.

23 horas 59 minutos e 59 segundos dese 31 de decembro, que expresión complexa, o tempo sempre é unha complexa abstracción. Buliga dende a mañá na miña aureola, este 31, tentando unha inmersión definitiva no agocho das tebras, infindo tenebroso, xa non percibo os latexos afogados dun corazón doído.

Ao meu redor, os meus, os máis íntimos, os que realmente me queren e aos que sen dúbida, adoro con paixón.

Tento asir con afouteza ese ar clínico que me envolve con sabas de arrecendo químico, semella un aire ferido de morte. Mentres tanto, o gotear do calmante temporal segue impasible. Gota a gota permanece no seu rol, mitigar a dor e anular a vontade dunha consciencia propia.

Pausadamente ladeada sobre o costado dereito, con esforzos supremos expulso o mal, non son eu, realmente é el quen foxe coma covarde destemperado antes do derradeiro intre, sen control os meus órganos son as súas sendas de fuxida.

Neste limbo ao que accedín, de aquí non tento saír, murmurios de voces baixas, sons mutilados, palabras, verbas de amarga tristura. No entanto, aínda sigo a percibir nun esaxerado estadio de somnolencia o esgotado reloxo biolóxico.

00 horas 00 minutos e 01 segundos dese 01 de xaneiro…

2 comentarios en “Natal

  1. Estimado Xosé Manuel:
    Te comprendo muy bien, porque estas son fechas que casi siempre llegan cargadas de nostalgia. ¿Quién no echa en falta la ausencia de algún ser querido? Sé lo que eso significa y más aún cuando el suceso acaeció en el transcurso de las mismas fiestas. Sólo la presencia de los niños, la alegría infantil, ayuda a mitigar en parte esa tristura.
    Pero no es bueno llevar siempre a cuestas la pena: no creo que la persona que se fue vea con agrado esa actitud en el ser amado ni es bueno para él ni para los que le rodean.
    Deseo que el 2018 nos traiga esa paz interior que tanto se necesita, procurando compartirla con los que nos rodean.
    Estas líneas las escribí hace varios días, dejándolas aparcadas. Ahora que las he vuelto a leer he decidido enviártelas con un fuerte abrazo. Me gustaría que mi lenguaje fuese más poético, pero no sé expresar mejor lo que siento.

  2. Precioso, José Manuel; nunca me cansaré de decirte que eres poesía en grado superlativo.
    Te deseo un feliz año con todo el cariño.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *