Casados e velados

BF28E8F3_21837Patricia Torrado Queiruga. Se nos poñemos a investigar nalgún arquivo parroquial, o máis normal é atopar entre os libros sacramentais bautizados, confirma-dos, casados e defuntos, mais tamén podemos atopar entre estes libros o título Casados y Velados nas partidas que van dende o 1700 ata o 1908. Pois ben, se nun comezo se acordaba a conveniencia ou non dun xuntoiro, as familias reuníanse para dar o visto e prace, acordar a data da voda e planear o futuro dos novos casados, así como as cousas que achegaría cada un dos contraentes ao matrimonio. Así, logo de falar co cura párroco, tiñan que pasar arredor dun mes «publicados» ao que adoitamos chamar as «monicións» que, segundo o decreto Tametsi do Concilio de Trento, debían facerse tres veces en días de festa seguidos, na igrexa, e durante a misa maior, por se fose o caso de que alguén tivese algo que dicir ou en que opoñerse á administración do sacramento.

As velacións, chamadas tamén «beizóns nupciais», non son expresamente necesarias, pero logo do antedito concilio dicíase que, sen elas, o matrimonio «semellaba non ter toda a fermosura e solemnidade adecuada».

Esas beizóns só podían administrarse se antes non se tiñan feito, sobre a muller; é dicir, se había segundas nupcias, poderían darse sempre que a muller non fose bendita con anterioridade, segundo o rito romano. Polo que se as primeiras nupcias do home se celebraban cunha viúva, fose ou non virxe, non se podían outorgar esas beizóns, e aínda que o outro matrimonio da muller fose referido nulo non se volvía velar.

Así mesmo, os preceptos eclesiásticos do momento prohibían que as velacións se celebrasen dende o primeiro domingo de advento ata a epifanía, contando ambos os dous, e dende o mércores de cinza ata o domingo «in albis».

Cabe dicir que ata o referido Concilio non se lle dera forma canónica á celebración matrimonial, e foi nel cando comezaron a establecerse as diferentes etapas da mesma -compromiso, consentimento e beizón nupcial­-. As velacións correspondían a esta última etapa, pois debían outorgarse nun prazo máximo de seis meses despois do matrimonio, e ata esa data non se debía ter contacto carnal, como se manifesta na sesión 24 do tridentino De reformatione circa matrimonium.

2 comentarios en “Casados e velados

  1. Querida Magdalena, pois porque os caracteres para a sección son os que son, porque tamén hai outra parte ben interesante nestes rituais nos que pouco se leva investigado, as achegas son escasas e difusas, e ese é o caso das esmolas nos casamentos, xa que entraban en contra os intereses dos párrocos das freguesías dos dous contraíntes, ambos os dous querían recibir eses cartos que tan ben lles virían e ningún quería ser menos, aínda que debería levar maior parte o que oficiaba o casamento, que polo xeral sería o correspondente á parroquia da noiva.
    Pero isto fixo que as disposicións eclesiásticas do Concilio de Trento levasen a erros e disputas, polo que tiveron que saír publicacións posteriores dende o mesmo seo da Igrexa para poder poñer paz no asunto.
    Coma sempre, grazas pola túa lectura e os teus comentarios, un pracer.

  2. Querida Patricia: No sabes cuanto me ha alegrado al ver otro nuevo artículo tuyo amaneciendo en este Gran Café. Lo he visto por la mañana al encender el ordenador pero, no he podido leerlo hasta hace un rato.
    Lo de las amonestaciones aún es de ayer, cuando nosotros nos casamos todavía existía. Ahora, la verdad no lo sé. Creo que no. Pero lo recuerdo ya en aquel entonces, como algo muy singular. La novia ese día no iba a la misa mayor porque le daba vergüenza oírse nombrada delante de tanta gente. Por Dios, qué cosas más raras pasaban en nuestra Santa Madre Iglesia, nos daban sopas con honda.
    Lo de las “velaciones” lo desconocía, pero recuerdo oír en el pueblo que una vecina (ya muy mayor siendo yo niña) se había ido a vivir con su marido al cabo de un mes de haberse casado, era una vergüenza yacer con el marido los primeros días de la boda. Después de la ceremonia, cada uno a su casa. Había que mantener el decoro.
    Desde luego, comulgábamos con ruedas de molino.
    Bueno Patricia, a ver si vienes a tomar el café con más asiduidad. Siempre dejas caer cosas muy interesantes.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>