Filloas

unnamedMaría Xesús Blanco. A Rosalía gústalle moito evocar o entroido da súa infancia. Aquel olor a filloas acabadas de facer coa auga do cocido na casa da avoa paterna. E o ruído do vento coándose polas fendas das portas de madeira. Lembra ben aquelas interminables tardes de inverno. Que frío ía fóra! E tamén dentro! As paredes zumegando humidade e os rapaces e rapazas da aldea buscando roupas esquecidas nos faiados e nos recunchos dos armarios. Vestidos das súas nais cando eran mozas, panos de loito das avoas, boinas e bastóns, traxes vellos con petos cheos de bolas de naftalina. Todos eles emerxían cheos de vida nos días de carnaval. Non había tempo nin cartos para pensar en disfraces con lentellolas e veludos. Detrás dos cristais embazados ensaiaban a eito para disimular o tamaño e a estatura, os xestos ou o timbre de voz. Calquera cousa valía para agrandar barrigas e acochar grans e pencas para non ser recoñecido. Rosalía lembra ben a ilusión e o anhelo de querer ser outro. A emoción do misterio esperando a ollada de quen abría a porta. E a expresión e as risas da avoa Manuela detrás da cociña de ferro, tentando adiviñar quen era quen, namentres as filloas desaparecían coma lóstregos da escachelada bandexa de porcelana.

Un comentario en “Filloas

  1. Querida Mª Jesús:
    No es necesario remontarse a Rosalía para evocar el Carnaval que describes. Parece calcado el que celebrábamos en mi juventud. Recuerdo una ocasión en la que me vestí con un traje viejo de mi abuelo que me sobraba por todos lados y unos zapatones a los que tuve que rellenar la punta con una buena cantidad de algodón, y aun así tenía que andar “atoutiñando” para no me pegarme el gran batacazo. La cara, cubierta con un trozo de sábana vieja con los agujeros necesarios para ver y respirar. A mí, como era alta (utilizo el verbo en pasado porque con los años se va perdiendo estatura), me confundían con un chico. Por eso no hablaba, sólo gesticulaba, porque, además, era bastante tímida. La amiga que me acompañaba -más lanzada- hablaba por las dos con tal disimulo que nadie la descubría, si ella no acababa haciéndolo. Lo demás lo narras tan bien que no hay nada que añadir.
    Gracias por tan bonitos recuerdos.
    Unha chea de bicos.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *