A febre do ouro

BM3C7F1_213312

Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Cando a mediados do século XIX xurdiu aquela famosa, peliculeira e tan documentada febre do ouro en California, nunha rexión a onde daquela só emigraban os que non tiñan a onde ir, quen realmente se fixo rico non foi quen atopou ouro, senón quen abasteceu ós buscadores. Certamente, moitos daqueles mineiros improvisados tamén tiveron a sorte de quen xoga á lotería, atoparon unha veta e, se souberon gardar o secreto e non se foron correndo ó primeiro saloon para celebralo, tentando a cobiza de ningún pistoleiro, aínda o puideron contar. Durante aqueles escasos dez anos que durou a febre, un pobo sen xente, como era San Francisco, que daquela nin así se chamaba, viu incrementar, en progresión xeométrica, a poboación que viña do leste por terra e por mar, moitos deles dándolle a volta ó cabo de Fornos, por ser máis seguro que atravesando o Misisipi. Ata alí chegaron emigrantes e buscavidas de todas as partes do mundo que obrigaron a sacar leis para poñer orde naquel rebumbio e, sobre todo, para evitar que os estranxeiros tivesen máis sorte naquela procura que os estadounidenses. Creceu tanto e en tan pouco tempo esa pequena poboación do extremo do salvaxe oeste, que a pasos de xigante houberon de improvisarse xulgados, grupos parapoliciais, bancos, igrexas e sobre todo salóns onde gastar as fortunas obtidas ou presumidas con damas namoradeiras e cabaleiros destros no manexo dos naipes.

cartel OuroEntre aquela morea de buscavidas había un impresor chamado Samuel Brannan, que montara o primeiro periódico de San Francisco, o California Star, quen vendo como un granxeiro chegaba a unha tenda e pagaba con ouro os artigos que mercaba, preguntou, indagou, e soubo que encontraran unha veta, e daquela, sen dubidalo, foise a mercar unha pa; pero logo pensouno mellor, mercou todas as ferramentas que había nas poucas tendas existentes, púxoas á revenda e saíu á rúa proclamando ós catro ventos que California era terra de ouro e que calquera cunha legoña podía facerse rico.

Entre os emigrantes tamén apareceron grupos de asiáticos, maioritariamente chinos, que vendo como lles limitaban o acceso ás minas, deron en montar outros negocios paralelos como eran o de venta de roupas de traballo, lavandarías ou comida a domicilio. E se lle facemos caso ás películas, os bandidos e amigos de gatuñar o alleo, sempre perseguían ós pobres cavadores armados de pico e pa e nunca asaltaban os almacéns dos provedores que cobraban en pebidas de ouro os ferranchos ou os trapos que vendían.

Mentres tanto, aquel periodista e impresor reconvertido en ferraxeiro medraba día a día abrindo tendas e facéndose un nome entre os paisanos, ata chegar a ser un dos primeiros senadores de California, que por aquel entón, e pola riqueza que de súpeto amosou, converteuse no estado 31 da Unión.

OroCalifornia15Pero como a sorte vai por barrios e por días, por razóns que só el saberá, a esposa daquel próspero home de negocios pediulle o divorcio e el quedou da noite para a mañá sen a fortuna acumulada e deuse á bebida, o recurso no que tan doado é caer para afogar as penas. Xa cara o final dos seus días tivo momentos de lucidez, fixo novos negocios de dubidoso éxito, casou de novo, volveuse abstemio, e morreu sen un dólar para pagar o seu propio funeral. Aínda así, o seu nome figura en placas de rúas, escolas e edificios californianos.

Mentres tanto, os chinos, aqueles que en todas as películas do oeste son os enterradores dos valentes pistoleiros, non aparecen en ningunha placa, pero aló seguiron, inventando o da comida para levar e as primeiras lavandarías industriais da florecente nación, ata morrer de vellos.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Francisco Ant. Vidal Blanco, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a A febre do ouro

  1. Magdalena di:

    Querido Francisco:
    Había un buscavidas -según cuenta Jorge Bucay- analfabeto y conserje de un prostíbulo que hizo algo parecido al impresor Samuel Brannan. Este conserje había heredado el puesto que había dejado su padre y anteriormente su abuelo. Un día el dueño del prostíbulo decidió venderlo y el nuevo propietario llamó al conserje para decirle que de allí en adelante quería que anotase todas las entradas y salidas de sus clientes. El conserje le contestó que él no sabía leer ni escribir, y el nuevo propietario sin más miramiento, lo despidió.
    Un día, al pobre analfabeto, un vecino le pidió si podía prestarle una pala, y el ex conserje se la prestó. Al día siguiente otro vecino le pidió un destornillador, (la ferretería más próxima estaba a unos cuantos kilómetros del pueblo) entonces pensó que con los ahorros que tenía de su anterior trabajo podía montar una pequeñita ferretería y así lo hizo. Aquello fue viento en popa, la gente ya no tenía que desplazarse a comprar a la ciudad. Tan bien le resultó el negocio que amplió la tienda y a los pocos meses la segunda ya estaba en construcción. A la vuelta de cinco años en el pueblecito del ex conserje, había todas las tiendas que el pueblo necesitaba. Tan orgullosos estaban sus vecinos de él, que el alcalde decidió concederle la Medalla del Merito al Trabajo. Cuando se la estaba imponiendo, le preguntó qué carrera universitaria había cursado. El ex conserje le dijo que ninguna, que era analfabeto, no sabía ni siquiera escribir su nombre. El alcalde sorprendido le dijo: ¡Querido vecino, a dónde llegaría usted si supiese leer ! y él, sonriendo al alcalde le contestó: “Si supiese leer, señor alcalde, hoy sería conserje en un prostíbulo”.
    Samuel Brannan, seguro que había oído hablar del ex conserje y quiso imitarle.
    Pido disculpas a Jorge Bucay por no saber contar su hermosa moraleja como es debido. Hace muchos años que leí su cuento.
    Besiños desde a nosa terra, Francisco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>