Silencio e palabras

darwin_silencioFidel Vidal. Que sería das palabras sen o silencio? E da escrita sen o branco da páxina? O silencio non é un baleiro, un oco improdutivo, é o lugar onde a voz toma asento. Así o baleiro necesario no espazo para que a vida floreza e alente. Referímo-nos ao espazo e ao silencio inocentes, coa única intención de axuda e colaboración. Porque hai ocos e silencios que estouran máis cá treboada.

Igual que existe unha escritura en grao cero na concepción de Roland Barthes, podemos dicir o mesmo da páxina limpa ou do silencio, sen recorrer á destrución de nada, sabendo que “a desintegración da linguaxe pode conducir a un silencio da escritura”.

A verdade que se funda na fala consiste na palabra e en ningunha outra cousa. Unicamente se dá no espazo da estrutura do significante, nese oco semellante e en analoxía a como se efectúa no burato da tarxeta perforada por onde é factible a posta en función, ou no número “un” do sistema binario que supón a entrada, a conexión. E o “cero”, pola contra, a parte nula, opaca. Sen os buratos non será viable a conexión nin a función significante do signo.

silencio-hospital-2-12-14Mallarmé, segundo Barthes, é unha especie de Hamlet da escritura, “expresa cabalmente ese momento fráxil da Historia no que a linguaxe literaria se conservase unicamente para cantar mellor a súa necesidade de morrer”. A agrafía tipográfica de Mallarmé quere crear arredor das palabras enrarecidas, unha zona de baleiro na que a palabra, liberada das súas harmonías sociais e culpables, felizmente xa non resoa. “O vocábulo, disociado das impurezas dos clixés habituais, dos reflexos técnicos do escritor, faise plenamente irresponsable de todos os contextos posibles; achégase a un acto breve, singular, unha inocencia”.

Ao dicir de Claude Mauriac (A Aliteraura), co triunfo do silencio, de silenciar a escritura, estariamos no “limiar dun mundo sen literatura do que, non obstante, serían os escritores os que desen testemuño del”.

Un comentario en “Silencio e palabras

  1. Sí, ese silencio que escuchamos en Chacín en el que Emma dobló su cabecita para oírlo mejor. Esos intervalos tan necesarios que necesitamos para calcular la palabra antes de pronunciarla. Ese silencio tan necesario y tan difícil a veces de manejar para que la palabra no se desborde. Ese silencio que acompaña a la timidez y nos es muy propicio para abandonarlo en una página en blanco, porque cuando escribimos sacamos lo que llevamos en el corazón. Nuestra individualidad consciente si se sabe observada se altera y muchas veces pierde la compostura, en cambio solos ante un papel, sin que nadie examine nuestras reacciones poseemos la capacidad de manifestar con más fluidez tal como somos en realidad. Sí, silencios inocentes sin el estruendo de la tormenta.
    “El silencio escuda y suele encubrir la falta de ingenio y torpeza de la lengua”.
    (Fernando de Rojas).

    Hasta mañana, Fidel. Sería una buena dedicatoria “Para a miña atenta Magdalena” ¿te parece bien? Sería un honor.
    ¿ÓIGOLE ESE ELOGIO? Espero que sí.
    Biquiños silandeiros estampados no papel. Oxe todos para ti.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *