Tres cancións e un algoritmo

Abba-dressed-for-stage-004X. Ricardo Losada. Acabo de facelo. Escoitei as tres cancións que un estudo psicolóxico da universidade de Groninga (Holanda) considera que teñen un efecto instantáneo máis positivo no estado de ánimo. Don´t stop me now de Queen, Dancing queen de Abba e Good vibrations de The Beach Boys. Os psicólogos usaron fórmulas matemáticas derivadas de varios factores emocionais e analizaron cancións dos últimos 50 anos. Sinto contrariar o estudo. Nin me levantaron o ánimo nin me emocionaron nin me fixeron mover os pés. O único que me provocaron foi a sensación de seren cancións cun concepto do ritmo moi similar. Pero non quero ser inxusto. Pode que sexan grandes temas e, por saber que foran escollidas por un algoritmo matemático, tendese a ver só o mínimo común denominador. As matemáticas, ao fin e ao cabo, só buscan o común.

Aínda así, creo que ese estudo confunde estado de ánimo con estado corporal. Adoitamos crer que se estamos nunha festa e unha persoa baila é porque está animada, e se non baila, desanimada.EFE Non digo que sexa un mal criterio pero si que non é un criterio universal. Divertido é o contrario de aburrido, non de serio, e unha persoa pode estar seria e sen bailar co ánimo ben alto. Pode que o contrario sexa máis difícil (bailar, sobre todo ben, co ánimo baixo) pero iso non invalida, confirma, a afirmación anterior.

Aproveitarei a ocasión para dicirvos algunhas cancións que me levantan o ánimo ata límites estratosféricos. La violetera cantada por Dalila, Luna de miel por Ricardo Solfa, Eu velida non durmía polo meu inevitable Amancio Prada, Summertime por Ella Fitzgerald, La llorona por Chavela Vargas ou A memoria e o mar por Catherine Ribeiro. E creo que, a partir de agora, polo simple feito de que lle pasaran desapercibidas ao algoritmo da universidade de Groninga, aínda me van gustar moito máis.

3 comentarios en “Tres cancións e un algoritmo

  1. Permítoche unha e mil suxerencias, musicais, literarias ou de calquera outro tema. Para máis, vexo que en gustos musicais temos moitas coincidencias.
    A versión de Gloria Laso é extraordinaria, pero Ricardo Solfa fai tremer esa canción dunha forma que me pode. Que lle vou facer. As outras cancións que citas tamén me gustan moito.
    Coincido contigo no tema das letras. Para min é fundamental entendelas.
    O problema dos algoritmos non é menor. Eu non son dos que negan o valor e as posibilidades “humanoides” das máquinas, pero preocúpame. Que haxa por aí sinfonías creadas por robots que os expertos non diferencias das creadas por humanos, de ser certo, provócame angustia. Pero tampouco quero que esa angustia me volva cego á realidade. Nin quero cometer coa intelixencia artificial os erros que noutras épocas se cometeron con Galileo, Darwin,etc. en nome dunha especificidade humana completamente ficticia.
    Agardo verte o venres no acto de Rianxo. Sempre é un pracer para min.
    Un saúdo

  2. Querido profesor: Voy a empezar por el final de tu texto. Si me permites una sugerencia (pues veo que te gustan las canciones de mi preferencia) te recomiendo que escuches “Luna de miel” en la voz de Gloria Laso. Es preciosa. De Chavela Vargas “Un mundo raro” es también digna de mención, incluso lloro con ella al tiempo que la coreo. De Amancio Prada las “Coplas de Jorge Manrique” son una belleza y Ella Fitzgerald es un portento de voz, pero ya no la sigo tanto. Me gusta conocer el significado de las letras y con el inglés, solamente puedo captar la música.
    Bueno, ahora voy con el principio. Ya veo que no te ha dado resultado lo del “estudio psicológico” de la universidad de Holanda a pesar de que has probado a escuchar las tres canciones con efectos positivos en el estado anímico. No sé hasta que punto los matemáticos pueden tener razón. Si tú no has encontrado ese factor emocional… Pero bueno, no todos somos iguales, puede que otros, sí, se emocionen (como yo con Chavela). Pues que continúen indagando, todo lo que sea discurrir… Ya sabes que la ley de la gravedad también se descubrió porque a Newton se le cayó una manzana en la cabeza. Si le hubiese caído un ladrillo, hubiera descubierto la ley del pronóstico reservado.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *