A infidelidade da memoria

BM23C2F6_21434Uxía Casal. Se cadra, as lembranzas que menos cambian ao longo do tempo sexan as infantís compartidas cunha irmá ou unha amiga, esas que afloran a golpe de «acórdaste cando fixemos isto ou pasou aquilo?»; case sempre coinciden, para gozo das interlocutoras. Coido que non ocorre o mesmo coas que se conservan a medida que crecemos, xa que o noso cerebro vai acumulando datos e información, os estados de ánimo -e físicos- inflúen en como captamos un feito e a nosa mente vai creando, sen se decatar, lembranzas paralelas que, ás veces, pouco teñen que ver co que se viviu na realidade, pero, en xeral, son as que perduran. Con frecuencia pesan máis as impresións experimentadas ou a situación persoal, de tal xeito que, sen querer, convertemos unha situación pasada noutra ben diferente. Tenme ocorrido de adulta comentar un feito con alguén e non recoñecelo, coma se non estivésemos xuntas no momento vivido. Retrucas, discutes e entre as dúas intentamos reconstruír o que en realidade aconteceu. Acotío esta é unha tarefa inútil, porque resulta case imposible que dúas mentes funcionen ao unísono e sintan o mesmo. Por iso estou convencida de que non hai nada máis infiel có pozo da memoria.

2 comentarios en “A infidelidade da memoria

  1. Querida Uxía: Me he alegrado mucho de verte reaparecer por el Café. Bienvenida.
    Hoy, has escrito sobre la memoria, recordando cosas pasadas con los amigos.
    Estoy de acuerdo contigo en que los recuerdos de infancia perduran siempre, y los evocamos con una amplia sonrisa, porque una amistad noble es una obra maestra a dúo. Es cierto también, que los años todo lo cambian, todo es diferente, el “disco duro”
    está repleto de vivencias y como bien dices, los estados de ánimo tanto físicos como morales, nos hacen cambiar el chip y nos olvidamos, o no valoramos el momento actual, como el vivido en tiempos pretéritos. Aunque sea a trancas y barrancas, que ese “pozo da memoria” siga siendo fiel aún, por muchos años.

    P.D. Saludos de parte de la vieja Pipa, Odín y Niva, para tu vieja Dona y Melas.
    Besiños palmeiráns, admirada Uxía.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *