Andoriñas

FLSwallowMobile24__99356.1369083949.451.416Xosé Manuel Lobato. Ausencias con pe-gada, reliquias que seguen na mente e non deixan de estar presentes, malia a súa desa-parición. Turvisco ou matagaliñas, érbedo dos licores, xilbarbeira, estriperio… Todas elas unha dádiva na realidade dos nosos an-tepasados e, hoxe no maxín dun que outro soñador fantasioso ou incansable explora-dor, na procura de escasas e raras xoias esmorecidas coma as furtivas esmeraldas dese colar formado polas diminutas gotas de orballo que no amencer se entrega con sixilo nos acaparadores raios solares.

Suspira o Pontillón polas súas acompañantes fieis de antano, hoxe o seu caudal cantareiro entrega as brancas e místicas inquedanzas do Pico no Ulla, observando mentres percorre a súa estrada, unha reducida diversidade que na actualidade o contempla e mesmo agarima. A súa candorosa nostalxia logra transformalo nun río escéptico, de cantar lúgubre, esa copla de quen percibe a soidade irreversible. Porén, visualizando esa portela dunha esperanza que mesmo semella unha utopía no tratado filosófico de Leibniz. Un filósofo que acadou o cumio dese Pico optimista sen a necesaria demostración empírica.

Ilusión que chega dende a elevada ara do ar para rematar o esforzado ascenso e, comezar dende o esgotamento un descenso do vello e cansado optimista que lle entrega o relevo a ese discípulo que percibe unha nova era.golondrinas-proteccion-blog Kant, ollando dende o cumio  que mellor conxuga as verbas ficción e realidade, extasiado pola imaxe da canseira e fatiga de varias décadas atrás, un relampo íntimo de retorno a unha infancia que se amosa fresca e única, onde o pesimismo brinca dende o mesmo barrelo.

Imaxino o Pontillón nesa aperta de relevo íntima, Leibniz-Kant, optimismo-pesimismo?, sen unha ollada furtiva dos seus veciños; turvisco, xilbarbeira, estriperio ou ese érbedo das alegrías provocadas. Mentres tanto, no cumio encantado un óleo de natureza buliciosa segue danzando no ar, son as novas xeracións de andoriñas que regresan para gozar do seu hábitat no cumio.

Chiando non deixan pasar inadvertida a súa presenza, elas son a bóveda alada das crenzas afortunadas, unha comitiva que trae ao presente a memoria soterrada de xeracións de antepasados, únicos nas súas conviccións, mais con escasos recursos e coñecementos para interpretar un cosmos que só coñecían dende as propias limitacións de calquera ser humano…

Entón: “Cerré el libro…”  e mira por onde, nesa mente aquelada abrollaban con insistencia os versos dunha memoria a longo prazo:

que-comen-las-golondrinas-bebes-730x430Cerré el libro que hablaba / de esencias, de existencias, de sustancias, / de accidentes y modos, / de causas y efectos, / de materia y de forma, / de conceptos e ideas, / de números, fenómenos, / cosas en sí y en otras, opiniones, / hipótesis, teorías…

Cerré el libro y abrióse / a mis ojos el mundo.

Memoria farsante e falsa, posiblemente teña as súas razóns, mais eu non comprendo que motivo impide unha lembranza completa, pois poema inacabado, argumento desprezado.

Mais neste intre, seguen as andoriñas danzando, no seu voar observo un remuíño de sensacións, aínda que non son quen de apreciar nelas optimismo ou pesimismo.

5 comentarios en “Andoriñas

  1. Querido amigo Xosé:Tenía la intuición de que tu excelente,poético y cuasi filosófico relato,(un canto a la VIDA)sería contestado por más de un seguidor tuyo (siempre incluida mi admirada y muy oportuna en este caso,Magdalena).
    Por eso he callado hasta ahora y no te he llamado por teléfono,ni contestado en carta por correo.No me disgusta el mensaje de tu relato,sabes que me doy por aludido…le acepto y he gozado de él y como te decía Gonzalo Trasbach en su insuperable contestación a: “Pel de cerva”,¡Gustame!…
    Pero falta mucho que decir,completar,aclarar y puntualizar a fondo de tu escrito,para que éste vaya en consonancia con la “altura de los tiempos” en la Civilización y Cultura Occidental…ya hablaremos de ello.
    Ahora decirte (y para satisfación de Magdalena),cuanto dá de sí,solamente la lectura del Apéndice I (26 pags.),”Del optimismo en Leibniz”,del libro (300 pags.) de Ortega y Gasset:”La Idea de Principio en Leibniz y la Evolución de la Teoría Deductiva”.
    La Obra del gran “filosofo de la VIDA” (O.C. de más de 12.000 pags.),todavía no superada por ningún filósofo y pensador de la Cultura de Occidente y a nivel planetario…”YO,soy yo y mi circunstancia”…Igualó,superó (y le siguieron)los mas grandes filósofos del siglo XX.(contemporanéos y coetáneos con él),E. Husserl,M. Scheler,M.Heidegger y H. Blumemberg.Nada más por ahora.Un abrazo fuerte de tu admirador y amigo que te quiere.

  2. Gracias a ti, José Manuel. Tengo un amigo que siempre dice que los libros deben dividirse en dos clases: libros del momento y libros de todo momento. Y yo te digo, querido Lobato, que tus lecturas son las de todo momento.
    Saudiña, e moitos bicos.

  3. Moitas grazas, Magdalena.
    Unha ledicia recibir os teus acertados comentarios, sempre achegan ar fresco a calquera artigo.
    Apertas ilicinias

  4. “Cuando una lectura os eleva el espíritu, y os inspira sentimientos nobles y valerosos, no busquéis otra regla para juzgar la obra: es buena, y ha nacido en buenas manos”. (Jean de La Bruyére)
    Precioso comentario, querido Lobato.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *