Salvaxes

Príncipe_BaltasarCarlos_cazador_Velázquez_louAntón Riveiro Coello. Unha vez máis, miles de estudantes saen ás rúas en Estados Unidos, desta volta para honrar as vítimas da matanza de Parkland, acontecida hai pouco máis dun mes, e sobre todo para esixir máis control no acceso ás armas. A senadora e líder demócrata Elisabeth Warren intúe que estes mozos están aquí para nos liberar. A ver se é verdade e esta xeración muda a historia. Non vai ser doado, non só pola influencia que a Asociación Nacional do Rifle ten no Congreso dos Estados Unidos, senón tamén porque as armas están inseridas fortemente na cultura americana e son unha industria poderosa. Pero talvez estes mozos rematen por educar os pais.

Hai xa máis dun ano que vin circular polas redes un vídeo dunha nena americana de apenas dez anos que esgazaba un envoltorio e recibía, entusiasmada, o agasallo dunha escopeta de caza. WEB_JPGAínda que hoxe nos arrepíe ver algo así, nun principio puiden entender a súa emoción porque a min, cando tiña a súa mesma idade, un meu tío converteu o meu aniversario nun día especial regalándome unha escopeta de balotes, algo que competía en emoción coa navalliña portuguesa que me regalara o meu avó. Evidentemente, os dous aniversarios están separados por máis de corenta anos, pero a diferenza fundamental sospeito que é a da perspectiva dos pais e o sentido común. Os da nena americana gravan o momento e están cheos de orgullo. Os meus, pola contra, torcen o fociño porque non lles fai ningunha graza o agasallo dese meu tío que ten sona de tolitates. Recoñezo que durante uns días intentei matar paxaros coma unha prolongación da fantasía das películas do Oeste que viamos no cine, pero deixei de o facer axiña en canto unha rapaza que me gustaba moito me chamou salvaxe. Man de santo.

 

3 comentarios en “Salvaxes

  1. Parece que, a quien más y a quien menos, a todos nos ocurrió algún percance con una escopeta de balines. A mí, paseando con mi madre, me dieron un perdigonazo a la altura de la clavícula derecha. Menos mal que llevaba puesta una blusa con unos círculos de carey alrededor del escote, blusa que ponía en contadas ocasiones precisamente porque no me gustaba nada el tamaño de los círculos. Y quién me iba a decir que uno de aquellos redondeles fue precisamente el que me libró de una fractura de clavícula o de algo peor.
    Han pasado varios años del incidente y todavía lo recuerdo cuando cruzo por delante de la ventana de la que surgió la perdigonada. Por supuesto, mi madre cogió tanto miedo que nunca más me permitió transitar con ella por aquella zona.
    No se concibe lo que está ocurriendo en América con la venta indiscriminada de armas . Sin embargo, debe de ser poco menos que imposible desmontar un tinglado basado en intereses de lucro sin tener en cuenta sus terribles consecuencias. Ojalá que la nueva generación logre cambiar la historia. La esperanza no se debe perder. Pero depositarla en Melanie Trump… Casos singulares a veces ocurren.
    Boas noites

  2. Querida Magdalena: ter tino cunha escopeta de feira non sei se será moi “atinado”, porque esas armas adoitaban ter o cano torto. En todo caso, eu tamén gastei algún peso neses postos de feira. Era tanta a paixón por esa atracción que un veciño meu de Xinzo mesmo montou un nas Casas Baratas para apañarnos os cartos aos máis pequenos. E o negocio íalle ben até que un día, no que eu estaba concentrado na tira de papel que sostiña un indio, non vin cruzar o veciño diante miña e dispareille un balote nun omóplato. El, retorceuse da dor e deu en bailar coma un sioux e eu, empurrado polo medo, dei en correr e tardei en saír da casa. Cando o fixen, o negocio xa estaba pechado. Iso si, sempre tratei de estar lonxe do negociante.
    Bicos

  3. Buenos días, querido Antón; Yo nunca tuve una escopeta, pero me encantaba en los días de feria demostrar mi puntería y ganar algún que otro premio en compensación por el tino que con ella tenía. Recuerdo en a Pobra do Caramiñal participar en un concurso. El premio era una bicicleta, yo era la única mujer que participaba y quedé tercera.
    Sobre la Segunda Enmienda de EE.UU. En aquél entonces creo que habían dado permiso de armas a la ciudadanía para poder defenderse de los delincuentes, ya que el Estado, no podía por la numerosa delincuencia que allí existía. Si esto resultó muy peligroso, lo peor llegó todavía después con los Charlton Heston de turno velando armas como el Quijote.
    Te acuerdas también de la célebre “Doctrina Monroe. América para los americanos”.
    Pues esa celebre frase, tenía una coletilla que a menudo se nos olvida. Esa coletilla era: “… también”.

    Me ha encantado que una chica te hiciera cambiar de opinión en lo tocante a los pájaros. Ya ves, las mujeres cuando queremos… Ojalá que Melania Trump haga un milagro de los que parecen imposibles.
    Besiños palmeiráns, querido y admirado Antón.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *