Por que S. Hawking se molestou en existir?

noticia-es-posible-viajar-en-el-tiempo-stephen-hawking-tiene-la-respuesta-portadaX. Ricardo Losada. É a pregunta que a todos os seres humanos nos gustaría saber contestar: Por que o universo se tomou a molestia de existir? Stephen Hawking respondía así: “A creación espontánea é a razón de que haxa algo en vez de nada, de que o Cosmos exista. A lei da gravidade explica que o cosmos poida crearse a si mesmo”. Pero é unha resposta que suscita moitas preguntas. Se esa creación é a partir da nada, é posible que da nada, como ausencia absoluta de materia, xurda algo? E se, polo contrario, é a partir de algo, de onde procede ese algo? O mesmo pasa coa lei da gravidade: se existía antes da materia, como xorde e como é posible que a condicione?

Hawking, como vemos, estudou un problema que require uns coñecementos matemáticos e físicos de máximo nivel e, a pesar diso, é un dos científicos máis populares da historia. Nunca o entendín. Primeiro, porque o seu libro Breve historia do tempo, best-seller de divulgación científica, é de difícil comprensión para un lector medio. Segundo, porque consideraba que o ceo das relixións é un conto de fadas para persoas con medo á escuridade. Xa que logo, a súa popularidade non se debeu á ciencia, senón a unha enfermidade dexenerativa que o prostrou nunha cadeira de rodas e que lle daba unha aparencia física moi peculiar, condenándoo a comunicarse manexando coa meixela un cursor que activaba esa voz robótica que falaba por el a 3 palabras por minuto.

dad-in-zero-g_1Porén, o acontecemento da súa vida que máis me chama a atención ten que ver co estado de coma que lle provocou unha pneumonía. A muller negouse, por razóns relixiosas, a desconectalo e deixalo morrer, tal e como lle recomendaban os médicos. E esas razóns relixiosas permitiron que o ateo Hawking vivise 33 anos máis; algo que xa lle ocorrera cando lle diagnosticaran o ELA, e os médicos lle daban (viviu 55 máis) só dous anos de vida. A muller de Hawking atribuía esa boa sorte a dous milagres, pero eu disinto. Creo que Hawking se molestou en vivir tantos anos pola mesma causa que el invocaba para explicar por que o universo se molestara en existir: a xeración espontánea. Pero a xeración espontánea de humor, ese humor que lle permitía dicir que lle encantaba o acento americano do sintetizador polo que falaba porque así tiña máis éxito coas mulleres, ou contar partíndose de risa que cando comezaron os primeiros síntomas da enfermidade, como tropezaba con frecuencia e caía, os médicos recomendábanlle beber menos cervexa. Por que os primeiros átomos se tomaron a molestia de existir? Estou seguro de que, fóra do laboratorio, Hawking contestaría o mesmo que contestaba Epicuro. Para facer moléculas, é dicir, para botar unhas risas cos amigos sobre ese mesmo universo que estaban a construír para, algún día, destruír.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Narrativa, X. Ricardo Losada. Garda a ligazón permanente.

7 respostas a Por que S. Hawking se molestou en existir?

  1. Magdalena di:

    Querido profesor; tus respuestas siempre llegan a tiempo. El mundo está lleno de pequeñas alegrías y el arte consiste en saber distinguirlas; yo debo de ser muy talentosa porque se retrasen o no, disfruto con tus réplicas invariablemente.
    Deseo que ese arte de percibir esas pequeñeces, nunca te falte.
    Besiños palmeiráns.

  2. x ricardo losada di:

    Prezada Carmen:
    A resposta foi tan rápida porque era para Magdalena. NOn sei se a ela
    lle parecería tan rápida.
    Encántame o que dis da metáfora da sede e a fonte. Eu fíome máis desa visión, como da de san Juan de la Cruz no Cántico, que de todas as teoloxías e metafísicas. Por iso non me gusta a segunda parte: Se o ollo tende á luz, sería un sinsentido que a luz non existise. Aí hai un razoamento teleolóxico, e non parece moi consistente.
    Hai teorías científicas sobre a a orixe das emocións, de feito é un terreo no que se está traballando moito ultimamente. O mellor é sentilas, non razoalas. Niso coincidimos.
    Nunca entendín ese dilema entre obxectivo e subxectivo. O obxectivo é máis importante en determinados ámbitos e o subxectivo noutros, tendo en conta que non se poden separar totalmente. (NOn sigo que despois disme que che lío).
    Oxalá nos examinen de amor. E que aprobemos todos (hoxe estou ridiculamente optimista)
    Unha aperta moi forte

  3. Gracias por la rapidez de tu respuesta. Creía que ni siquiera había salido el comentario. No suelo venir con frecuencia al ordenador, al menos durante el día, pero hoy me interesaban unos datos sobre la ópera que voy a ver esta tarde. Puesta a ello…
    Si resulta difícil comentar atinadamente -al menos a mí- el trabajo de otro, figúrate lo que sería escribir un artículo… Para mi desdicha lucho con el idioma: de falalo a escribilo, vai un treito. Calquera día unha cousiña de pouca monta, antes de que a artritis me deixe a man imposibilitada, como lle pasou a Renoir.
    Que teñas un bo día.

  4. x ricardo losada di:

    Probablemente a túa visión sexa complementaria da visión de Hawking . Se un ten esperanza da luz é porque aquí lle ten medo á escuridade e
    sufre pensando nunha escuridade eterna. Quen sabe. Xa temos falado deste
    tema e sabes que eu envexo esa tranquilidade de espírito que, supoño, tedes
    as persoas relixiosas.
    Seguro que si, Hawking está iluminando unha nova xeración de científicos. Agardemos que a súa influencia sexa etérea, estea ou no Éter.
    A túa sospeita está moi ben fundada. E aproveito para pedir que máis mulleres colaboren en Café Barbantia. Nos comentarios sodes maioría absoluta, pero nos
    textos minoría absoluta.
    Unha aperta

  5. Querido profesor:
    La pregunta que formulas siempre estará latente. Latente hasta que se nos descubra la verdad. Cuándo y cómo, no lo sé, si desde Heráclito se le esta dando vueltas a la cuestión del “Logos” y así continuamos por mucho que las ciencias adelanten: todos los argumentos sobre la “Causa Incausada”, o la existencia de Dios para los creyentes, acaban desbaratándose.
    Para mí la realidad de un Creador es una verdad necesaria, aunque no sepa dar cuenta de ello. Para mantener mi fe me llega con la metáfora de la sed y la fuente, en espera de que algún día mi sed quede saciada, por supuesto. Cada uno tiene derecho a pensar lo que le plazca y mi pensamiento -o razonamiento- es así de simple. Si el ojo tiende a la luz, sería un sin-sentido que la luz no existiese. La cuestión del origen del mundo, del devenir, del fluir, de la esencia y la existencia, del ser y del no ser… lo dejo para los filósofos y científicos. Mis conocimientos metafísicos no tienen más alcance. Más que el origen del universo, me gustaría que alguien me explicase por qué tenemos emociones, sobre todo la capacidad de amar y todo lo que ello conlleva. Parece que Kant tenía cierto recelo en hablar del amor. Lo consideraba algo subjetivo. Por el contrario, el filósofo francés Marice Blondel destaca el momento en que la persona, sin dejar de lado su egocentrismo, cae en la cuenta de que el verdadero bien está en darse a los demás. Será por eso que a mí me interpele la canción que dice: “Al atardecer de la vida te examinarán del amor…”
    Sólo hasta aquí puedo llegar con mis conocimientos metafísicos.

  6. Magdalena di:

    Buenos días, querido profesor: como la primera pregunta que haces incluso Hawking fue incapaz de contestarla, imagínate… Se supone que una enorme masa repleta de seres primitivos de una sola célula, amebas, algas, microbios, vivían en ella, eso sería el bajo pueblo ( como dice Sánchez Pizano) y la aristocracia, las lombrices y gusanos. Tal vez fue así el principio de nuestro pasado, tal vez. ¿ Pero, por qué estaban ahí?,ni siquiera la ciencia se pone de acuerdo en la edad de la tierra?. Unos calculan que tiene 10.000 millones de años, luego le calculaban 3.ooo millones y luego pasó a 5.000 millones. En fin: con unos miles de millones menos o unos miles de millones más, ya sabemos que el mundo es viejísimo.
    Sobre lo que consideraba como un cuento de hadas la religión, achacándola a personas con miedo a la oscuridad, yo pienso que es lo contrario; creer en algo es, creer en la esperanza de la luz. A estas horas seguro que Hawking por todo en lo que ha contribuido a la ciencia, estará iluminando desde el Éter a una nueva generación de científicos y …científicas, porque conviene decir, que solo se habla de hombres – el hombre de las cavernas, el hombre de Neandertal, el hombre de Cro-Magnon-, pero se “sospecha” que a lo largo de estos miles de años también hubo algunas mujeres.
    Besiños palmeiráns, querido profe. Salgo a comprar la “papatoria” mi hombre, no está por la labor. Este mundo…

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>