Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXV. Miguel Hernández

md22458578043Román Arén. Pouca presenza ten Galicia na poesía de Miguel Hernández (1910-1942), o autor de Perito en lunas (1933) e El rayo que no cesa (1936), preso polo franquismo e morto no cárcere. Membro do PCE, converteuse nun poeta cívico en Viento del pueblo (1937) e aí, nese libro, é onde aparecen os galegos:

…extremeños de centeno, / gallegos de lluvia y calma, / catalanes de firmeza…

Pero Hernández foi, ademais de dramaturgo, xornalista na guerra civil e aí, na obra periodística, está a loita da guerrilla galega: na revista <Pasaremos> (números 76 e 78, 1938) está o seu traballo en dúas entregas “Un año de guerrillas en Galicia”, onde recolle as experiencias de Domingo Mateo e María Quiroga, guerrilleiros que lograron pasar á España leal. E volve aparecer a choiva vencellada a Galicia: “Habla con el acento de dulzura que da a las voces de sus pobladores la naturaleza de Galicia: con una lentitude de lluvia lenta y buena”. Entrevista os guerrilleiros e volva a choiva: “…comenta Domingo con su voz de lluvia despaciosa”. Cita outros guerrilleiros (Pedro Quiroga, Eladio Rodríguez…) e a Santiago Álvarez, o que será secretario xeral do PCG. Quen queira ler os traballos pode facelo facilmente en Crónicas de la Guerra Civil. Un poeta en el frente (2009).

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXV. Miguel Hernández

  1. “Tanto dolor se agrupa en mi costado que por doler me duele hasta el aliento”.

    Con esta frase simplemente, ya se deduce la categoría de su autor.
    Besiños palmeiráns, Román.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *