Acordes vogando no ar

estrada (2)Xosé Manuel Lobato. Coñecer, transmitir e amar, tres verbas nun remuíño centrípeto en magnánima inspiración, que se mecen harmoniosas no vizoso berce poético de Xosé Luna. Un barrelo que navega na ondada oceánica, abalando e devalando acada a nosa terriña  para bambear, mentres maxina ás para dende o aire compartir. Desexando acougar preto da Lúa e, ollar o firmamento na procura dun ronsel de amoríos.

Soñado pentagrama poético impregnado de profunda e intensa admiración pola vida e a nai natura, suxestivas composicións para ser musicadas e interpretadas baixo o coruscar de fuxidíos luceiros do amencer.

Manoele de Felisa e Xosé Luna, logran neste traballo conxunto unha inseparable dualidade, forman un binomio ideal do que gurgulla unha insaciable fontela de acordes excelsos e universais con mérito de ondas.

A voz de Manoele acada o máis íntimo, agarimosa emerxe enraizada na mesma terra, nas cousiñas sinxelas e cotiás. O resultado é unha acompasada sonoridade que consegue mergullarnos nunha entropía de sensacións no Aquén, mentres entre brancas sabas feiticeiras nos leva ata o Alén.

Estamos ante unha obra de dous grandes, Manoele de Felisa e Xosé Luna, unha alfaia rítmica, para  escoitar e gozar dunha fantasía que consegue unha auréola de soños e realidades estimulantes de ilusións que visualizan un pórtico de felicidade. Sons profundos de poemas interpretados pola voz única e sofisticada que repenica identidade ennobrecendo a orixinalidade dun poetizar arraigado á vida.

contraVitalidade na intensidade e na fermosura das letras de cada un dos poemas, suxestivos brincan e gozan inmersos na interpretación; luzada, ronsel, belida, pereiriños, pandeirada, fuxidíos, oasis, amorodo, música, amor, aperta, terra…

Que acolle no seu doce murmurio o trazo lene e onírico de Amalia López Brea, percorrendo imaxe a imaxe unha estrada de traballo e ilusión para moldear ese camiño que nos traslade dende a diminuta loaira ata o resplandor do intenso estralampo.

Dende o absorbente encanto da noite estrelada e as efémeras pombiñas de escuma acuosa que foxen dunha pétrea furna, conquistando esmorecer no ar na procura da luarada. Parabéns mergullados  na intensa luminosidade do Ilicinio por tan exquisita obra  a Xosé, Manoele e Amalia, así como a todos os que dalgunha forma colaboraron.

Fronte ao temporal e desprezo polo noso, xa nunca máis sentir desacougo, desánimo e deambular por ningures, cando… Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós. O antídoto xenérico A estrada da vida, que nos mergulla nun mar calmo e sinfónico, bicando con paixón a unha terra agarimosa, mais sempre cantora do seu místico embruxo e  máxico tear.

4 comentarios en “Acordes vogando no ar

  1. Gracias, Xosé, por tu amable invitación. Tal vez no me sea posible ir a la Estrada pero, quiero que sepas que estoy muy agradecida por tu gesto. Acabo de decírselo a mi hija y me comentó, que a tu compañero Manoele de Felisa lo conoce personalmente, ella tiene una pequeña tienda de discos en Santiago y él, estuvo varias veces allí, (Discos fans) así se llama.
    Xosé Manuel Lobato dice que formáis un binomio ideal, Si necesitaseis a un letrista, el trío sería perfecto. ¡Qué bonito escribe el muchacho!
    Reitero mi agradecimiento y espero veros algún día.
    Besiños palmeiráns.

  2. Prezada Magdalena,

    Mil grazas mil, polo teu comentario. Por suposto estás (estades) invitados ao acto do vindeiro venres, ás 21h no Teatro Principal da Estrada, para Nós será todo unha honra acolleros na Estrada da Vida.

    Un biquiño,

    Xosé Luna

  3. Querido José Manuel: Espero y deseo, que Xosé Luna y Manoele de Felisa, lean “Acordes bogando no ar” porque en esta entrada, tienen ya gerente y compositor.
    ¡Qué bonito escribes, José Manuel!
    No tengo nada más que decirte, simplemente que, ese soñado pentagrama poético que emana tu sensibilidad, no sea simplemente un sueño.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *