Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXXVIII. O conde de Foxá

poesiaRomán Arén. Ignoro cal foi a relación de Agustín de Foxá (1903-1959) con Galicia. Foi un dos máis destacados intelectuais que apoiou a Franco, famoso por ser o autor da mellor novela da guerra civil escrita dende o bando fascista, Madid de corte a cheka (1938), pero tamén dramaturgo con Baile en capitanía (1944) ou Cui-Ping-Sing (1940), bo xornalista, autor dos contos de Misión en Bucarest, viaxeiro que contou as súas experiencias en Por la otra orilla. E poeta, autor de La niña del caracol (1933), entre o modernismo e a vangarda, El toro, la muerte y el agua (1936), El almendro y la espada (1940), poesía bélica, e El gallo y la muerte (1948). En 2005 Luis Alberto de Cuenca editou unha antoloxía de Foxá, Poesía (Sevilla, Renacimiento) que recolle dispersos, entre eles o poema “España”, no que aparece o galego:

Veo a tu Cid, que entre naranjas, vence al/nacer la dulce lengua de Galicia,/miedo, y están los cuatro barcas de Wilfredo/junto al añil de un mar que te acaricia.

Tamén Santiago está nos seus poemas:

Duerme cinco horas porque se desvela/este peregrino que va a Compostela/a purgar un crimen que aún le causa miedo…

Conchas sobre el lomo, y aún erguido apenas/mira de Galicia las noches serenas.

Mais tamén o tópico do galego dubidoso: “sin duda galaica, ni leonés desmayo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *