Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXIX. Serrano Plaja

2Román Arén. Arturo Serrano Plaja (1909-1979) foi poeta, narrador e ensaísta. Home de esquerdas, militou no PCE e publicou dous poemarios antes da guerra civil: Sombra indecisa (1934) e Destierro infinito (1936). Colaborador das Misións Pedagóxicas, exerceu o xornalismo, e foi un dos fundadores da “Alianza de Intelectuales Antifascistas para la Defensa de la República”, colaborou en <Hora de España> e combateu na fronte de guerra; en 1938 editou un poemario social, El hombre y el trabajo. Tras a derrota, o exilio; Francia, Chile, Arxentina, Francia outra vez e, dende 1948, Estados Unidos.

Foi un dos colaboradores do volume Poetas en la España leal (1937), onde escribe tamén Lorenzo Varela, cun poema al galego Líster, que tamén cantaría Antonio Machado. Amoso só un fragmento:

Escribo: Enrique Líster/y doy nombre a la guerra,/su nombre y apellido exactamente./Quisiera ser la lengua/que asume la expresión de los sonidos/como eres tú la espada/que el pusl de los brazos incorpora/para nombrar la estirpe que gobiernas,/las huestes que te siguen con banderas/y todo el aparato valeroso/que obedece tus órdenes estrictas…/Conozco tu mirada de azules lejanías/y el pálido, serene sonido con que ordenas/la muerte por descargas y a secas la derrota.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>