Galicia e os galegos na poesía castelá XC. O Arcipreste de Hita

1531Román Arén. Está Galicia no Libro de Buen Amor do Arcipreste de Hita? Pois si, e xa o sinalaron Filgueira e Xosé María Álvarez Blázquez, este último en Crónica rimada de Baiona e o seu amor, editada en 2008, pero que foi na orixe unha conferencia de 1964. Aí sinala que na “Pelea que ovo don Carnal con la Quaresma” está a nosa Baiona. Por que Baiona? Pois polos seus cazóns, que superan ás perdices e aos capóns: Ay andaba el atún como un bravo león,/falloso con don Tobino, díxole mucho baldón,/si non por doña Ceçina que l’desvió el pendón,/diéronl’a don Ladrón por medio del coraçón./De parte de Bayona veníen muchos caçones,/mataron las perdiçes, castraron los capones.

Foi Baiona vila moi aludida na antigüidade polas súas ostras e así están xa no “español” Valerio Marcial (“Ostra Baionis quem non Laurentia lesis”), logo Rufo Avieno cita na ruta do estaño, e moito máis tarde o gran Milton, o autor do Paraíso perdido (que tan ben traduciu ao castelán no XIX un galego), mais tamén en Ludovico Ariosto e o seu Orlando furioso. O licenciado Molina dirá, ao describir Galicia no século XVI: “Y luego comienzo, mas no del peor,/sino del primero, que llaman Baiona./Aqueste se dize que tiene corona/de ser de navíos escala maior”.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Poesía, Román Arén. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>