Memorables

ep_ministrohacienda_cristobal_montoro_intervieneuna_jornada_620x350Antón Riveiro Coello. Hai políticos que van polo camiño de seren recordados, máis que polo seu traballo, polas súas respostas estridentes e o seu dispor á polémica. No fondo, son seres memorables aos que non lles importa estar no centro do furacán. Tal é o caso do ministro Montoro, un ser arrouta-do, decidido, directo, que solta frases tan contundentes coma labazadas. E aí está, intocable, facendo números coas nosas contas e deixando, de cando en vez, titulares na prensa que pasan a engrosar un manual de frases para a historia política española. A última xurdiu hai uns días como resposta ás críticas da oposición diante da censura existente na televisión pública estatal. Como xa fixera no Senado, Montoro volveu espetar no Congreso que a quen non lle gusten os informativos de TVE, pode cambiar de cadea. Felipe González e Aznar aplicaban a mesma tese. Só Zapatero, coitado, permitía elixir o presidente do ente público por consenso. E así lle foi. Total, a quen lle importa a flagrante falta de neutralidade que hai nas televisións públicas? Quen quere unha empresa profesional e non política? TVENinguén, e menos o político que lle toca gobernar. Sospeito que na resposta de Montoro latexa, amais da sinceridade, un chisco de ansia por ser recordado. Ese seu desexo fai que veña á miña cabeza a imaxe dun amigo que gusta de pasear pola cidade vella compostelá e que, máis dunha vez, non sabe moi ben por que, se ve asaltado por turistas para que lles tire unha foto. El, resignado, accede e sempre enfoca e apunta aos pés. Nun principio, eu pensaba que era un xeito artístico e orixinal co que el resaltaba o significado do camiño. Pero non, cando lle preguntei por que o facía,  confesoume que ese era o único xeito de que se lembrasen del. Como Montoro.

3 comentarios en “Memorables

  1. Moitas grazas, Naty e Magdalena, por complementardes os nosos artigos coas vosas achegas. Unha sorte para os que escribimos aquí. Bicos

  2. Al igual que Montoro!!! Creo que a todos nos gustaría nos recordasen por algo- por muy insignificante que ello fuera-, pero mejor en vida, ya que después de muerto; como dice el viejo refrán:”cebada al rabo”(con perdón). Y de política prefiero no hablar, porque me pongo del hígado. Y como comprenderéis, primero es la salud. Me ha gustado mucho el artículo porque, lo poco bueno, sabe a más. A ciertos lectores no les agradan demasiado los grandes tomos; me refiero a los libros. Todavía ayer me decía uno: es que vas por la mitad, y ya se te olvidó el principio. Suele pasar. Aunque si la lectura por su argumento, te “engancha”, das por útil el tiempo perdido. Y que nunca es perdido el conocer, saber, porque esto… “no ocupa lugar”. Un saludo para todos los que escribís por Café Barbantia, y a sus comentaristas.

  3. Pues sí, querido Antón; yo de Montoro me acuerdo mucho, especialmente en estas fechas, y no precisamente por su manual de frases antipáticas y punzantes. Lo malo es que hasta me acuerdo de toda su estirpe, a la que no he tenido el placer de conocer y que ninguno de ellos tiene la culpa de haber tenido un descendiente con tan poca gracia.
    Había un sacerdote extremeño, que se llamaba Francisco Gregorio de Salas, era Capellán real y académico de San Fernando. Este señor era muy mordaz con sus colegas de sotana y como buen epigramista de vez en cuando les arreaba verbalmente lo que ahora yo aplicaré a Montoro, (espero que no lo lea, aún no he hecho la declaración de renta)

    “Tan mal cantó el “Pater Noster”
    que nunca el coro entonado
    respondió con más razón:
    “Sed libera nos a malo”.

    A lo mejor en latín, aunque lo lea, igual no me entiende.
    Besiños palmeiráns, Antón. Ite misa est.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *