Alcol

borrachoAntón Riveiro Coello. Dende hai anos os expertos alertan do alto consumo de alcol entre a poboación, especialmente entre a mocidade. Estes días o tema volve á actualidade porque Escocia fixou un prezo mínimo para o alcol coa intención de reducir o seu consumo. Non parece posible que o goberno español tamén opte por unha maior taxa impositiva, porque somos un país vitivinícola cunha importante produción e, ademais, cunha cultura do alcol moi arraigada en nós. Somos un país de bebedores e non hai mesa nin festa que non conteña un exceso de viño e licores. Máis de un lembra a presenza do alcol en todas as partes, mesmo nos enterros, onde era doado mollar a palleta, non tanto para esconxurar a morte, como para pasar o tempo durante o velorio. Nos salesianos de Cambados, a primeiros dos setenta, nas mesas do comedor púñannos botellas de viño e de gasosa a uns rapaces de apenas dez anos. Como descarga, dicir que só o facían os domingos. Era algo natural. El-borracho-de-nacimientoHabía exceso de produción e nós mesmos eramos os que lles faciamos as vendimas a uns veciños que pelexaban polos internos máis gordos para que lles pisasen a uva. Era todo un ritual. Hoxe isto sería impensable, afortunadamente.

Emborracharse sempre saíu barato. Para moitos non hai alegría sen alcol, o que non deixa de ser unha terrible desgraza. E si, hai que teimar nas medidas educativas e de prevención, pero tampouco estarían mal outras moito máis coercitivas. Por exemplo, quen nos ía dicir non hai tanto tempo que o tabaco ía estar fóra dos espazos públicos cando nós mesmos fumabamos nas clases ou celebrabamos o nacemento dunha filla encetando un cigarro no propio hospital? Co alcol, podería pasar o mesmo. E dígoo eu, que gusto, e moito, do viño, como tamén gustaba de fumar.

3 comentarios en “Alcol

  1. Queridas Magdalena e Naty: Concordo coas dúas nas vosas achegas. Talvez habería que educar para beber. Cambiaron moito os hábitos do alcol e baixouse a idade de xeito alarmante. Na miña época, de mozos, bebíase, e moito, pero coido que había unha diferenza. Nesas noites longas bebías mentres te divertías (e si, ás 4 da mañá podías coller a mona, pero eras consciente do que pasaba); agora, moitos rapaces beben para se divertir (todo de golpe até perder o si, e sen desfrutalo). Son xeralizacións, e coma todas, inxustas, pero talvez habería que educar tamén o gusto para bebermos con moderación, e o que é máis importante, con sentidiño.
    Saúde e grazas ás dúas

  2. Soy de la opinión, de que el vino tomado con moderación, incluso puede ser beneficioso para la salud. Pero como he dicho; siempre que se haga de manera moderada. Y ahí es donde entra, lo que bien dice Don Antón. Medidas educativas de prevención, incluso más severas. Al parecer, el actual modelo está “desfasado”.- Dice que siempre ha sido barato beber? A esto diría que depende. Tal vez la juventud tenga acceso a beber por bajos precios, quizás por los horarios en que desarrollan el llamado botellón. Sin embargo si los mayores deseamos tomar un buen vino, el beber nos sale caro.- Pero aún así, la gente sigue bebiendo.- Porque como bien dice Magdalena, nuestra querida y admirada comentarista… Quién se resiste ante unas buenas viandas “regadas” con un buen vino?- Qué importa lo que pueda decir el Sr Góngora!!!
    Además unas costumbres difíciles de “erradicar”, porque ya en las bodas de Caná existían. Allí se le echó de menos; y no fue precisamente al “percebe o bogavante”, sino al vino. Así que cuidado, que si a algunos les aviva el “ingenio”, a otros el “genio”. Y no hablemos del proceso de elaboración (que en algunos lugares aún perdura), a base de pisar y saltar encima de la uva, descalzos. E que nin sequera inspeccionaban, como tiñan os pés algúns…Xa que de coñecelo, non o probaríamos.
    Un saludo para todos los que enviáis esos estupendos artículos. Gracias por estar
    ahí!!!

  3. Buenos días, querido Antón: Antes de salir para el Lustres Rivas quiero dejarte estas líneas en respuesta a tu entrada. Empezaré por el tabaco: yo nunca fumé, exceptuando aquel presuntuoso cigarro en las bodas, donde las jovencitas queríamos presumir a cambio de darle a nuestros pulmones una dosis de toxina, poniendo cara de expertos activos, al tiempo que estirábamos el dedo meñique. Mi aprobación a todo lo que dices en relación al asunto.
    Sobre la tasa del vino, (exceptuando el botellón) ahí, mi consenso es nulo. Un buen asado de ternasco, o un buen pollo a la pepitoria acompañados de un vino de Barrantes, eso es nectar de dioses querido Antón; y nuestro ribeiro o alvariño con la merluza a la gallega, que no me falte. A ese vasito (o dos) diarios, que no le pongan más tasas por favor. Noé, despues del diluvio se emborrachó y viendo que era mejor el vino que tanta agua, continuó bebiendo y sus días fueron largos. Góngora, el mayor enemigo de Quevedo y Lope de Vega, decía que a éstos le gustaba empinar el codo, y les compuso unas coplillas, a ver si las recuerdo:

    “Hoy hacen amistad nueva
    más que Baco que por Febo
    don Francisco de QUEBEBO
    y Félix Lope de BEBA.

    Ya ves, nadie ha llamado mejor, con más talento, y con más crueldad “borrachos” a sus rivales.
    Yo creo que ese vasito les avivaba el ingenio.
    Besiños palmeiráns, querido Antón.

Deixa una resposta a Naty Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *